Mad Men
Mad Men é unha serie de televisión estadounidense creada por Matthew Weiner e producida por Lionsgate Television. A serie emitiuse orixinalmente na canle de televisión por cable AMC dende 2007 até 2015, durando sete tempadas e 92 episodios.[1] Está ambientado entre marzo de 1960 até novembro de 1970.
Mad Men | |
---|---|
Formato | Drama |
Creado por | Matthew Weiner |
Desenvolvido por |
|
Intérpretes | |
Tema de apertura | "A Beautiful Mine" (instrumental) de RJD2 |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 7 |
Episodios | 92 (Lista de episodios) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | |
Localización(s) | Os Ánxeles, California |
Duración | 45-57 minutos |
Distribuidor | Lionsgate Home Entertainment |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | AMC |
Primeiro episodio | 19 de xullo de 2007 |
Derradeiro episodio | 17 de maio de 2015 |
Na rede | |
https://www.amc.com/shows/mad-men | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mad Men está ambientado inicialmente na axencia de publicidade ficticia Sterling Cooper, que se atopa en Madison Avenue en Manhattan, na cidade de Nova York, e posteriormente na firma Sterling Cooper Draper Pryce (despois renomeada Sterling Cooper & Partners), que se atopa preto de Time-Life Building no número 1271 da Sexta Avenida. Segundo o episodio piloto, a expresión "Mad men" era un termo coloquial acuñado na década de 1950 para referirse ós publicistas de Madison Avenue, sendo "Mad" unha abreviación de "Madison". (En realidade, o único uso documentado da expresión antes da estrea da serie foi nos escritos de mediados dos 50 de James Kelly, un executivo e redactor de publicidade.)[2]
O personaxe principal da serie é o mullereiro executivo de publicidade Don Draper (interpretado por Jon Hamm), que nun principio é o talentoso director creativo de Sterling Cooper, e posteriormente convértese en socio fundador de Sterling Cooper Draper Pryce. A trama rastrexa ás persoas na súa vida persoal e profesional. Segundo progresa o argumento, tamén se amosa o cambio da moral e da sociedade nos Estados Unidos ó longo da década de 1960.
Mad Men recibiu unha ampla aclamación por parte da crítica polo seu guión, actuación, dirección, estilo visual e autenticidade histórica; gañou numerosos premios, incluíndo 16 Emmys e 5 Globos de Ouro. A serie tamén foi a primeira produción da televisión por cable en recibir o Emmy á mellor serie dramática, gañando o premio cada ano das primeiras catro tempadas (2008–2011).[3] Está amplamente considerada como unha das mellores series de televisión de tódolos tempos,[4][5] e como parte da Idade Dourada da Televisión de comezos do século XXI.[6][7][8]
Notas
editar- ↑ Itzkoff, Dave (14 de maio de 2015). The New York Times, ed. "Matthew Weiner, the Creator of Mad Men Prepares for Another Fade to Black". Consultado o 17 de maio de 2015.
- ↑ Frank, Thomas (22 de decembro de 2013). Salon.com, ed. "Ad absurdum and the conquest of cool: Canned flattery for corporate America". Consultado o 22 de decembro de 2013.
- ↑ Joyce Eng (20 de setembro de 2009). TV Guide, ed. "Kristin Chenoweth, Jon Cryer Win First Emmys". Consultado o 20 de setembro de 2009.
- ↑ Sepinwall, Alan (2 de abril de 2015). HitFix, ed. "How 'Mad Men' marked the end of one revolution and the start of another". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2016. Consultado o 6 de abril de 2015.
- ↑ Thurm, Eric (2 de abril de 2015). Wired, ed. "Mad Men Is Back—And With it, the End of Great TV Dramas". Consultado o 6 de abril de 2015.
- ↑ Lawson, Mark (23 de maio de 2013). The Guardian, ed. "Are we really in a 'second golden age for television'?". Consultado o 27 de outubro de 2019.
- ↑ Saraiya, Sonia (18 de xullo de 2017). "‘Mad Men’ at 10: The Last Great Drama of TV’s Golden Age". Variety. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ Thompson, Derek (3 de abril de 2015). "The Mad Men Effect: The Economics of TV's Golden Age". The Atlantic. Consultado o 16 de abril de 2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial Arquivado 04 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
- Mad Men na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)