Medalla Castelao

condecoración outorgada anualmente pola Xunta de Galicia

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear aquelas persoas ou institucións que desenvolvesen, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Medalla Castelao
Castelao
Metal:Prata
Medidas:50 mm x 36 mm
Lenda
Deus fratresque Gallaeciae
(Deus e os irmáns de Galicia)
Título acreditativo outorgado a Emilio González López en 1984.
Título acreditativo outorgado ás Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago en 2020.

Historia e características

editar

Foi creada en 1984[1] e outórgase cada 28 de xuño, coincidindo co regreso dos restos mortais de Castelao a Galicia en 1984, para ser inhumado no Panteón de Galegos Ilustres, de Santiago de Compostela. Concédese por acordo da Xunta de Galicia, previa proposta das institucións ou entidades galegas, sexa a persoas ou a organismos, coa única condición de que non pode concederse a título póstumo.

Fisicamente, a Medalla Castelao mide 50 mm no seu eixo maior e 36 no menor.[2] Reproduce no anverso a cruz deseñada por Castelao para As cruces de pedra na Galiza, sobre fondo azul, e a lenda "Deus fratresque Gallaeciae"; e no reverso o nome da persoa distinguida e a data de concesión. A medalla vai pendurada cun cordón trenzado en branco e azul.

As Medallas Castelao concédense a un número variable de persoas cada ano.

Galardoadas/os

editar

(Para as edicións anteriores, véxase a correspondente caixa de navegación ao final desta mesma páxina).

2020
2021
2022
2023

2024

Galería de imaxes

editar
  1. Decreto 170/1984, de 27 de xuño, polo que se crea a Medalla Castelao (DOG nº 230, de 13.12.1984).
  2. Imaxe da medalla.
  3. "La atleta Ana Peleteiro, el presentador Xosé Manuel Piñeiro y el grupo A Roda, entre las Medallas Castelao 2020". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-06-19. Consultado o 2020-06-19. 
  4. "Camilo Nogueira, entre las cinco Medallas Castelao 2022" Atlántico Diario.
  5. "Rueda avanza as Medallas Castelao 2023: estas son as persoas premiadas". Nós Diario. 22 de xuño de 2023. 
  6. "Medallas Castelao 2024: Asociación de Médicos Galegos, Leilía, Maite Isla, López Seijas e Borja Golán". Nós Diario. 2024-06-17. Consultado o 2024-06-17. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1