Metafísica
póla da filosofía
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
A metafísica (do latín "metaphysica", que vén do grego metá que significa “tras, máis aló”, e phýsis que significa “natureza”) defínese como algo que está máis aló do físico, dedicando o seu estudo ao abstracto do Ser e de Deus. É unha parte fundamental da filosofía que trata o estudo do Ser e das súas propiedades, principios, causas e fundamentos de existencia.
Subdivídese en ontoloxía (estudo do ser en xeral) e teoloxía (estudo do ser divino).