Marron glacé
O marron glacé é unha castaña confeitada ou glaseada. É unha lambetada habitual na gastronomía italiana e na gastronomía francesa, aínda que recentemente estase a implantar noutros países produtores, coma Galiza, España ou Portugal. A súa orixe remóntase á antigüidade (Cuneo, Italia ou Lion, Francia) cando se almacenaban certos alimentos en mel ou azucre para a súa conservación.
Marron glacé | |
Tipo | Doce |
Orixe | Francia |
Ingredientes | |
Vexetal | Castaña Azucre |
No século XIX, desenvólvese a produción a nivel industrial en Francia deste doce, sendo posteriormente imitado e perfeccionado en Italia, e máis recentemente, en España, en 1980.
Realización
editarPara a realización do mesmo emprégase: castañas, azucre e optativamente e a gusto canela, vainilla e anisetes. Tamén se poden mergullar os marrons en brandy durante unhas horas para potenciar o seu sabor.
O complicado desta receita está nas fases da súa elaboración, que son: a escolla das mellores castañas, tamaño e estado; o punto de coza que ha ser con lume amodo, e o pelado das castañas que deben ficar enteiras. Procédese posteriormente á cocedura no almibre no que se confeitarán e se deixaran repousar un día.
Comercialmente é un produto caro, de feito a súa presentación habitual é a dun produto de luxo. Para evitar que se esmaguen ou se magoen os marrons e o seu glaseado adóitanse envolver individualmente.
Produción
editarEn Galiza producen marron glacé dúas empresas: Cuevas y Cía, e Posada Marron Glacé, de Ourense.