María Villamarín
libreira e escritora galega
María Villamarín, nada nas Casas da Veiga (Ganade, Xinzo de Limia) en 1989,[1] é unha libreira e escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1989 (34/35 anos) As Casas da Veiga, España |
Residencia | Santiago de Compostela |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | libreira, escritora |
Empregador | NUMAX |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Traxectoria
editarFormouse en xornalismo e estudos literarios na Universidade de Santiago de Compostela, e traballou despois en equipos de comunicación de diferentes proxectos culturais e institucións museísticas como o Museo do Pobo Galego. Ao tempo, autoeditou os fanzines Madreselva e Florilège. No ámbito musical, foi teclista e cantante do grupo Esposa, co que gravou varios discos.
Traballa en Santiago de Compostela como libreira na cooperativa NUMAX, onde participa tamén na xestión de redes sociais e comunicación.[2]
Obras
editar- Diario de dúas casas (2023). Euseino? Editores. 130 páxs. ISBN 978-84-127031-0-8.
Notas
editar- ↑ "Encontro arredor do libro «Diario de dúas casas» de María Villamarín na Libraría NUMAX". numax.org. 5 de outubro de 2023. Consultado o 5 de outubro de 2023.
- ↑ "Quen somos". numax.org. Consultado o 5 de outubro de 2023.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- A escritura pendular con María Villamarín. Podcast con Anxo F. Couceiro.
- Itinerario Os libros de Diario de dúas casas en Blog da Libraría NUMAX.
- Ficha en Euseino? Editores.