Manuel Taboada Cid

filólogo galego

Manuel Taboada Cid, nado en Verín o 29 de marzo de 1946 e finado en Santiago de Compostela o 27 de xullo de 1993, foi un filólogo galego.

Modelo:BiografíaManuel Taboada Cid
Biografía
Nacemento29 de marzo de 1946 Editar o valor en Wikidata
Verín, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1993 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo, político Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Nieves de Paula Pombar Editar o valor en Wikidata
PaiXesús Taboada Chivite Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1053785 BUSC: taboada-cid-manuel-1946-1993 Dialnet: 48122

Traxectoria

editar

Fillo de Xesús Taboada Chivite, empezou a súa afección pola investigación da man do seu pai. Estudou na Academia Verinense e no IES Otero Pedrayo de Ourense. Comezou os estudos universitarios na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela en 1963 e despois inscribiuse en Filoloxía Románica.

En 1968 foi lector de español no Lycée de Garçons de Auch (Francia). Retornado a España, recibiu unha bolsa do Departamento de Filoloxía Románica para realizar traballos de campo. En 1971 acadou a licenciatura co traballo "Vocabulario y notas etnográficas de la Mezquita (Ourense)" e comezou a impartir clases no Instituto Otero Pedrayo de Ourense. En 1972 retornou ás aulas universitarias de Compostela. Nomeado Director Xeral de Política Lingüística (1986-1987), impulsou o uso do galego, galeguizando a administración dos centros docentes.

Reintegrado á Universidade, en 1990 obtivo á cátedra de Historia de la Lengua Española na Universidade de Oviedo e despois pasou á Universidade da Coruña, onde foi o primeiro catedrático de Gramática Histórica do Español.

Publicou artigos en revistas especializadas (Verba, Boletín Auriense, Gallaecia) e comunicacións e relatorios en congresos de Galicia e do estado. Pertenceu ao Grupo Marcelo Macías do Museo Arqueolóxico de Ourense.


Predecesor:
Paz Lamela Vilariño
  
Director xeral de Política Lingüística
 
1986 - 1987
Sucesor:
Adolfo de Abel Vilela
  • "Vocabulario y notas etnográficas de la Mezquita (Ourense)".
  • "El arado radial en el sur de la provincia de Orense".
  • "Afinidades lingüisticas galego-portuguesas na fronteira de Ourense".
  • "El habla del Valle de Verín".

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 2
mac 1
os 17
todo 1