Manuel Bragado
Manuel Bragado Rodríguez, nado o 14 de decembro de 1959 en Vigo, é un pedagogo, editor e escritor galego. Foi durante 24 anos o director editorial de Edicións Xerais de Galicia.[1]
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de decembro de 1959 (64 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | pedagogo, editor |
Xénero artístico | xornalismo |
Familia | |
Cónxuxe | Montserrat Paz Núñez |
Premios | |
Sitio web | http://bretemas.gal |
Traxectoria
editarÉ licenciado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago e mestre de educación infantil e primaria en excedencia desde 1990. Foi presidente da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-88). Traballou en Edicións Xerais de Galicia dende o ano 1990, e foi o seu director xeral entre 1994 e abril de 2018, cando presentou a súa baixa voluntaria para abrir unha nova etapa e seguir vencellado ao grupo só como asesor[2]. Reincorporouse ao ensino como orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela. Xa fora foi profesor de Edición e actividade editorial do Mestrado en Edición 2009/2010 das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela.[3][4]
É presidente da Fundación Luzes, membro do consello editorial da revista Luzes, secretario da Asociación Premios da Crítica de Galicia, membro do Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, membro do Instituto de Estudios Vigueses, do padroado da Fundación Celso Emilio Ferreiro, da Sociedade Jules Verne de Vigo, do STEG e de Amnistía Internacional. Foi presidente da Asociación Galega de Editores (2010-2014), de Culturgal (2014-2017), da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-88), director da Revista Galega de Educación (1986-2000), membro da sección de «Lingua, literatura e comunicación» do Consello da Cultura Galega e redactor de «Lingua e edición» (Lingua e Cultura do Proxecto Galicia 2010).[3][4]
Participou no consello de redacción d’ A Pizarra (suplemento de educación de Faro de Vigo, 1982-1986), Na escola (suplemento de educación de La Región e Atlántico diario, 1987-1989). No Faro de Vigo publicou semanalmente dende 1999 a sección «Campo de Granada», sobre actualidade socio-cultural de carácter local (1086 artigos ata agosto de 2021), «Campo do Fragoso» de reflexión futbolística (232 artigos ata 2019) e a columna política «Brétemas» na revista Luzes.gal. Tamén colaborou en Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza e na Radio Galega dende 2000, durante unha década no faladoiro «A Crónica».[3] Tamén publicou en revistas especializados como Boletín da Real Academia Galega, Grial, Revista Galega de Educación, Festa da palabra silenciada.
Dende 2005 mantén aberto o blog Brétemas[5] onde publica a serie «Onte» cun seguimento de temas editoriais, literarios políticos e de actualidade.[4]
Foi unha das cabezas visíbeis da plataforma cívica a prol da lingua galega ProLingua.
Obras
editar- Dona Carme (1989). Vigo: Ir Indo edicións. 24 páxs. Ilustracións de Pepe Carreiro. ISBN 9788476800355. Para primeiros lectores.
- O proxecto curricular de centro (1992). Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-617-3.
- A educación primaria (1993). Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-700-5.
- Vigo, puro milagre (2019). Vigo: Xerais. 264 páxs. ISBN 978-84-9121-612-4. Medio cento de crónicas arredor de Vigo.[6] Prólogo de Ledicia Costas e epílogo de Pedro Feijoo.[7] ePub: ISBN 978-84-9121-612-4.
- Vigo, abella da ribeira (2023). Vigo: Xerais. 288 páxs. ISBN 978-84-1110-240-7. ePub: ISBN 978-84-1110-248-3. Reúne oitenta crónicas da memoria de Vigo como cidade amada.[8]
Libros colectivos
editar- Labia-xogos de lingua (2007). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-7507-658-4. Con Montserrat Vilà i Santasusana, Lola Badia Pàmies.
- A Memoria de Mondariz-Balneario: álbum de postais (2003). Vigo: Xerais. Con Carlos Díaz Martínez, e Xerardo Álvarez Limeses. ISBN 978-84-9782-023-3.
- Marxes: guía ilustrada do Vigo rebelde (2021). Vigo: Xerais. Con Xurxo Martínez González, David Rodríguez Rodríguez. ISBN 978-84-9121-703-9.
Premios
editar- 2000: Premio Gómez Román convocado polo concello de Vigo polos artigos no Faro de Vigo.
- 2009: Premio Fervenzas Literarias ao mellor blog, repetido en 2010, 2011 e 2012.
- 2010: Premio AELG Blog Literario.
- 2014: Premio de xornalismo Fernández del Riego.
- 2019: Premio Gala do Libro Galego á traxectoria dun proxecto literario na rede.
- 2019: Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio e investigación.
- 2024: Premio «Lenda de Recreo» no marco do HematoFesti de Vigo.[9]
Galería de imaxes
editar-
Os membros de ProLingua Agustín Fernández Paz, Manuel Bragado, Montse Paz, Xabier P. DoCampo e Paco Martín, despois dunha asemblea.
-
Ramón Rozas, Elena Gallego Abad e Bragado na presentación de O xogo de Babel, na Librería Paz de Pontevedra o 23/11/2017.
-
Anxo González Guerra, Manuel Lourenzo González e Bragado na presentación de Ceiba de luz, no Ateneo de Pontevedra o 22/11/2017.
Notas
editar- ↑ "Manuel Bragado Rodríguez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-08-19.
- ↑ Manuel Bragado causou baixa como Director Xeral de Xerais a petición propia Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine., no blog de Xerais o 12 de abril de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Manuel Bragado Rodríguez – Brétemas". Consultado o 2022-08-19.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-08-19.
- ↑ "Brétemas – Notas do traballo de edición e algunhas outras anotacións. Blog de Manuel Bragado Rodríguez. Vigo. Galicia". Consultado o 2022-08-19.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-28.
- ↑ Martínez González, Xurxo (Xaneiro-xuño, 2020). "Caderno de bitácora". Grial. LVIII (225, 226): 84–85. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-01-12.
- ↑ V, R. (2024-11-04). "Manuel Bragado será galardonado con el premio «Lenda de Recreo» en el marco del HematoFesti". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-11-10.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Bragado |
Bibliografía
editar- "Bragado Rodríguez, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 1. Vigo: Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 134.
- "Bragado Rodríguez, Manuel". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. pp. 78–79. ISBN 84-8064-113-4.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.