Maria Prymachenko

artista ucraína


Maria Oksentiyivna Prymachenko (ucraíno: Марія Оксентіївна Примаченко) nada en Bolotnia o 12 de xaneiro de 1909 (30 de decembro de 1908, segundo o calendario xuliano vixente entón) e finada no mesmo lugar o 18 agosto de 1997 foi unha pintora de arte folk, que cultivou o estilo de naíf. Artista autodidacta, adicouse á pintura, bordado e cerámica.

Modelo:BiografíaMaría Prymachenko

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1908 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Bolotnia, Ucraína (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte18 de agosto de 1997 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Bolotnia, Ucraína (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBolotnia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintora, debuxante, artista visual Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoArte Naïf Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosFedir Prymachenko Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Примаченко Мария Авксентьевна) Editar o valor en Wikidata
Sitio webprymachenko.in.ua Editar o valor en Wikidata

En 1966, Prymachenko foi galardoada co Premio Nacional de Ucraína Taras Shevchenko e a UNESCO declarou o 2009 como o ano de Prymachenko. Unha rúa en Kíiv e un planetoide foron bautizados co seu nome. Tamén foi recoñecida por autores como Marc Chagall ou Pablo Picasso, quen, logo de visitar unha exposición dela en París, dixo "inclínome diante do milagre artístico desta ucraína brillante."[1]

Traxectoria

editar

Naceu nunha familia labrega e morou a meirande parte da súa vida na súa aldea natal, Bolotnia, distrito de Vyshhorod, rexión de Kíiv Oblast, a unha trintena de quilómetros de Chernóbil.[2] O pai era carpinteiro e a nai traballaba de bordadora, asistiu á escola catro anos ata que enfermou de poliomielite, unha doenza cuxas consecuencias marcaron tanto a súa vida, pois quedou tolleita, como a súa arte, pois segundo ela fíxose especialmente observadora.[3][4] Nas súas lembranzas comentaba así as súas primeiras experiencias artísticas: "naquel tempo, sendo nova, coidaba dun fato gansos. Fun canda eles a unha praia na beira dun río e, logo de cruzar un campo cheo de flores silvestres, comecei a debuxar flores, imaxinarias e reais, cun pau na area... Máis tarde, decidín para pintar as paredes da miña casa empregando pigmentos naturais. Despois daquilo non deixei de debuxar e pintar."[5]

 
"Touro Azul" de Maria Prymachenko (1947), nun selo postal ucraíno (2020)

Durante a infancia, a nai de Prymachenko aprendeulle a bordar e a finais da década de 1920 ou a principios da de 1930 traballou na cooperativa téxtil de Ivankiv.[6] O seu talento foi recoñecido pola artista Tetiana Floru, quen a convidou a traballar no Obradoiro Experimental Central do Museo de Arte Ucraína de Kíiv en 1935.[6]

En Kíiv, Prymachenko someteuse a dúas operacións cirúrxicas, grazas ás cales puido manterse en pé.[7] Alí tamén coñeceu á súa parella, Vasyl Marynchuk. A convivencia entre eles rematou pronto, antes de casaren: co estalido da segunda guerra mundial, Vasyl Marynchuk foi mobilizado polo Exército Vermello e caeu en Finlandia.[6] En marzo de 1941, o seu fillo, Fedir Prymachenko, naceu en Kíiv.[8] No conflito tamén morreu un irmán de Prymachenko, vítima dos nazis. Neste contexto, Maria Prymachenko regresou a Ivankiv conseguindo traballo nunha granxa colectiva.[6] O seu fillo, falecido en 2008, tamén foi artista folk igual que os seus netos Petro e Ivan.[8]

Carreira

editar

Prymachenko presentou as súas obras na Primeira Exposición Republicana de Arte Folk de 1936. Esta mostra visitou Moscova, Leningrado e Varsovia e Maria Prymachenko foi laureada co primeiro diploma da exposición. En 1937, os traballos da artista foron exhibidos en París.[9]

 
Selo ucraíno de 2009, cunha obra de Maria Prymachenko.

A fonte de inspiración de Maria Prymachenko son as tradicións populares ucraínas (como as referencias culturais sobre os animais e os contos de fadas), especialmente as da Polesia.[10][11] Durante a década de 1930, fixo unha transición dende bordado cara a pintura e os seus traballos deste período son pintados sobre fondos brancos. Tamén explorou a combinación de motivos tradicionais con novas formas.[12]

Entre a década de 1960 e 1980, o seu estilo comezou a empregar unha paleta de cores máis vibrantes e preferiu usar fondos brillantes nas súas obras. Tamén nesta altura, gustou máis do gouache que da acuarela, máis empregada ata entón. Ademais, nos anos setenta, Prymachenko comezou a incluír proverbios ou frases curtas, relacionadas co tema da obra, no envés das súas teas.[13]

Premios e recoñecementos

editar

En 1966, o Premio Nacional de Ucraína Taras Shevchenko foille concedido en recoñecemento da súa traxectoria. Ademais, a UNESCO declarou o ano 2009 como ano de Prymachenko en lembranza do centenario do seu nacemento.[14][15] O mesmo ano, o bulevar Likhachev de Kíiv foi rebautizado na súa honra.[6]

Legado

editar
 
Bulevar Maria Pryimachenko en Kíiv

Obras de Prymachenko foron exhibidas por toda a Unión Soviética, Ucraína e outros países, incluíndo Polonia, Bulgaria, Francia e o Canadá.[16] Os seus álbums foron publicados tamén internacionalmente. A súa pintura "Rato de viaxe" foi plaxiado pola deseñadora finesa Mija Isola nun tecido empregado por Finnair para a decoración da súa frota.[17] Ademais, o seu traballo foi reproducido en selos e moedas de Ucraína.[18]

No 1998, o planetoide (142624) foi denominado Prymachenko por Klim Churyumov en lembranza da pintora.[19]

Unhas 650 obras de Prymachenko consérvanse na colección do Museo Nacional de Arte Decorativa Popular de Kíiv.[20]

No ano 2019, o artista Stepan Ryabchenko de Odesa dedicou o seu traballo a Maria Prymachenko nu mural urbano localizado en Kíiv noi número da rúa Georgii Kirpa.

