Mathurin Jacques Brisson


Mathurin Jacques Brisson, nado o 30 de abril de 1723 en Fontenay-le-Comte, Baixo Poitou, Francia (hoxe no departamento da Vendée), e finado o 23 de xuño de 1806 en Croissy, cerca de Versailles, foi un zoólogo e filósofo francés, membro da Academia das Ciencias de Francia.

Modelo:BiografíaMathurin Jacques Brisson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de abril de 1723 Editar o valor en Wikidata
Fontenay-le-Comte, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xuño de 1806 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFrancia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Poitiers (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, zooloxía e física Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, físico, zoólogo, entomólogo, ornitólogo, filósofo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaBrisson Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Brisson estudou de 1737 a 1738 na escola de Fontenay e preparou un bacharelto de teoloxía en Poitiers. Pero non estaba destinado a facer unha vida ordenado e, grazas ao seu parentesco con R. A. F. de Réaumur (1683-1757), do que foi axudante, dedicouse ao estudo da historia natural. As súas principais obras nesta etapa foron Le Règne animal (1756) e Ornithologie (1760).

Foi profesor de filosofía natural (o que hoxe se coñece como física) no Colexio de Navarra de París, e entrou na Academia das Ciencias de Francia en 1759. Foi conservador do gabinete de curiosidades de Réaumur. Desexando competir coa Histoire naturelle de Buffon (1707-1788), emprende a publicación dunha grande obra zoolóxica. Traduce Le Système du Règne animal de Jakob Theodor Klein (1685-1759) en 1756, pero foi sobre todo a súa Ornithologie a que supuxo unha etapa importante no estudo científico das aves. Esta obra apareceu antes da Histoire naturelle des oyseaux de Buffon.

A comezos do ano 1806 sofre un severo ataque de apoplexía. A súa memoria quedou tan afectada que esqueceu falar en francés, recordando unicamente unhas poucas palabras do seu idioma materno, o poitevino. Pouco máis tarde, o 23 de xuño, morreu en Croissy, cerca de Versalles.

Principais obras

editar
  • Regnum animale in classes IX distributum sive Synopsis methodica. Haak, París, Leiden 1756–1762
  • Ornithologia sive Synopsis methodica sistens avium divisionem in ordines, sectiones, genera, species, ipsarumque varietates. Bauche, París, Leiden 1760–1763
  • Supplementum Ornithologiæ sive Citationes, descriptionesque antea omissæ & species de novo adjectæ, ad suaquaque genera redactæ. París 1760
  • Lettres de deux Espagnols sur les manufactures. Vergera 1769
  • Dictionnaire raisonné de physique. Thou, París 1781–1800
  • Observations sur les nouvelles découvertes aërostatiques. Lamy, París 1784
  • Pesanteur spécifique des corps. Ouvrage utile à Histoire Naturelle, à la Physique, aux Arts & au Commerce. l'imprimerie royale, París 1787
  • Traité élémentaire ou Principes de physique. Moutard & Bossange, París 1789–1803
  • Trattato elementare ovvero Principi di fisica. Grazioli, Florenz 1791
  • Die spezifischen Gewichte der Körper. Leipzig 1795
  • Suplemento al Diccionario universal de física. Cano, Madrid 1796–1802
  • Principes élémentaires de l'histoire naturelle et chymique des substances minérales. París 1797
  • Anfangsgründe der Naturgeschichte und Chemie der Mineralien. Mainz 1799
  • Instruction sur les nouveaux poids et mesures. París 1799
  • Elémens ou Principes physico-chymiques. Bossange, París 1800
  • Elements of the natural history and chymical analysis of mineral substances. Ritchie, Walker, Vernor & Hood, Londres 1800
  • Tratado elemental ó principios de física. Madrid 1803–1804

Abreviatura

editar

A abreviatura Brisson emprégase para indicar a Mathurin Jacques Brisson como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Jean Dhombres (dir.) (1995): Aventures scientifiques. Savants en Poitou-Charentes du XVIe au XXe siècle. Poitiers, Francia: Les éditions de l’Actualité Poitou-Charentes. ISBN 2-911320-00-X.
  • Michael Walters (2003): A Concise History of Ornithology. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 0-300-09073-0.

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 2