Margarida I de Dinamarca

Margarida Valdemarsdotter, nada en Søborg (actual Dinamarca) en 1353 e finada en Flensburgo (Holstein) en 1412, foi raíña de Dinamarca e Noruega (entre 1387 e 1412), e de Suecia (de 1389 a 1412). Fundadora do pacto de unión coñecido como a Unión de Kalmar, foi o primeiro monarca que gobernou os tres reinos nórdicos (incluíndo Groenlandia, Islandia, as Illas Feroe e as Orcadas, entón pertencentes a Noruega, e Finlandia, que formaba parte de Suecia). É unha das figuras máis destacadas de toda a historia dos países nórdicos.

Modelo:BiografíaMargarida I de Dinamarca

(1423) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1353 Editar o valor en Wikidata
Søborg Castle, Dinamarca (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte28 de outubro de 1412 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Flensburgo, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepeste Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Roskilde (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei de Suecia
24 de febreiro de 1389 – 28 de outubro de 1412
← Alberto de Mecklemburgo (pt) TraducirÉrico da Pomerânia (pt) Traducir →
Monarca de Noruega
2 de febreiro de 1388 – 28 de outubro de 1412
← Olav III de DinamarcaÉrico da Pomerânia (pt) Traducir →
Monarca de Dinamarca
10 de agosto de 1387 – 28 de outubro de 1412
← Olav III de DinamarcaÉrico da Pomerânia (pt) Traducir →
Raíña consorte Noruega
Raíña consorte Suecia
Monarca Unión de Kalmar
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónRaíña Reinante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña Reinante Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Estridsen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHaakon VI da Noruega (1363 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosOlav III de Dinamarca Editar o valor en Wikidata
PaisValdemar IV de Dinamarca Editar o valor en Wikidata  e Helvig de Schleswig Editar o valor en Wikidata
IrmánsIngeborg of Denmark, Duchess of Mecklenburg
Christopher, Duke of Lolland Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Svenskt kvinnobiografiskt lexikon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Valdemarsdotter-2 Find a Grave: 9431439 Editar o valor en Wikidata

En 1363 casou co rei Haakon VI Magnusson de Noruega e Suecia, dando a luz a Olav (1370-1387), rei de Dinamarca de 1376 a 1387 e rei de Noruega de 1380 a 1387.

Rexenta de Dinamarca e Noruega

editar

Margarida era a filla máis nova dos reis de Dinamarca, Valdemar IV e Helvig. En xaneiro de 1359 comprometeuse en matrimonio co rei de Noruega Haakon VI Magnusson, quen tamén gobernaba como correi de Suecia, xunto ao seu pai Magnus II Eriksson. En 1363, á idade de 10 anos, casou no castelo de Copenhaguen e converteuse en raíña consorte de Noruega. Margarida permaneceu en Dinamarca ata 1366, ano no que partiu a Noruega, onde contaría coas ensinanzas de Marta Ulfdotter, a filla de santa Bríxida. Pronto demostrou as súas virtudes como conselleira do seu esposo, moito maior que ela, aínda nos asuntos do Estado. A principios de decembro de 1370, Margarida deu a luz ao seu primeiro e único fillo, Olav, que foi electo en 1376 como rei de Dinamarca, en substitución de Valdemar IV (o rei Valdemar morrera en outubro de 1375). Entón Margarida ocupouse principalmente de gañar o favor dos nobres daneses cara ao seu fillo, do cal ela mesma educou como tutora e polo tanto rexenta do reino.

En maio de 1380 faleceu o rei Haakon, e Olav herdou, sen opositores, o trono de Noruega. Margarida tivo que gobernar entón dous reinos, en calidade de rexenta, dada a minoría de idade do seu fillo.

Margarida conseguiu dar un golpe á Liga Hanseática, cando recuperou en 1385 varios castelos de Escania (en mans dos alemáns dende 1370). En 1386 gañouse a fidelidade do conde Xerardo VI de Holstein. Os condes de Holstein dominaran o ducado de Schleswig dende había varios anos, e a rexión sempre fora motivo de discordia entre Holstein e Dinamarca. Mediante a negociación con Margarida, esta puido ser recoñecida como señora do ducado de Schleswig.

O 3 de agosto de 1387 morrreu repentinamente o adolescente rei Olav.

"Ama e Señora de Noruega e Dinamarca"

editar

Á morte do seu fillo, Margarida, que gobernara con prudencia e forza, enfrontouse á familia gobernante de Mecklemburgo, que tiña pretendentes aos tronos danés (Henrique III de Mecklemburgo) e noruegués (Alberte III de Mecklemburgo, rei de Suecia). Margarida venceu sobre as pretensións alemás e en 1387 foi electa "ama, señora e tutora de Dinamarca con plenos poderes", e en febreiro de 1388 sucedeu o mesmo en Noruega. Así, Margarida converteuse en raíña con poder absoluto, ata que ela e o pobo escolleran un novo rei.

Asegurada a fronteira danesa no sur grazas á paz con Holstein, Margarida botou a andar as súas pretensións sobre Suecia, aproveitando o descontento de campesiños e varios nobres suecos cara ao rei Alberte.

