Microfilme
O microfilme é un sistema analóxico e fotográfico para a conservación, xestión e difusión de documentos.[1] Foi inventado en 1859 en París por René Dagron.
A súa produción está sometida a un alto grao de normalización, tanto na súa metodoloxía como nos materiais empregados e un estrito control dos produtos resultantes.[2]
O seu obxectivo é obter unha reprodución exacta do documento orixinal, representado nun grao de redución determinado e coñecido, sobre un soporte fotográfico normalizado e cuxa posición dentro dunha serie documental poida establecerse.
Todo isto fai que cada unha das súas imaxes teña un valor individual e que as institucións e mesmo os gobernos dalgúns países acepten o microfilme como un documento con valor probatorio nos xulgados.[3]
Microficha
editarA microficha[4] é unha variante plana, que resolve as dificultades de mantemento das bobinas. Ambos formatos tiñan a vantaxe de reproducir unha gran cantidade de información nun pequeno volume. Até a chegada dos métodos dixitais ou electrónicos, era a solución máis empregada para reducir o volume de documentos en papel ou para distribuír documentos raros ou preciosos, dos que a consulta con demasiada frecuencia do orixinal podía contribuír á súa deterioración. Tiñan a desvantaxe de que tanto as bobinas de microfilme como as microfichas estaban suxeitas a un desgaste considerable debido á súa manipulación.
Tamén tiña unha función militar, debido á posibilidade de transportar en segredo unha gran cantidade de información. Antes da aparición de Internet, as microfichas usábanse na industria para poñer a disposición debuxos técnicos e identificar compoñentes. O método permitiu deixar unha copia da Biblia na lúa en só catro centímetros cadrados.[5] A pesar da súa boa fiabilidade, o formato analóxico do soporte non permite procuras automatizadas.
Notas
editar- ↑ "Dicionario; microfilmar". Real Academia Galega. Consultado o 2023-06-20.
- ↑ Véxase a descrición da norma ISO en «ISO 6199:2005: Micrographics - Microfilming of documents on 16 mm and 35 mm silver-gelatin type microfilm - Operating procedures» na web do www.iso.org
- ↑ "Lector de Microfilm ; Museo de Tecnologías de la Información, Comunicación y Entretenimientos". web.unicen.edu.ar. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2023. Consultado o 2023-06-20.
- ↑ "Dicionario ; microficha". Real Academia Galega. Consultado o 2023-06-20.
- ↑ Pons, ACN / Cristian. "'Expo Bíblia' mostra un exemplar en microfitxa com el de la Bíblia que es va deixar a la superfície de la lluna - 17 febrer 2008". El Punt Avui (en catalán). Consultado o 2023-06-20.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- KEEN, J.A., ROPER, M. (1984). "Planning, equipping and staffing a document reprographic service: a RAMP study with guidelines" 92 p. (PGI/-84/WS/8). París: UNESCO. / Dispoñíbel tamén en castelán "Planificación, equipamiento y dotación de personal de un servicio reprográfico de documentos: un estudio del RAMP con directrices" - UNESCO Digital Library
- KÖRMENDY, Lajos (1989). Manual of archival reprography. Edited by, compilar by Ted. F. Powell, George Weill. Paris, etc.: ICA, 223 p. Saur, ICA Handbooks series, vol. 5. 3598202776.