Lys Assia

cantante suiza

Rosa Mina Schärer, nada en Lenzburg (cantón de Argovia) o 3 de marzo de 1924 e finada o 24 de marzo de 2018 en Zürich, foi unha cantante suíza, máis coñecida como Lys Assia. Foi a gañadora do primeiro Festival da Canción de Eurovisión, en 1956.

Modelo:BiografíaLys Assia

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Rosa Mina Schärer Editar o valor en Wikidata
3 de marzo de 1924 Editar o valor en Wikidata
Rupperswil, Suíza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte24 de marzo de 2018 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Zollikon, Suíza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, cantante, bailarina Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1940 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoDecca Records Editar o valor en Wikidata
Participou en
12 de marzo de 1958Festival de Eurovisión 1958
3 de marzo de 1957Festival de Eurovisión 1957
24 de maio de 1956Festival de Eurovisión 1956 Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio weblys-assia.de Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0039838 Allmovie: p2632
Facebook: lysassia Twitter: lysassia BNE: XX1014846 Spotify: 1sYbeJNBg3aXqOMoJWA6CU Last fm: Lys Assia Musicbrainz: 6227e709-dad6-4045-932e-a4939911053e Discogs: 490007 Allmusic: mn0000720420 Deezer: 78931 Genius: Lys-assia Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Despois de Eurovisión

editar
 
Lys Assia durante a presentación de "Giorgio", canción suíza do Festival de Eurovisión 1958.

O primeiro Festival da Canción de Eurovisión celebrouse en Lugano, Suíza, o 24 de maio de 1956. Ese ano, participaron 7 países, cada un dos cales presentou dúas cancións. Lys encargouse de defender as dúas cancións suízas, unha das cales, "Refrain" ("Estribillo"), alzaríase co triunfo. A outra canción que interpretou foi "Dás alte Karussel" ("O vello carrusel"). Trala súa vitoria, volveu representar a Suíza nas dúas seguintes edicións do festival. En 1957 ocupou o penúltimo lugar con "L'enfant que j'étais" ("A nena que era"), e en 1958 quedou en segundo lugar con "Giorgio".

Aínda que todos coñécena en Europa polo seu paso polo festival, Lys Assia xa era moi coñecida en Alemaña, Austria e o seu Suíza natal antes do evento.

O seu estilo baséase en cancións lentas amor con melodía dos anos 50 e 60. Lys Assia cantou nas principais salas de festas de París, Madrid, Nova York e Buenos Aires. Tivo a oportunidade de cantar para a raíña Isabel II, para o desaparecido rei de Exipto, Faruq, ou para Eva Perón.

Namorou os alemáns coa canción «Eine weiße Hochzeitskutsche» ("Unha carruaxe branca"). Dise que foi a primeira canción dos seus innumerables éxitos. Ela mesma comentou sobre esta composición, que -a beleza da canción e do son, atraeu a moitos namorados-. Esa canción foi lanzada no ano 1946, é dicir logo da posguerra alemá.

Lys Assia tivo como inspiración a un profesor de ballet clásico de Zürich, ao cal debe o seu nome artístico.

Casada con Oskar Petersen, o dono dunha importante cadea de hoteis, foi moi feliz con el ata o ano 1995, no cal Lys e Oskar tiveron un fatídico grave accidente de tráfico que lle custou a vida a Oskar. Lys estivo cinco meses prostrada nunha cadeira de rodas.

En 1996 sufriu un infarto, que tamén superou. Ela mesma comentou que tras ese infarto se fixo máis humana e sensible.

Unha das últimas aparicións de Lys foi no show Congratulations que conmemoraba o 50º aniversario de Eurovisión. No devandito evento, onde presentou a última gañadora do certame, dixo: pasaron moitos anos, pero aínda seguimos aquí xuntos.

No 2011, con 87 anos de idade, Lys Assia presentouse coa canción "C'était ma vie" ("Era a miña vida") á preselección suíza para intentar volver por cuarta vez ao Festival de Eurovisión 2012. Actuou na final suíza co mesmo vestido que levaba no Festival de Eurovisión 1956.[1] Pero que non resultou elixida, quedando en 8º posición [2]

Un ano despois, volveu presentarse candidata para representar a Suíza no Festival de Eurovisión 2013, con "All in your head" ("Todo está na túa cabeza"), un tema algo máis moderno e rápido, actual como ela descríbeo, interpretado xunto co grupo rap NewJack.[3] Pero a canción non clasificouse para a final nacional[4]

Discografía

editar
  • "Oh Mein Papa"
  • "Ein kleiner goldner Ring"
  • "Refrain"
  • "Das alte Karussell"
  • "Holland Mädel"
  • "Jolie Jacqueline"
  • "L'enfant que j'étais"
  • "Giorgio"
  • "C'était ma vie"
  • "All in your head" (feat. NewJack)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Primeira edición
 
Gañadores do Festival da Canción de Eurovisión

1956
Sucesor:
  Corry Brokken
"Net als toen"
  NODES
Done 1
News 1
orte 1
Todos 1