Commonwealth de Nacións
A Commonwealth ou Commonwealth of Nations é o nome en inglés dunha asociación de territorios autónomos, mais dependentes do Reino Unido, creada en 1931 e formada actualmente por 54 estados, a maioría dos cales independentes pero incluíndo algúns que aínda manteñen lazos políticos coa antiga potencia colonial.
Commonwealth de Nacións | |
---|---|
Tipo | organización intergobernamental e commonwealth |
Data de fundación | 11 de decembro de 1931 |
Presidente/a | Carlos III do Reino Unido (2022-) |
Eventos/Actividades | Declaração de Londres, Declaração Balfour de 1926 e Estatuto de Westminster |
Organización subsidiaria | Commonwealth Business Council, Commonwealth Secretariat, Commonwealth Foundation e Commonwealth War Graves Commission |
Sede | Marlborough House |
51°30′18″N 0°08′09″O / 51.505, -0.135833 | |
Na rede | |
https://thecommonwealth.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Lista de países membros organizados por continente |
Data de ingreso |
---|---|
África | |
Botswana | 1966 |
Camerún | 1995 |
Eswatini | 1968 |
Gambia | 1965 |
Ghana | 1957 |
Kenya | 1963 |
Lesoto | 1966 |
Malawi | 1964 |
Mauricio | 1968 |
Mozambique | 1995 |
Namibia | 1990 |
Nixeria | 1960 |
Seychelles | 1976 |
Serra Leoa | 1961 |
Suráfrica | 1931 |
Tanzania | 1961 |
Uganda | 1962 |
Zambia | 1964 |
América | |
Antiga e Barbuda | 1981 |
Bahamas | 1973 |
Barbados | 1966 |
Belize | 1981 |
Canadá | 1931 |
Dominica | 1978 |
Granada | 1974 |
Güiana | 1966 |
Xamaica | 1962 |
Santa Lucía | 1979 |
Trinidad e Tobago | 1962 |
Saint Kitts e Nevis | 1983 |
San Vicente e as Granadinas | 1979 |
Asia | |
Bangladesh | 1972 |
Brunei | 1984 |
India | 1947 |
Malaisia | 1957 |
Maldivas | 1982 |
Paquistán | 1947-1999 |
Singapur | 1965 |
Sri Lanka | 1948 |
Europa | |
Chipre | 1961 |
Malta | 1964 |
Reino Unido | 1931 |
Oceanía | |
Australia | 1931 |
Fidxi | 1970 |
Kiribati | 1979 |
Nauru | 1999 |
Nova Zelandia | 1931 |
Papúa Nova Guinea | 1975 |
Illas Salomón | 1978 |
Samoa | 1970 |
Tonga | 1970 |
Tuvalu | 1978 |
Vanuatu | 1980 |
Coa progresiva perda de poder da Gran Bretaña sobre as súas colonias a partir de mediados do século XIX, a poboación branca conseguiu a autonomía, primeiro coa concesión do estatuto de Dominio británico (Canadá, Australia, Nova Zelandia, Suráfrica e Terra Nova). O termo Commonwealth foi utilizado por vez primeira en 1917 como sinónimo de Imperio Británico para designar a asociación existente entre a Gran Bretaña e estes Dominios. Coa primeira guerra mundial e a aceleración da descomposición do imperio, os Dominios foron accedendo á súa independencia. O Imperio comezou a transformarse na British Commonwealth of Nations tras as conferencias imperiais de Londres de 1922 e 1926. Foi definida xuridicamente no Estatuto de Westminster (1931), que incluía a Gran Bretaña, os Dominios e os protectorados. O rei de Inglaterra seguía sendo o xefe de estado e o gobernador xeral representábao en cada país membro.
O nome orixinal era British Commonwealth (Comunidade Británica) até 1946. Ao ano seguinte, os Comúns accederon a que todos os antigos territorios do Imperio formasen parte da Commonwelth. Así entraron a India, Sri Lanka e Paquistán. Porén, Irlanda e Myanmar abandonárona unha vez lograda a súa independencia.
Segundo as colonias ian accedendo á independencia, pasaban a formar parte da Commonwelth. Chipre, independizado en 1960, entrou no ano seguinte. Suráfrica foi expulsada en 1961 pola súa política de apartheid (ingresou de novo en 1994). Rodesia (hoxe Cimbabue) foi excluída ao proclamar unilateralmente a súa independencia. Paquistán abandonouna en 1972 coa secesión de Bangladesh (aínda que ingresou de novo en 1989). As illas Fidxi entraron en 1987.
A Rei Carlos III é actualmente o xefe titular da asociación. Esta fórmula foi inventada en 1950 cando a India se converteu en república e, aínda que non recoñecendo a Xurxo VI como xefe de estado, recoñecíao como o símbolo da asociación libre de nacións.
A Commonwealth ten historicamente por obxectivo promover a integración entre as ex-colonias do Reino Unido, concedendo beneficios e facilidades comerciais, mais agora os seus obxectivos inclúen a asistencia educativa aos seus países membros e a harmonización das súas políticas.
A maioría dos membros da Commonwealth son antigas colonias do Reino Unido, coa excepción notábel de Mozambique, antiga colonia portuguesa que accedeu a asociación en 1995, co apoio dos seus veciños, que eran antigas colonias británicas. (Cimbabue saíu da Commonwealth en 2004.)
Outros países, como Australia, continúan recoñecendo o monarca do Reino Unido como xefe de estado, representado por un gobernador e usan a palabra Commonwealth como título do seu estado.
Os 50 estados membros constitúen unha asociación que carece de goberno central, de institucións xurídicas e de organización administrativa. Ás súas Conferencias Xerais asisten os primeiros ministros e, desde 1965, conta cunha Secretaría Xeral asociada ao Foreign Office. Dentro da Commonwealth funciona un sistema de intercambio comercial denominado sistema de "preferencias", polo que as mercadorías procedentes dos estados membros gozan de privilexios de importación. Coa entrada do Reino Unido na CEE e na Unión Europea, estas preferencias deberon ser reformuladas. A convención de Lomé (1975) ratifica esta situación especial.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Commonwealth de Nacións |
Bibliografía
editar- N Mansergh, The Commonwealth in the World, University of Toronto Press, 1982. ISBN 0-8020-2492-0. (en inglés)
- R J Moore, Making the New Commonwealth, Clarendon Press, 1988. ISBN 0-19-820112-5. (en inglés)
- C A Auplat, Les ONG du Commonwealth contemporain: rôles, bilans et perspectives, L'Harmattan, París, 2003. ISBN 2-7475-5513-5. (en francés)
- Timothy M Shaw, Commonwealth: Inter- and Non-State Contributions to Global Governance, Routledge, 2008. ISBN 978-0-415-35120-1 (hbk); ISBN 978-0-415-35121-8 (pbk). (en inglés)
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial da Mancomunidade Británica de Nacións (en inglés)
- The Royal Commonwealth SocietyArquivado 20 de agosto de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
- What is the Commonwealth PDF (82.7 KB) (en inglés)
- The Commonwealth of Nations (en inglés)