Minoru Yamasaki
Minoru Yamasaki (山崎實, Yamasaki Minoru), nado o 1 de decembro de 1912 e falecido o 7 de febreiro de 1986, foi un arquitecto estadounidense de orixe xaponesa, coñecido por deseñar as Torres Xemelgas, os edificios 1 e 2 do World Trade Center de Nova York. Yamasaki foi un dos arquitectos máis prominentes do século XX. Xunto co arquitecto Edward Durell Stone é considerado como un dos máis grandes practicantes do "modernismo romántico" e do neoformalismo na arquitectura.
Nome orixinal | (en) Minoru Yamasaki (ja-hani) 山崎 實 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de decembro de 1912 Seattle, Estados Unidos de América |
Morte | 6 de febreiro de 1986 (73 anos) Bloomfield Hills (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | cancro de estómago |
Residencia | Minoru and Teruko (Hirashiki) Yamasaki House (en) |
Educación | Universidade de Washington Instituto Politécnico da Universidade de Nova Iorque (pt) Garfield High School (en) Bates College Universidade de Nova York Auburn Senior High School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Nova York |
Ocupación | arquitecto |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ямасаки Минору) Obálky knih, |
Traxectoria
editarMinoru Yamasaki naceu en Seattle, Washington, fillo de John Tsunejiro Yamasaki e Hana Yamasaki, que emigraran do Xapón. Creceu na cidade de Auburn, Washington, nunha familia de baixos ingresos, o seu pai era axente de vendas e a súa nai pianista de profesión.[1] Estudou a preparatoria na escola pública Auburn Senior High School. Inspirado polo seu tío, Koken Ito, que era arquitecto, inscribiuse ao programa de arquitectura da Universidade de Washington en 1929, e obtivo o seu título como arquitecto (Bachelor of Architecture) en 1934.[2] Lionel Pries, empregado na universidade onde estudaba, apoiouno e animouno durante os seus estudos universitarios. Yamasaki gañou o diñeiro necesario para pagar a súa colexiatura traballando nunha envasadora de salmón en Alasca.[3]
Na década de 1930, durante a Gran Depresión, Yamasaki trasladouse a Nova York, onde conseguiu un emprego no estudio de arquitectos Shreve, Lamb and Harmon, deseñadores do Empire State. Obtivo tamén un título de mestría en arquitectura pola Universidade de Nova York, e uns anos máis tarde incorporouse ao despacho Harrison and Abramovitz, responsábel do deseño do Rockefeller Center.[1] Yamasaki contraeu matrimonio con Teruko Hirashiki en 1941, con quen tivo tres fillos. Separouse de Hirashiki en 1961, pero a parella reuniuse oito anos máis tarde, despois de dous matrimonios curtos por parte de Yamasaki.[1] En 1945, á idade de 33 anos, mudouse a Detroit, onde grazas aos seus antecedentes en Nova York logrou ser contratado polo despacho Smith, Hinchman, and Grylls.[4] O despacho axudou a evitar que Yamasaki fose concentrado pola súa etnia xaponesa durante a segunda guerra mundial, e Yamasaki mesmo refuxiou aos seus pais en Nova York.[5] Yamasaki deixou o despacho en 1949, e formou un propio xunto con dous socios.[4]
O primeiro traballo significativo de Yamasaki foi o proxecto urbanístico Pruitt-Igoe, completado en 1955. En 1964 Bates College outorgou a Yamasaki un doutoramento honoris causa en belas artes. A construción das Torres Xemelgas do World Trade Center, obra máis representativa de Yamasaki, comezou un ano despois e foi concluída en 1973. Yamasaki morreu de cancro en Bloomfield Hills (Míchigan) en 1986, aos 73 anos de idade.[1] O seu despacho, Yamasaki & Associates, pechou o 31 de decembro de 2009.[6]
Obra
editarOs proxectos elaborados por Yamasaki correspondían á súa filosofía persoal, que dicía que cando unha persoa entra nun edificio debe sentir serenidade e alegría. Con iso Yamasaki quería fuxir dos edificios pesados, realizados con materiais agresivos, de formas complexas e carentes de luz natural abonda. Ao longo da súa traxectoria, deseñou numerosos proxectos nos que incorporou estes criterios, xa fosen edificios de vivenda, de oficinas, de carácter público ou universitario, ou aeroportos. O seu proxecto principal, polo que chegou a ser coñecido en todo o mundo, mesmo polo público, foi o World Trade Center de Nova York (posteriormente destruído polos atentados terroristas do 11 de setembro do 2001). O deseño do complexo iniciouse a principios dos anos 1960 e a construción en 1966. As Torres Xemelgas termináronse en 1973, e expresaban á perfección as ideas do seu creador, en canto a claridade de liñas, ausencia de elementos agresivos, e formas sinxelas e facilmente comprensíbeis.
