Miguel I de Romanía

Miguel I de Romanía (Mihai I en romanés), nado en Sinaia o 25 de outubro de 1921 e finado en Aubonne (Suíza) o 5 de decembro de 2017, chamado Príncipe de Hohenzollern, foi un aristócrata romanés e rei e xefe de estado de Romanía en dúas ocasións da primeira metade do século XX. Reinou coma rei dos romaneses (en romanés Maiestatea Sa Mihai I Regele Românilor) do 20 de xullo de 1927 ao 8 de xuño de 1930, e outra vez do 6 de setembro de 1940 até o 30 de decembro de 1947 cando foi deposto; dende entón viviu no exilio ata que en 1997 se lle permitiu volver a Romanía.

Modelo:BiografíaMiguel I de Romanía

(2007) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ro) Mihai I Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1921 Editar o valor en Wikidata
Foișor Castle (Reino de Romanía) Editar o valor en Wikidata
Morte5 de decembro de 2017 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Aubonne, Suíza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteleucemia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Curtea de Argeș (pt) Traducir
Royal Cathedral of Curtea de Argeș (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lista de reis da Romênia (pt) Traducir
6 de setembro de 1940 – 30 de decembro de 1947 (Romanian coup d'état of December 30th, 1947 (en) Traducir)
← Carlos II da Romênia (pt) TraducirSupresión do cargo →
Lista de reis da Romênia (pt) Traducir
20 de xullo de 1927 – 8 de xuño de 1930
← Fernando I de RomaníaCarlos II da Romênia (pt) Traducir →
Senador da Roménia (pt) Traducir
Head of the House of Romania (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAubonne (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa e Cristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e guerra Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmonarca, aviador, líder militar, Corredor de bolsa Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militartenente de segunda (1937–)
Marshal of Romania (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoFronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPríncipe (1921–)
Príncipe (1921–)
Grão-príncipe (pt) Traducir
Crown Prince of Romania (en) Traducir
Lista de reis da Romênia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Hohenzollern-Sigmaringen (Romania) (en) Traducir e Casa da Romênia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAna de Bourbon-Parma (1948–2016), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosMargareta da Romênia, Princesa Elena da Romênia, Princesa Irina da Romênia, Princess Sophie of Romania, Princess Maria of Romania Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos II da Romênia Editar o valor en Wikidata  e Helena de Grecia Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarol Lambrino Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
10 de xuño de 1948Wedding of Michael I of Romania and Princess Anne of Bourbon-Parma (en) Traducir
23 de agosto de 1944Golpe de Estado na Romênia em 1944 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Biographical Dictionary of Central and Eastern Europe in the Twentieth Century (en) Traducir
Q115101618 Traducir >>>:Michal I. Rumunský, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1276041 WikiTree: Hohenzollern-Sigmaringen-6 Find a Grave: 185710591 Editar o valor en Wikidata
Miguel I de Romanía.

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Miguel era fillo do príncipe herdeiro Carlos de Romanía (Carol ao României) e da Princesa Helena de Grecia, e neto do Rei Fernando I de Romanía (Ferdinand ao României), que reinaba para ese entón.

É tataraneto da raíña Vitoria I e primo en terceiro grado da raíña Isabel II, do Rei de España Xoán Carlos I, do rei Carlos XVI Gustavo de Suecia, da raíña Margarida II de Dinamarca, e do rei Haroldo V de Noruega.

Primeiro período de reinado

editar

Cando Carlos foxe coa súa amante Helena Magdalena Lupescu (de ascendencia xudía, máis tarde esposa) é obrigado polo seu pai Fernando I de Romanía a renunciar ao trono do país en xaneiro de 1926 e as autoridades designan como herdeiro a Miguel.

Á morte do seu avó, o 27 de xullo de 1927 e con tan só 6 anos foi proclamado Rei de Romanía, aínda que á fronte do país quedaba un consello de rexencia que o seu avó proclamou no seu testamento póstumo encabezado polo seu tío, o príncipe Nicolao de Romanía e integrado ademais polo Patriarca Miron Cristea e Jorge Buzdugan, Presidente do Tribunal Supremo.

No seu curto primeiro período de reinado e baixo o goberno da rexencia, Romanía continuou experimentado un crecemento económico debido basicamente á exportación do petróleo e recibindo unha grande influencia cultural de Francia. Os efectos da gran crise económica mundial de 1929 tamén afectaron á crecente economía romanesa e a situación social desestabilizouse.

Regreso de Carlos II

editar

En 1930 o seu pai regresou repentinamente ao país na invitación de políticos descontentos coa rexencia, e aproveitando a situación de minoría de idade do seu fillo e a complicada situación política en Europa recuperou o trono o 8 de xuño de 1930 como Carlos II, designando a Miguel como o Príncipe herdeiro.

Nos dez anos que durou o reinado do seu pai (1930 - 1940), Miguel I, de novo príncipe, aproveitou para recibir unha educación adecuada á súa futura responsabilidade. No ámbito internacional Carlos II non puido evitar a caída de Romanía no área de influencia xermano italiana. Dise que como resultado do pacto xermano soviético Ribbentrop - Molotov, Romanía, segundo unha cláusula secreta que ninguén atopou aínda e que parece inventada polos occidentais, perdeu ante a URSS Besarabia (actual República Moldova) e Bucovina, que Rusia gañara na guerra contra Turquía e que lle foron arrebatados aproveitando o descontrol da Revolución. No ámbito interno a aparición da Garda de Ferro e a violencia que esta desencadeou entúrbeo a vida social e política romanesa ante a impotencia do rei Carlos II. Ante todo isto o rei abdicou no seu fillo o 5 de setembro de 1940 e fuxiu do país deixando a Miguel I á fronte da monarquía romanesa nun momento moi delicado. Miguel foi coroado rei o 6 de setembro de 1940.

