Manuel Fal Conde
Manuel Fal Conde, nado en Higuera de la Sierra (Huelva) en 1894 e finado en Sevilla en 1975, foi un avogado e político carlista español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de agosto de 1894 Higuera de la Sierra, España (pt) |
Morte | 20 de maio de 1975 (80 anos) Sevilla, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, escritor, político, requeté |
Partido político | Comunión Tradicionalista |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Outro | |
Título | Duque |
Traxectoria
editarEstudou dereito en Sevilla e Madrid. Ingresou en 1930 no Partido Integrista, cando este se integrou no carlismo Fal Conde organizou o movemento en Andalucía Occidental, dando prioridade ás mocidades e ao requeté. Nas eleccións de 1933 o carlismo conseguiu 4 deputados en Andalucía e Fal Conde converteuse no xefe do carlismo andaluz en novembro. En 1934 fíxose cargo da dirección do carlismo e centralizou a organización no seu equipo. Durante a guerra civil española tivo que se exiliar a Portugal tras pretender crear unha Academia militar carlista e dende alí opúxose ao decreto de unificación, sen resultados. Tras volver a España prohibiu o alistamento de carlistas na División Azul, o que provocou que as autoridades o confinasen en Ferreríes (Menorca) durante uns meses. En 1955 renunciou como xefe do carlismo en España.