Obras principais
editar- Pavillón da Ciencia dos Estados Unidos, Exposición Universal de 1962 (Seattle, Estados Unidos).
- Biblioteca Irwin, Universidade Butler (Butler, Idaho, Estados Unidos).
- Consulado Xeral dos Estados Unidos (Kobe, Xapón).
- Centro de Artes Dramáticas (Tulsa, Oklahoma, Estados Unidos).
- Conservatorio de Música, Auditorio Warner e Edificio King, Universidade de Oberlin (Ohio, Estados Unidos).
- Hotel Century Plaza, Century City (Os Ánxeles, Estados Unidos).
- Century Plaza Towers (Os Ánxeles, Estados Unidos).1975
- One Woodward Avenue, Detroit, 1962
- McGregor Memorial Conference Center, Universidade Estatal Wayne (Detroit, Estados Unidos).
- World Trade Center (Nova York, Estados Unidos), 1973.
- One Williams Center (Tulsa, Oklahoma, Estados Unidos), 1975.
- Rainier Tower, Seattle, 1977.
- Pavillón de Deportes Cowling e Edificios, Universidade Carleton (Northfield, Minnesota, Estados Unidos).
- Edificios residenciais Pruitt-Igoe (San Luís, Misuri, Estados Unidos).
- Edificio de vendas rexional de Reynolds Metals (Detroit, Míchigan, Estados Unidos).
- Instituto Americano do Formigón (Detroit, Míchigan, Estados Unidos).
- Aeroporto de San Luís (San Luís, Misuri, Estados Unidos).
- Edificio do American Natural Resources (Detroit, Míchigan, Estados Unidos).
- Terminal no aeroporto de Dhahran (Arabia Saudita).
- Oficinas principais da Axencia Monetaria de Arabia Saudita (Riad, Arabia Saudita).
- Edificio Founder's Hall, Shinji Shumeikai (Shiga, Xapón).
- Templo da congregación Beth El (Bloomfield, Míchigan, Estados Unidos).
- Torre Picasso (Madrid, España), 1988.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Crowley, Walt. Yamasaki, Minoru (1912-1986), Seattle-born architect of New York's World Trade Center. HistoryLink.org - The Free Online Encyclopedia of Washington State History. 3 de marzo de 2003.
- ↑ Esterow, Milton (21 de setembro de 1962). Architect Named for Trade Center. The New York Times.
- ↑ Center Will Reflect Architectural Collaboration. The New York Times. 19 de xuño de 1964.
- ↑ 4,0 4,1 Huxtable, Ada Louise (25 de novembro de 1962). Pools, Domes, Yamasaki - Debate. The New York Times.
- ↑ Yamasaki, Minoru 1912-. Encyclopedia.com.
- ↑ Gallagher, John. A Once Eminent Firm Meets a Bitter End Arquivado 11 de outubro de 2011 en Wayback Machine.. Architectural Record. 28 de xaneiro de 2010.