Madame de Pompadour
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
Jeanne-Antoinette Poisson, Marquise de Pompadour, nada en París o 29 de decembro de 1721 e finada en Versalles o 15 de abril 1764, foi amante do rei Lois XV de Francia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Jeanne-Antoinette Poisson 29 de decembro de 1721 París, Francia |
Morte | 15 de abril de 1764 (42 anos) Versalles, Francia |
Causa da morte | tuberculose |
Valido | |
Amante real (pt) | |
Datos persoais | |
Residencia | Château de Crécy (en) (1746–1757) Appartement de la marquise de Pompadour (en) (1745–1750) Castelo de Champs-sur-Marne (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | París Versalles |
Ocupación | salonnière, dama de compañía, política, amante real (pt) |
Período de actividade | 1741 - 1764 |
Outro | |
Título | Marqués |
Cónxuxe | Charles-Guillaume Le Normant d'Étiolles (1741–) |
Parella | Lois XV de Francia |
Fillos | Alexandrine Le Normant d'Étiolles () Charles-Guillaume Le Normant d'Étiolles |
Pais | Charles François Paul Le Normant de Tournehem e Madeleine de La Motte |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarSospéitase que o seu pai biolóxico era o rico financeiro Le Normant de Tournehem, que se converteu no seu titor cando forzaron ao seu pai oficial a saír do país en 1725 logo dun escándalo e ela viviu coa súa nai e irmá. Muller intelixente e educada, tamén aprendeu bailar, gravar e tocar a guitarra. Casárona en 1741 (á idade de 19) con Charles-Guilaume Le Normant d'Etiolles, sobriño do seu titor. Con el tivo dous nenos, un raparigo que morreu o ano logo do seu nacemento en 1741, e Alexandrine-Jeanne, nada o 10 de agosto de 1744 e alcumada "Fanfan". Polo seu matrimonio puido frecuentar a corte , onde coñeceu ó rei Lois XV, de quen, a partir de 1745, se converteu en amante.
Logo de divorciar, trasladouse a vivir ó Palacio Real e adquiriu unha considerable influencia política (conseguiu desfacerse dos ministros Orry, Monrepas, Argenson e Machault, e protexeu a Bernis, Choiseul e Soubise), motivo polo cal ese período foi chamado «reinado Pompadour». Foi xenerosa mecenas do saber e das artes e creou a famosa fábrica de porcelana en Sévres. Amiga de Voltaire, favoreceu ós enciclopedistas.