Raíña rexenta de Suecia

editar

Margarida fora xa raíña consorte de Suecia durante o cogoberno do seu esposo Haakon VI Magnusson con Magnus II Eriksson, antes de que o trono fora usurpado por Alberte III de Mecklemburgo. Con todo, Margarida apoiou ao seu fillo Olav para que este fora proclamado en 1385 herdeiro da coroa de Suecia. En 1388 Margarida emprendeu unha alianza cos nobres suecos descontentos co goberno opresor do rei Alberte, mediante a cal os nobres lle prometeron a rexencia do reino a cambio de que Margarida liberara a Suecia dos alemáns e a anarquía reinante durante a longa guerra civil. Margarida decidiu intervir militarmente en Suecia, aínda que non hai datos históricos sobre se o seu exército estaba constituído principalmente de suecos ou daneses. Alberte intentou burlarse da raíña, chamandoa, entre outras cousas, "o rei sen pantalóns", e chegou a enviarlle unha lima para que se afilara as unllas.

Alberte partiu a Mecklemburgo, onde reuniría un exército alemán que se enfrontaría a Margarida. Porén, a vitoria inclinouse desta última. O 24 de febreiro de 1389 o exército de Margarida venceu ao de Alberte na batalla de Åsle, cerca de Enköping, que culminou co encarceramento do propio Alberte e o seu fillo. Así, Margarida converteuse en gobernante de Suecia.

Estocolmo, entón cunha gran proporción de poboación alemá, negouse a recoñecer a Margarida. A cidade foi sitiada, pero resistiu o embate grazas ao apoio outorgado polos vitalianos, un numeroso gremio de piratas contratado polos príncipes alemáns inimigos de Margarida. Finalmente, Margarida chegou a un acordo con Alberte (pacto de Lindholm, 1395), no que serviu de mediadora a Liga Hanseática; para que Alberte fuera liberado, este debía pagar unha alta suma de diñeiro nun prazo non maior a tres anos, mentres que a Liga Hanseática tomou Estocolmo en prenda. Como Alberte non pagou a suma acordada, a Liga Hanseática cedeu Estocolmo a Margarida en 1398, a cambio de privilexios comerciais.

 
Selo de Margarida I, que mostra tres coroas. Ano de 1390

Margarida adoptou ao seu sobriño neto, Erik de Pomerania, un nobre alemán neto da súa irmán Ingeborg. Erik descendía das tres dinastías que gobernaran os tres reinos antes de Margarida. A raíña levou a Erik a Dinamarca en 1389 e apoiouno para que fose electo rei dese país. Erik foi electo rei de Noruega en 1389, e de Dinamarca e Suecia en 1396. Para manter a unión entre os tres reinos, Margarida convocou aos tres distintos consellos na cidade sueca de Kalmar, onde se levou a cabo a coroación de Erik, o 17 de xuño de 1397. O 20 de xullo do mesmo ano redactouse en Kalmar unha acta de unión, coñecida como a Unión de Kalmar. A acta de unión establecía nas súas cláusulas que os tres países manterían as súas leis e costumes propias, e que cada Estado sería administrado polos seus propios representantes. Margarida non estaba completamente convencida, pois ela quería a unión total de Escandinavia, porén, mostrouse tolerante.

Aos dezaoito anos, Erik foi declarado en idade de reinar, pero Margarida continuou sendo a gobernante verdadeira ata a súa morte, ao tempo que lle outorgou ao xove rei algúns asuntos do goberno.

Pretensións sobre Gotland e Schleswig

editar

A illa sueca de Gotland foi ocupada polos vitalianos dende 1394, para que a illa fora o seu cuartel xeral. Posteriormente, pasou a mans da Orde Teutónica. En 1408, Margarida conseguiu acordar coa Orde a compra da illa, que pasou entón a dominio de Dinamarca.

En 1404, morreu o conde Xerardo IV de Holstein e Margarida aproveitou para botar a andar os seus plans de anexión do ducado de Schleswig á coroa de Dinamarca. As ambicións de Margarida desataron unha guerra contra o condado de Holstein. Margarida embarcou cara a cidade de Flensburgo, onde terían lugar as negociacións de paz. No porto desa cidade sorprendeuna a morte o 28 de outubro de 1412. Crese que faleceu a causa da peste.

 
Tumba de Margarida I na Catedral de Roskilde

O seu corpo foi soterrado primeiramente na localidade danesa de Sorø. En 1413 os seus restos foron trasladados á catedral de Roskilde, cerca de Copenhaguen, onde se lle rindiu un suntuoso funeral. En 1423 levantouse na súa tumba un grandioso monumento de alabastro, de estilo gótico, ricamente adornado e coroado cunha estatua da raíña.


Predecesor:
Olav II de Dinamarca
 Raíña de Dinamarca 
1375 - 1412
Sucesor:
Erik de Pomerania
Predecesor:
Olav IV
 Raíña de Noruega 
1388 - 1412
Sucesor:
Erik de Pomerania
Predecesor:
Alberte III de Mecklemburgo
 Raíña Rexente de Suecia 
1389 - 1412
Sucesor:
Erik de Pomerania

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 7
multimedia 1
os 80
todo 2