Mestura
Unha mestura é un material formado por dous ou máis compoñentes unidos, pero non mesturados químicamente.[1] Unha mestura non ocorre nunha reacción química e cada un dos seus compoñentes mantén a súa identidade e propiedades químicas. Non obstante, algunhas mesturas poden ser reactivas, é dicir, que os seus compoñentes poden reaccionar entre si en determinadas condicións ambientais, como unha mestura aire-combustible nun motor de combustión interna. É a mestura física de dúas ou máis substancias que reteñen as súas identidades e que se mesturan logrando formar segundo sexa o caso aliaxes, solucións, suspensións e coloides.
Son o resultado do mesturado mecánico de substancias químicas tales como elementos e compostos, sen que existan enlaces químicos ou outros cambios químicos, de forma tal que cada substancia ingrediente mantén as súas propias propiedades químicas.[2] A pesar de que non se producen cambios químicos dos seus compoñentes, as propiedades físicas dunha mestura, tal como por exemplo o seu punto de fusión, poden ser distintas das propiedades dos seus compoñentes. Algunhas mesturas pódense separar nos seus compoñentes mediante procesos físicos (mecánicos ou térmicos), como destilación, disolución, separación magnética, flotación, tamizado, filtración, decantación ou centrifugación.[3] Os azeótropos son un tipo de mestura que polo xeral require de complicados procesos de separación para obter os seus compoñentes.[4]
Clasificación
editarAs mesturas clasifícanse en:[5]
- Homoxéneas.
- Heteroxéneas.
Os compoñentes dunha mestura poden ser:
- Sólidos
- Líquido
- Gaseoso
Mesturas homoxéneas
editarSon aquelas mesturas de elementos uniformes, os seus compoñentes non se poden diferenciar a primeira ollada. Coñécense co nome de solucións e están constituídas por un soluto e un disolvente.[6] Por exemplo, a auga mesturada con sales minerais ou con azucre ou con vinagre.
Mesturas heteroxéneas
editarUnha mestura heteroxénea é aquela que posúe unha composición non uniforme na cal se poden distinguir facilmente os seus compoñentes. Está formada por dous ou máis substancias fisicamente distintas, distribuídas en forma desigual. As partes dunha mestura heteroxénea poden separarse facilmente.[6] Poden ser grosas ou suspensións de acordo ao tamaño da substancia.
- Mesturas grosas: o tamaño das partículas é apreciable, por exemplo: as ensaladas, concreto (cemento) etc.
- Suspensións: as partículas deposítanse co tempo, polo xeral ten a lenda "axítese ben antes de utilizar", por exemplo: medicamentos, aceite con auga, auga con talco etc.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Atkins, P.W.; De Paula, Julio (2002). Physical Chemistry (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-879285-9.
- Barbosa Saldaña, Juan Gabriel; Gutiérrez Torres, Claudia del Carmen; Jiménez Bernal, José Alfredo (2015). Termodinámica para Ingenieros (ebook) (1ª ed.). México: Grupo Editorial Patria. ISBN 9786077442707.
- De Oña Baquero, Carmen María; Serrano Pérez, Diego (2012). Mantenimiento básico de máquinas e instalaciones en la industria alimentaria (en castelán). Antequera: IC Editorial. ISBN 978-8483649794.
- Osorio Giraldo, Rubén Darío (2009). Manual de técnicas de laboratorio químico (en castelán). Antioquía: Editorial Universidad de Antioquía. ISBN 978-958-714-265-5.
- Rico Galicia, Antonio; Zoreda, María José Castellanos; Pérez Orta, Rosa Elba (1997). Química I. Agua y oxígeno (en castelán). México DF: UNAM. ISBN 9789683659118.
- Villarquide Jevenois, Ana (2005). La pintura sobre tela II: alteraciones, materiales y tratamientos de restauración (en castelán). Madrid: Editorial NEREA. ISBN 9788489569508.