Medalla Sanford Saltus
- Non confundir co Premio Sanford Saltus de Medalla da American Numismatic Society.
A Medalla John Sanford Saltus é a máxima distinción da Sociedade Británica de Numismática (British Numismatic Society). Concédese cunha periodicidade trianual para recoñecer contribucións académicas destacadas á numismática británica.[1]
Medalla Sanford Saltus | |
---|---|
Placa co retrato de John Sanford Saltus (Metropolitan Museum of Art) | |
Outorgada pola British Numismatic Society | |
Tipo | Recoñecemento. |
Graos | Único. |
Elixibilidade | Numismáticos académicos de calquera país. |
Outorgada por | Contribución destacada á numismática británica. |
Descrición | - Metal: ouro. - Deseño: Frank Bowcher. - Peso: 46,49 g. - Diámetro: 44 mm. |
Estadísticas | |
Establecida | 1910 |
Primeira outorgada | 1910 (P. W. P. Carlyon-Britton) |
Última outorgada | Concesión trianual vixente. |
Premiados | Ver listaxe no artigo. |
Historia
editarEsta medalla estabeleceuse en 1910 a partir da doazón feita á Sociedade polo pintor e escultor estadounidense John Sanford Saltus (1853-1922), quen fora anteriormente o seu presidente.
Malia estar concibida inicialmente para se basear nas publicacións feitas no British Numismatic Journal, as normas foron reformuladas en 2005 para abranguer a totalidade das publicacións dun estudoso en materia de numismática británica.[2]
Características
editarTrátase dunha medalla cuñada en ouro, deseñada polo artista Frank Bowcher. O seu peso é de 46,49 gramos e o seu diámetro de 44 milímetros.[3]
- Anverso: imaxe de Britannia en pé cos seus habituais atributos do escudo e o tridente, rodeada pola lenda: THE BRITISH NUMISMATIC SOCIETY.
- Reverso: na parte superior hai unha grilanda coroada e coa data MCMX no seu interior. No campo da medalla lese esta lenda: THE JOHN SANFORD SALTUS MEDAL AWARDED TO [nome do premiado] FOR SCHOLARLY CONTRIBUTIONS TO BRITISH NUMISMATICS [data de concesión. Nalgunhas edicións hai pequenas alteracións desta lenda.[4]
Galardoados coa Medalla Sanford Saltus
editar- 1910: P. W. P. Carlyon-Britton.
- 1911: H. Farquhar.
- 1914: W. J. Andrew.
- 1917: L. A. Lawrence.
- 1920: H. W. Morrieson.
- 1923: H. A. Parsons.
- 1926: G. R. Francis.
- 1929: J. Shirley Fox.
- 1932: C. Winter.
- 1935: R. Carlyon-Britton.
- 1938: W. C. Wells.
- 1941: C. A. Whitton.
- 1944: (non concedido)
- 1947: R. C. Lockett.
- 1950: C. E. Blunt.
- 1953: D. F. Allen.
- 1956: F. Elmore Jones.
- 1959: R. H. M. Dolley.
- 1962: H. H. King.
- 1965: H. Schneider.
- 1968: E. J. Winstanley.
- 1968: C. W. Peck (póstumo).
- 1971: B. H. I. H. Stewart.
- 1974: C. S. S. Lyon.
- 1977: S. E. Rigold
- 1980: M. M. Archibald.
- 1983: D. M. Metcalf.
- 1986: J. E. L. Murray (Joan Clarke).
- 1989: H. E. Pagan.
- 1992: C. E. Challis.
- 1995: J. J. North.
- 1997: P. Grierson (premio especial).
- 1999: R. H. Thompson.
- 2002: E. M. Besly.
- 2005: P. Woodhead.
- 2008: M. A. S. Blackburn.
- 2011: M. R. Allen.
- 2014: N. J. Mayhew.
- 2017: N. M. McQ Holmes.
Notas
editar- ↑ "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
- ↑ B. L. B. (1911).
- ↑ "John Sanford Saltus Gold Medal Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.". The Fitzwilliam Museum. Cambridge.
- ↑ "British numismatic Society, Sanford Saltus Medal". Timothy Millett Limited.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- B. L. B. (1911). "The John Sanford Saltus Gold Medal". En American Journal of Numismatics. Vol. 45. Nº 2. Páxinas 67-68. Abril. American Numismatic Society.