Marjane Satrapi (en persa, مرجان ساتراپی , AFI mærˈʤɔːne sɔːtrɔːˈpiː), nada en Rasht (Irán) o 22 de novembro de 1969, é unha escritora e debuxante iraniana en lingua francesa.

Modelo:BiografíaMarjane Satrapi

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Marjane Ebrahimi Editar o valor en Wikidata
22 de novembro de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Rasht County, Irán (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Superior de Artes Decorativas de Estrasburgo
Islamic Azad University, South Tehran Branch (en) Traducir
Islamic Azad University Central Tehran Branch (en) Traducir
Lycée Français de Vienne (en) Traducir
Razi High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Teherán
París Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirectora de cinema, artista de banda deseñada Editar o valor en Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioMarjane Satrapi Editar o valor en Wikidata
Participou en
2007Festival de Cannes 2007 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMattias Ripa (1996–) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteArquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon
Obálky knih,
Asian Women Artists: A Biographical Dictionary, 2700 BCE to Today Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2277869 Allocine: 143602 Allmovie: p475059
MySpace: marjane_s BNE: XX1607661 Bitraga: 3759 Musicbrainz: 49a39bc6-28d7-4cfc-aae9-a1bb49c102f9 Discogs: 1720012 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

É filla única dunha familia de Teherán. A súa familia, de talante progresista, mandouna estudar ao Liceo Francés até que foron suprimidos os colexios bilingües polas autoridades islámicas xurdidas a partir da revolución iraniana de 1979. Ela e a súa familia, que simpatizaban coa revolución antes de que adquirise carácter islamista, viviron con dor as restricións das liberdades individuais, a represión, a imposición do veo feminino e o estoupido da guerra Irán-Iraq, que o novo réxime utilizou para consolidarse.

En 1984, con 14 anos, os seus pais decidiron enviala a estudar a Viena (Austria), para que puidese completar a súa educación laica e permitir que se desenvolvese nun ambiente menos opresivo ca o do seu país natal. Marjane non falaba alemán, pero nese momento era máis fácil conseguir un pasaporte para Austria que para Francia. Tras completar os estudos secundarios regresou a Irán para estudar Belas Artes, e ao rematar decidiu marchar a Francia para seguir estudando Artes Decorativas en Estrasburgo.

Carreira profesional

editar

Comezou a traballar en París como ilustradora de literatura infantil. Da man de Christophe Blain e o colectivo L'Association coñeceu o debuxante e guionista David B., que a animou a introducirse no mundo da banda deseñada para narrar os seus recuerdos da infancia en Irán.

A novela gráfica Persépole é unha peza autobiográfica que arranca nos momentos finais do réxime do Sah e que dá conta das dificultades de vivir baixo un estado teocrático, así como das distintas formas de seguir vivindo unha vida laica malia a vixilancia dos gardas da revolución e da veciñanza, oportunamente convertidos a un islamismo máis militante ca o do propio goberno. A obra foi publicada en catro volumes, e acadou un grande éxito de crítica e público. Foi adaptada ao cinema de animación por ela mesma e por Vincent Paronnaud en xuño de 2007.

En 2003 publicou Broderies, unha banda deseñada sobre as mulleres iranianas. Resultou nomeada ao premio ao mellor álbum no Festival de Banda Deseñada de Angoulême de 2004. En 2005 publicou Poulet aux prunes, co que adaría dito premio na edición de 2006 do festival.

Recoñecementos

editar

En 2024, recibiu o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades.[1][2]

  1. Redacción (30 de abril de 2024). "Los Premios Princesa de Asturias reconocen a Marjane Satrapi". atlantico.net (en castelán). Consultado o 7 de maio de 2024. 
  2. Koch, Tomasso (30 de abril de 2024). "elpais.com". elpais.com (en castelán). Consultado o 2 de maio de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Association 4
iOS 4
mac 1
multimedia 1
os 32
text 1
todo 1