María Luisa Ponte

actriz española

María Luisa Ponte Mancini, nada en Medina de Rioseco (Valladolid) o 21 de xuño de 1918 e finada en Aranjuez (Madrid) o 2 de maio de 1996, foi unha actriz española que participou en numerosos filmes, obras de teatro e series de televisión.

Modelo:BiografíaMaría Luisa Ponte
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1918 Editar o valor en Wikidata
Medina de Rioseco, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de maio de 1996 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz, actriz de cinema, actriz de teatro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1952 Editar o valor en Wikidata -

IMDB: nm0690592 Allocine: 81062 Allmovie: p149684
BNE: XX1530560 Find a Grave: 11877303 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Ponte era filla dos actores Enrique Ponte e Haydée Mancini Puggi. Naceu en plena xira teatral e con tan só seis meses de idade subiu por primeira vez a un escenario. Dedicouse profesionalmente á interpretación dende os catorce anos e a partir de entón centrou a súa actividade no teatro, incorporándose á compañía do seu pai e participando en montaxes de La malquerida, Casa de muñecas ou Ni al amor, ni al mar. Cando estalou a guerra civil estba a traballar en Pola de Siero (Asturias), onde desapareceu a súa equipaxa.

A súa voz potente, a súa forza e o seu carácter fixeron dela unha intérprete popular e recoñecíbel. O seu primeiro filme foi en 1952 e nas décadas seguintes consolidouse como unha das actrices máis destacadas dos elencos cinematográficos. Con frecuencia as súas personaxes respondían a un estereotipo de muller amargada, hipócrita ou antipática. Na súa amplísima traxectoria hai filmes como El pisito e El cochecito, de Marco Ferreri, La ciudad no es para mí, de Pedro Lazaga, El verdugo, de Luis García Berlanga, El extraño viaje e El viaje a ninguna parte, de Fernando Fernán Gómez, Camada negra, de Manuel Gutiérrez Aragón ou La colmena, de Mario Camus.

Tamén na televisión desenvolveu unha carreira salientébel, destacando a súa participación en Fortunata y Jacinta, Farmacia de guardia e La Regenta.

Mantivo a súa actividade profesional ata pouco antes do seu pasamento, recibindo o Goya á mellor actriz secundaria polo seu último filme en xaneiro de 1995.[1]

Tivo unha filla antes de enviuvar do actor José Luis López de Rueda e tamén estivo unida sentimentalmente ao actor Agustín González entre 1954 e 1986.

Faleceu a mañá do 2 de maio de 1996 por unha súbida parada cardíaca nunha residencia de anciáns de Aranjuez,[2][3] onde vivía dende o setembro anterior completamente retirada do seu oficio e apartada do que fora o seu ámbito cotián no mundo das noites madrileñas.

Filmografía

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1