Destrución de obras

editar

O Museo Local de Historia de Ivankiv conservaba varios traballos de Prymachenko pero foi vítima dun ataque durante a invasión rusa de Ucraína de 2022, estando documentada a destrución de 25 das súas obras.[21][15][22] Con todo, segundo informou a xornalista Tanya Goncharova nas súas redes sociais, a mobilización popular permitiu salcar algunhas das obras do lume.[23][1] Nunha entrevista a súa bisneta, Anastasiia Prymachenko, informou de que un home local puido rescatar dez obras por si mesmo.[24]

  1. 1,0 1,1 "The Ukrainian artist admired by Picasso After being saved from a Russian-bombed museum, Maria Prymachenko’s paintings caught the world’s attention — and not for the first time". Meduza (en inglés). Consultado o 2023-03-28. 
  2. Pryimachenko Maria, Sixteen Paintings in the National Museum of Ukrainian Folk Art, Shown On A Set of Sixteen Color Postcards Published By Aurora Art Publishers, Leningrad, 1979, "Art Ukraine" site
  3. "Maria Prymachenko’s fantastic world of flowers and animals". blogs.bl.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2022. Consultado o 2023-03-28. 
  4. Halder, Santoshi; Argyropoulos, Vassilios (2019-03-02). Inclusion, Equity and Access for Individuals with Disabilities: Insights from Educators across World (en inglés). Springer. ISBN 978-981-13-5962-0. 
  5. "Russian Forces Destroyed the Wild and Beautiful Art of Maria Prymachenko". www.vice.com (en inglés). Consultado o 2023-03-28. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Maria Prymachenko’s fantastic world of flowers and animals". blogs.bl.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2022. Consultado o 2023-03-28. 
  7. "Maria Prymachenko’s fantastic world of flowers and animals". blogs.bl.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2022. Consultado o 2023-03-28. 
  8. 8,0 8,1 "75 років від дня народження Федора Васильовича Примаченка (Приймаченко) (1941–2008), майстра народного декоративного розпису. Народився на Київщині — Славутицька бібліотека". slavutichlib.com.ua. Consultado o 2023-03-28. 
  9. "Maria Prymachenko’s fantastic world of flowers and animals". blogs.bl.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2022. Consultado o 2023-03-28. 
  10. "Prymachenko Maria". Ukrainian Art Library (en inglés). Consultado o 2023-03-28. 
  11. Kolisnyk, O. V., and M. O. Kovalenko. "Naive art: features of creative perception." Art and Design (2021).
  12. "Maria Prymachenko’s fantastic world of flowers and animals". blogs.bl.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2022. Consultado o 2023-03-28. 
  13. "Maria Prymachenko’s fantastic world of flowers and animals". blogs.bl.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2022. Consultado o 2023-03-28. 
  14. "Die Bestie des Krieges: Naive Kunst aus der Ukraine". Open Art Museum (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-28. 
  15. 15,0 15,1 Chow, Vivienne (2022-02-28). "Russian Forces Burned Down a Museum Home to Dozens of Works by Ukrainian Folk Artist Maria Prymachenko". Artnet News (en inglés). Consultado o 2023-03-28. 
  16. 100th anniversary of the birth of Maria Primachenko, painter (1908–1997), Unesco Portal, year 2008
  17. "Daily: Marimekko print copied from Ukrainian folk artist". News (en inglés). 2013-05-29. Consultado o 2023-03-28. 
  18. Kosinski, Tomasz (2014-08-18). Coins of UKRAINE 1901-2014: Coins of Europe Catalog 1901-2014 (en inglés). Tomasz Kosinski. 
  19. Schmadel, Lutz D. (2012-06-10). Dictionary of Minor Planet Names (en inglés). Springer Science & Business Media. ISBN 978-3-642-29718-2. 
  20. "Russian Forces Destroyed the Wild and Beautiful Art of Maria Prymachenko". www.vice.com (en inglés). Consultado o 2023-03-28. 
  21. Свобода, Радіо (2022-02-28). "Україна втратила понад 20 робіт Марії Примаченко внаслідок нападу Росії – Литовченко". Радіо Свобода (en ucraíno). Consultado o 2023-03-28. 
  22. "Оккупанты сожгли музей в Иванкове, сгорели работы Марии Приймаченко". Украинская правда (en ruso). Consultado o 2023-03-28. 
  23. "Картини Приймаченко врятовано. Селяни винесли їх з палаючого музею. Еспресо.Захід". zahid.espreso.tv (en ucraíno). Consultado o 2023-03-28. 
  24. Schofield, Blanca. "Russia-Ukraine war: How Maria Prymachenko’s art was saved from Putin’s troops" (en inglés). ISSN 0140-0460. Consultado o 2023-03-28. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
HOME 2
Intern 1
iOS 7
mac 45
multimedia 1
OOP 2
os 59
text 1
todo 2
visual 1
web 1