Lupus eritematoso sistémico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2014.) |
O lupus eritematoso sistémico é unha enfermidade autoinmune que pode afectar a multitude de aparellos e sistemas. Existen diversos subtipos, clasificados en función dos patróns clínicos e histolóxicos.
Lupus eritematoso sistémico | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Eritema coa típica forma de ás de bolboreta, que aparece normalmente no lupus. | |
ICD-10 | M 32 |
ICD-9 | 710.0 |
OMIM | 152700 |
DiseasesDB | 12782 |
MedlinePlus | 000435 |
eMedicine | med/2228 emerg/564 |
MeSH | D008180 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Diagnóstico
editarExisten unha serie de criterios diagnósticos propostos por American College of Rheumatology (ACR), dos cales para cumprir o diagnóstico de lupus eritematoso sistémico (LES), deben ser cumpridos como mínimo catro.
Os criterios propostos son:
- 1. Exantema malar permanente: inflamación da pel sobre a rexión malar (na cara), que respecta o surco nasoxeniano (que separa a meixela da boca).
- 2. Lupus discoide: lesión cutánea circunferencial elevada con escamas queratósicas adherentes.
- 3. Fotosensibilidade: reacción esaxerada coa luz solar, con lesións cutáneas erosivas.
- 4. Úlceras orais ou farínxeas: escavacións na mucosa oral, de cor branca, habitualmente indoloras.
- 5. Artrite non erosiva en articulacións periféricas (fora do pescozo, tronco, lombo), con inflamación, derramo articular e dor.
- 6. Serosite:
- a) Inflamación da pleura (a cuberta do pulmón).
- b) Pericardite, ou inflamación do pericardio, a cuberta do corazón.
- 7. Alteracións renais:
- a) Perda de proteínas nos ouriños, superior a 500 miligramos ó día.
- b) Cilindros proteicos nos ouriños.
- 8. Alteracións neurolóxicas:
- a) Convulsións sen que se aprecie outra causa.
- b) Psicose sen que se aprecie outra causa.
- 9. Afectación hematolóxica:
- a) Anemia hemolítica
- b) Leucopenia (menos de 4.000 leucocitos) en dúas determinacións, ou
- c) Linfopenia (menos de 1.500 linfocitos) en dúas determinacións, ou
- d) Trombopenia (menos de 100.000 plaquetas) en dúas determinacións.
- 10. Alteracións inmunolóxicas:
- a) Anticorpos anti-ADN positivos en altas cantidades ou
- b) Anticorpos anti-Sm positivos ou
- c) Anticorpos antifosfolípidos: anticardiolipina, anticoagulante lúpico, VDRL falsamente positivo durante 6 meses.
- 11. Anticorpos antinucleares: positivos a título alto, en ausencia de uso de fármacos indutores de lupus ou pseudolupus.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lupus eritematoso sistémico |