Segundo período de reinado

editar

Con só 19 anos Miguel I accedía ao trono de novo, xusto nun dos momentos de máxima debilidade de Romanía. Este feito foi aproveitado por Hitler e Mussolini para obrigar aos romaneses a ceder o norte de Transilvania ao réxime pro-alemán de Hungría (30 de agosto de 1940).

Ante a necesidade de poñer á fronte do país un goberno forte que acabase coas desordes internas e evitase máis disgregacións territoriais, en setembro de 1940 Miguel I deu a dirección do goberno ao Xeneral Ion Antonescu. O goberno deste creu conveniente participar na segunda guerra mundial no bando da Alemaña de Hitler. Cedeuse o sur de Dobrudja a Bulgaria baixo a promesa de que se devolvería o norte de Transilvania.

Antonescu se erixiu como conducator e proclamou o "Estado lexionario". Romanía foi ocupada polo exército alemán en outubro de 1940. En xaneiro de 1941 o goberno Antonescu decretou a ilegalidade de todos os partidos políticos, mentres a Garda de Ferro eliminaba a numerosos políticos. En xuño de 1941 Romanía declaraba a guerra á URSS ocupando os territorios de Bucovina e Besarabia arrebatados polos soviéticos un ano antes, ademais de participar activamente na campaña do leste da segunda guerra mundial á beira do exército alemán.

Aínda que ao comezo os éxitos acompañaron aos exércitos romaneses que ocuparon Odesa e se anexionaron Transnistria. En 1942 os alemáns empezaron a ser derrotados na fronte do leste e a opinión pública romanesa e o propio Miguel I empezaron a ver a conveniencia de deixar o Eixo ante a derrota final deste.

Seguindo indicacións de Miguel I, o ministro de Asuntos Exteriores Mihail Antonescu iniciou contactos co Reino Unido e os Estados Unidos para asinar un armisticio cos aliados. Ante a caída da fronte do Leste e a ofensiva soviética, o 23 de agosto de 1944 Miguel I ordenou deter ao Goberno Antonescu e formou un goberno de concertación que pediu oficialmente o armisticio aos aliados ese mesmo día.[1] Ao día seguinte, Romanía retirouse do Pacto Tripartito.

Despois do bombardeo alemán de Bucarest, o goberno romanés declarou a guerra ao Eixo o 25 de agosto.[1] O 12 de setembro de 1944 asinou o armisticio de Moscova polo que Romanía renunciaba a Basarabia e o norte de Bucovina (que os recuperou a URSS), o sur de Dobrudja (cedida a Bulgaria), pero recuperaba o norte de Transilvania, ocupada por Hungría tralo Segundo arbitraxe de Viena.[1] Tamén se aceptou pagar en concepto de reparación de danos de guerra aos aliados a cantidade de 300 millóns de dólares.

Caída de Miguel I

editar

Coa guerra concluída e o país ocupado polas tropas soviéticas a posición de Miguel I debilitouse. Desde finais de 1944 ata marzo de 1945 formouse un goberno de coalición integrado polo Partido Comunista Romanés (PCR), o Partido Nacional Liberal (Partidul National Liberal - PNL), o Partido Campesiño Cristián Democrático (Partidul Taranesc Crestin si Democratic - PTCD) e o Partido Socialdemócrata (Partidul Socialdemócrata - PSD) cun marcado aire anti-ocupación soviética.

O 6 de marzo de 1945, Petru Groza, seguindo ordes da URSS, excluíu do goberno aos membros do PTCD e do PNL, deu aos comunistas diversos ministerios clave e promulgou a reforma agraria o 25 de marzo do mesmo ano. Ante todo isto Miguel I intentou en balde a intervención do Reino Unido e os Estados Unidos para evitar a caída de Romanía na órbita soviética.

Finalmente o goberno de Petru Groza amañou as eleccións xerais do 19 de marzo de 1946 que deron unha abafadora maioría á fronte Nacional Democrático que encadraba ao PCR e outros partidos minoritarios. Tralas eleccións e ante as denuncias de fraude electoral o PNL e o PTCD foron declarados ilegais (agosto de 1947) e a Asemblea Xeral, constituída na súa totalidade polos comunistas, obrigou ao rei Miguel I a abdicar e foi expulsado de Romanía e desposuído da cidadanía romanesa. Refuxiouse en Londres, ata que se trasladou a Suíza.

Matrimonio e fillos

editar

Casou o 10 de xuño de 1948 coa Princesa Ana de Borbón-Parma, con quen tivo cinco fillas:

Actualmente reside en Romanía, onde ten fixado o seu domicilio no Palacio Elisabeta, en Bucarest. En 1997 devolvéuselle a cidadanía romanés e as súas antigas posesións como o Castelo Peleş de Sinaia, dentro do proceso de reconciliación que propiciou o presidente Ion Iliescu (ex militante do PCR) no ano 2000. En Romanía mantén o padroado a diversas obras sociais de beneficencia.

Miguel de Romanía pronunciou o 25 de outubro de 2011 o seu primeiro discurso ante o Parlamento do seu país desde 1947, cando foi derrocado polo réxime que impuxo a Unión Soviética trala segunda guerra mundial.[2]

Distincións honoríficas

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 Batowski, Henryk: "Diplomatic Events in East-Central Europe in 1944", East European Quarterly, 5:3 (1971)
  2. Miguel de Rumanía vuelve al Parlamento 64 años después en ABC.es

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Fernando I
Rei de Romanía
1927-1930
Sucesor:
Carlos II
Predecesor:
Carlos II
Rei de Romanía
19401947
Sucesor:
No cargo (como pretendente)
  NODES
Intern 3
iOS 4
os 108
todo 6