Manuel Belón
Manuel Belón Gómez, nado en San Román de Cervantes o 31 de agosto de 1931 e finado en Lugo o 20 de maio de 2021,[1] foi o alcalde de Cervantes durante catro décadas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de agosto de 1931 San Román de Cervantes, España |
Morte | 20 de maio de 2021 (89 anos) Lugo, España |
Alcalde de Cervantes | |
1987 – 2007 – Benigno Gómez Tadín → | |
Alcalde de Cervantes | |
1963 – 1983 | |
Actividade | |
Ocupación | político, carteiro |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia Unión de Centro Democrático Coalición Galega Coalición Progresista Galega |
Traxectoria
editarEra carteiro en Cervantes e foi designado en 1963 como alcalde de Cervantes polo gobernador civil Eduardo del Río a partir dunha terna de candidatos.[1] Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía de Cervantes e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 perdeu a alcaldía ao votaren os representantes populares polo candidato socialista, Gonzalo Álvarez. Nas municipais de 1987 presentouse pola Coalición Progresista Galega e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura da CNG e volveu ser elixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE.
A partir das eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE, logrando sempre maioría absoluta e continuando como alcalde ata 2007, cando decidiu non volver presentarse.[2][3]
Predecesor: ? |
Alcalde de Cervantes 1963 - 1983 |
Sucesor: Gonzalo Álvarez Amigo |
Predecesor: Gonzalo Álvarez Amigo |
Alcalde de Cervantes 1987 - 2007 |
Sucesor: Benigno Gómez Tadín |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Varela, Suso (21 de maio de 2021). "Fallece el histórico alcalde de Cervantes, Manuel Belón Gómez". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 8 de abril de 2022.
- ↑ "Manuel Belón no optará a repetir al frente del Concello de Cervantes". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2011.
- ↑ Arnáiz, Ángel (25 de marzo de 2007). "El alcalde de Cervantes se va tras cuarenta años de mandato". elcorreogallego.es (en castelán). Archived from the original on 12 de setembro de 2019. Consultado o 8 de abril de 2022.