Mar de Azov
O Mar de Azov (Azovskoie more) é unha pequena rexión ao norte do Mar Negro, ligado a el polo Estreito de Kerch. Tén ao norte a Ucraína, ao leste a Rusia e ao oeste a península de Crimea. Na Grecia antiga, era coñecido como Lago Maeotis ou Mar Maeotis.
(ru) Азовское море | |||||
Tipo | mar baía | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Mar Negro | ||||
Localización | |||||
País da cunca | Rusia e Ucraína | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | República Autónoma de Crimea | ||||
Composto por | |||||
Conca hidrográfica | Sea of Azov drainage basin (en) | ||||
Características | |||||
Profundidade | 14,5 m | ||||
Dimensións | 135 () × 340 () km | ||||
Perímetro | 1.472 km | ||||
Superficie | 37.600 km² | ||||
Medicións | |||||
Salinidade | 11,5 g/l | ||||
Volume físico | 5,6 km³ | ||||
O mar ten 340 km de comprimento e 135 km de longo, cunha área de 37 555 km². Os principais ríos a desaugaren nel son o río Don e o río Kuban; eles garanten que as augas do río teñan unha concentración salina baixa, e tamén transportan vastos volumes de sedimentos ao mar. O mar de Azov é o mar menos profundo da Terra, cunha profundidade media de soamente 13 metros; nalgunhas zonas, onde o sedimento se depositou, como no Golfo de Taganrog, a profundidade media é de menos de 1 metro. A corrente principal no Mar de Azov é unha corrente anti-horaria; as mareas son variabeis, pero poden atinxir 5 metros. No inverno, extensas porcións do mar xelan.
Portos principais
editarOs principais portos son Berdyansk, Mariupol, Rostov-na-Donu, Taganrog e Yeysk. Dous canais entran no mar: o canal Volga-Don e a conexión co mar Caspio a través do canal Manych. O mar ten un número significativo de portos de pesca e ten sido explorado polo gas natural e polo petróleo.
Conflito
editarÓ ser invadida a península de Crimea por Rusia en 2014, a Federación rusa controla as dúas beiras do estreito de Kerch, coa oposición de Ucraína a dito control, o que ten provocado diversos enfrontamentos, como o mantido en novembro de 2018 ó evitar buques rusos a entrada de buques de guerra Ucraínos por Kerch.[1]
Flora e fauna
editarHistoricamente, o mar de Azov tiña unha gran variedade de vida marítima, con máis de oito especies de peixes identificadas, así como 300 variedades de invertebrados. A diversidade e a cantidade veñen sendo reducidas polo exceso de pesca e polo excesivo nivel de contaminación.
Demografía
editarNotas
editar- ↑ "« Rusia se afirma en el mar Negro » - Le Monde diplomatique en español". mondiplo.com (en castelán). Consultado o 2019-01-16.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Azov |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |