MD Helicopters MD 500
A serie MD Helicopters MD 500 é unha familia de helicópteros utilitarios civís e militares. O MD 500 desenvolveuse a partir do Hughes 500, unha versión covil do aparello do Exército dos Estados Unidos OH-6A Cayuse/Loach. No presente a serie inclúe os MD 500E, MD 520N e MD 530F.
MD Helicopters MD 500 | |
---|---|
MD 500E | |
Tipo | helicóptero utilitario lixeiro |
Fabricante | Hughes Helicopters, McDonnell Douglas Helicopter Systems, MD Helicopters |
Primeiro voo | 27 de febreiro de 1963 |
Introducido | 1967[1] |
Produción | 1967-presente |
Unidades construídas | 4 700[2] |
Deseño e desenvolvemento
editarA exitosa serie Hughes 500/MD 500 naceu como resposta a un requirimento do Exército dos Estados Unidos para un Helicóptero de Observación Lixeiro (LOH).[3] O Model 369 de Hughes gañou a competición contra Bell e Hiller. O posterior OH-6 Cayuse voou por vez primeira en febreiro de 1963.
O deseño da serie 500 conta con patín con amortecedores, un motor turboeixo montado nun ángulo de 45º cara a parte traseira da cabina, un tanque de combustible baixo o chan e a batería no nariz. O porto de saída do motor está situado ao final da cabina, baixo a pluma de cola. Ten un sistema de rotor principal cun diámetro curto e unha cola tamén curta, dándolle unha resposta de control áxil e sendo menos susceptible a xirarse cara ao vento.
Hughes gañou o concurso LOH co seu helicóptero OH-6 propoñendo un prezo moi baixo e agresivo por célula (sen o motor). Debido á subida de prezos o Exército estadounidense posteriormente reabriu o concurso, onde Hughes ofreceu o aparello a un prezo máis realista, pero perdeu ante o redeseñado Bell OH-58 Kiowa. Aínda así, os helicópteros OH-6 foron pedidos polo Exército, aínda que nun número moito menor.
Hughes/MD 500
editarAntes do primeiro voo do OH-6, Hughes anunciou que estaba desenvolvendo unha versión civil que sería comercializada como o Hughes 500, dispoñible en configuracións básicas de cinco e sete asentos.[3] Unha versión utilitaria cun mtor máis potente ofreceuse como o 500U (despois chamado 500C).
O mellorado Hughes 500D converteuse no modelo principal en 1976, cun motor máis potente, unha cola en T, e un novo rotor principal de cinco pás, sendo un de catro opcional.[3] O 500D foi substituído polo 500E a partir de 1982 cun morro apuntado e varias melloras no interior, como máis espazo para a cabeza e as pernas. O 530F era unha versión máis potente do 500E optimizada para traballar en ambientes altos e quentes.
McDonnell Douglas mercou Hughes Helicopters en xaneiro de 1984, e a partir de agosto de 1985 os 500E e 530F foron construídos como os MD 500E e MD 530F Lifter.[3] Tras a fusión de Boeing e McDonnell Douglas en 1997, Boeing vendeu as antigas liñas de helicópteros civís de MD a MD Helicopters a principios de 1999. As variantes militares comercialízanse co nome MD 500 Defender.
MD 520N
editarO MD 520N introduciu un avance revolucionario no deseño de helicópteros, prescindindo dun rotor de cola anti-torque convencional en favor so sistema NOTAR desenvolvido por Hughes/McDonnell-Douglas.[3] O escape dun ventilador dirixíase a través de rañuras na pluma de cola, usando o efecto Coandă para contrarrestar o torque do rotor principal, e un propulsor controlabe ao final da pluma de cola era usado para o control da guiñada. Debido a que o ventilador esta pechado na pluma de cola, o ruído do rotor de cola, a principal fonte de ruído na meirande parte dos helicópteros convencionais, reducíase considerablemente. Tamén eliminaba as vulnerables pás expostas do rodor de cola, eliminando a posibilidade de poder ferir ou matar a persoas en terra e a causa de moitos accidentes con manobras en áreas confinadas.
McDonnell Douglas orixinalmente tiña a intención de desenvolver o MD 520N estándar xunto co máis potente MD 530N optimizado para ambientes altos e quentes; ámbolos dous lanzáronse en xaneiro de 1989 e baseados no convencional MD 500E. O MD 530N foi o primeiro en voar, o 29 de decembro de 1989, e o MD 520N vooi por vez primeira o 1 de maio de 1990. O desenvolvemento do MD 530N suspendeuse cando McDonnell Douglas decidiu que o MD 520N cumpría coa meirande parte dos requisitos que os clientes buscaban no 530N. A certificación do MD 520N chegou o 13 de setembro de 1991, e o primeiro foi entregado o 31 de decembro dese ano.[4]
No ano 2000 MD Helicopters anunciou melloras no MD 520N, incluído un motor Rolls-Royce 250-C20R+ mellorado con máis potencia para un mellor rendemento os días cálidos, e cambios no difusor e no ventilador, ademais de incrementar o seu alcance.
Notas
editar- ↑ "Hughes 369 / 500 / OH-6". All-Aero. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2018.
- ↑ "MD Helicopters MD-500/530". Airliners. Consultado o 23 de outubro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Frawley, Gerard (2003). The international directory of civil aircraft, 2003/2004. Shrewsbury: Airlife. p. 155. ISBN 1875671587. OCLC 1244855546.
- ↑ "MD Helicopters MD-520N". Airliners.net. Consultado o 2022-05-12.