Manuel Neira Martínez
Manuel Neira Martínez, nado na Coruña o 25 de maio de 1916, foi un futbolista e adestrador galego. Xogaba de defensa.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 25 de maio de 1916 A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Galicia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarXogou no Deportivo da Coruña dúas tempadas e media entre 1939 e 1942, logrando o ascenso a Primeira División na segunda delas pero sen poder debutar en primeira. Tras dous anos no Murcia, debutou co Granada en Primeira División na tempada 1942–43, permanecendo dúas campañas no club.
Na tempada 1944–45 volveu ao Deportivo da Coruña en Primeira División, sendo o defensa menos habitual do cadro adestrado por Ramón de la Fuente. Participou nun único partido, na xornada 7, nunha derrota a domicilio contra o Athletic Club (5–2). Relegado á suplencia, compartiu banquiño co outro defensa, Bernabé Prieto, aínda que este último xogou máis encontros. Ese ano os defensas titulares foron Pedrito e José Vara Martínez. Ao remate da campaña, o equipo descendeu a Segunda División.
En 1952 substituíu a Eduardo Toba como adestrador do Fabril, permanecendo no cargo durante sete anos, ata que en 1959 marchou ao Viveiro.[1][2]
En 1961 volveu tomar as rendas do Fabril, ocupando o cargo ata 1963.
Notas
editar- ↑ "Neira, entrenador del Fabril". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 20 de xaneiro de 1953. p. 4.
- ↑ "Neira al Vivero". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 14 de xullo de 1959. p. 5.