Manuel Suárez Castro

político galego

Manuel Suárez Castro, nado en Ourense o 6 de outubro de 1889 e finado na mesma cidade o 27 de xullo de 1937, foi un político socialista galego, alcalde da súa cidade natal.

Modelo:BiografíaManuel Suárez Castro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1889 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xullo de 1937 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Ourense
1936 – 1936 (destitución)
← Rogelio Núñez de CoutoMarcelino Mira Cecilia → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, albanel Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 10506

Traxectoria

editar

De profesión mestre de obras. Foi un destacado dirixente da Unión General de Trabajadores na provincia de Ourense e militante do Partido Socialista Obrero Español, durante o primeiro bienio da Segunda República Española foi Tenente de Alcalde e deputado provincial. Co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi elixido Alcalde. De orientación moderada, próximo á liña de Indalecio Prieto, salientouse polas melloras na prestación de servizos do hospital provincial que ampliaron a gratuidade e calidade da asistencia.

Golpe de estado e asasinato

editar

Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, pasou algunhas semanas refuxiado na casa duns amigos até que foi detido. Inculpado e procesado o 11 de decembro de 1936, a petición do fiscal foi a de morte. Foi xulgado en consello de guerra presidido por Ambrosio Feijoo Pardiñas no que actuou como fiscal Joaquín Otero Goyanes o 23 de marzo de 1937, con Marcial García Barros, Anselmo López García, Marcelino Otaduy Vázquez, Eduardo París Villar, Antonio Taboada Nóvoa e Higinio López Barrio,[1] imputándoselle ironicamente o delito de rebelión militar, coas circunstancias modificadoras de perversidade e transcendencia[2]. Foille aplicada a pena de morte e fusilárono o 27 de xullo de 1937, no Campo de Aragón xunto con Eduardo París Villar, Ramón Figueiras Añel, José González González, Antonio Colmenero Villamarín, Camilo Gago González, Antonio Taboada Nóvoa e Higinio López Barrio.[3]


Predecesor:
Rogelio Núñez de Couto
 25px
Alcalde de Ourense
 
1936
Sucesor:
Marcelino Mira Cecilia
  1. La Región, 24-3-1937, p. 3.
  2. "Base de datos da represión na Provincia de Ourense". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2008. Consultado o 30 de outubro de 2007. 
  3. La Voz de Galicia, 28-7-1937, p. 4.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1