Miyoshi Umeki
Miyoshi Umeki (梅木 美代志 ou ミヨシ・ウメキ), nada en Otaru (Hokkaido) o 8 de maio de 1929 e finada en Licking (Missouri) o 28 de agosto de 2007[1] foi unha actriz e cantante xaponesa nacionalizada estadounidense. Foi a primeira e única muller asiática gañadora dun Oscar á interpretación.[2]
Nome orixinal | (ja) 梅木 美代志 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de maio de 1929 Otaru (Xapón) |
Morte | 28 de agosto de 2007 (78 anos) Licking (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | cancro |
Outros nomes | ナンシー梅木 |
Actividade | |
Ocupación | cantante, actriz de cinema, músico de jazz, actriz de teatro, actriz de televisión, actriz |
Período de actividade | 1950 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Premios | |
| |
|
Traxectoria
editarNada en Otaru, Umeki foi a máis pequena de nove irmáns. O seu pai era o propietario dunha fábrica de ferro.[1] Trala segunda guerra mundial Umeki comezou a súa carreira como cantante de club nocturno no Xapón, usando o nome de Nancy Umeki,[3] As súas influencias eran o teatro kabuki tradicional e a música pop estadounidense.[1]
Entre 1950 e 1954 gravou para a RCA Victor Japan[1] e apareceu no filme Seishun Jazu Musume. Gravou especialmente standards de jazz, que cantaba en parte en xaponés e en parte en inglés ou unicamente en cada idioma. En 1955 instalouse nos Estados Unidos[1][3] e tras aparecer en Arthur Godfrey Talent Scouts asinou un contrato con Mercury Records e gravou varios sinxelos e dous álbums.[1]
As súas intervencións no programa de Godfrey chamaron a atención do director Joshua Logan, que a contratou para Sayonara.[2] Umeki gañou o Oscar á mellor actriz secundaria por este filme.
En 1958 foi candidata ao Tony polo musical Flower Drum Song. Tamén apareceu na adaptación cinematográfica do mesmo musical[3] e foi candidata ao Globo de Ouro.
Aínda que foi unha invitada habitual en programas televisivos, só apareceu en catro filmes desde 1962. Foi de novo candidata ao Globo de Ouro polo seu papel en The Courtship of Eddie's Father (1969-1972), mais tras acabar a serie retirouse da interpretación.
Umeki viviu durante varios anos en Sherman Oaks[3] antes de mudarse a Licking, Missouri, para estar preto da súa familia. Faleceu dun cancro aos 78 anos.[4]
Filmografía
editarAno | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1953 | Seishun Jazz musume (青春ジャズ娘 Seishun jazu musume) | Kashu | |
1956 | Around the World Revue | Nancy Umeki | coñecida tamén como Universal Musical Short 2655: Around the World Revue |
1957 | Sayonara | Katsumi | |
1961 | Flower Drum Song | Mei Li | |
1961 | Cry for Happy | Harue | |
1962 | A Girl Named Tamiko | Eiko | |
1962 | The Horizontal Lieutenant | Akiko |
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1955 | Arthur Godfrey and His Friends | Ela mesma | |
1957 | The Perry Como Show | Ela mesma | 1 episodio |
1958–61 | The Dinah Shore Chevy Show]] | Ela mesma | Episodio #2.32 (1958), Episodio #4.16 (1960), Episodio #5.17 |
1958 | What's My Line? | Ela mesma – Invitada misteriosa | Episodio #414 o 11 de maio de 1958 |
1958 | The Tennessee Ernie Ford Show | Ela mesma | Episodio #2.25 |
1958 | Bing Crosby's White Christmas: All-Star Show | Ela mesma | It Might as Well Be Spring |
1959 | The Chevy Showroom Starring Andy Williams | Ela mesma | Episodio #2.2 |
1959 | Toast of the Town | Cantante | |
1961 | Here's Hollywood | Ela mesma | Episodio do 27 de decembro de 1961 |
1961–62 | The Donna Reed Show | Kimi | 2 episodios: "The Geisha Girl" (1961), "Aloha, Kimi" (1962) |
1962 | The Andy Williams Show]] | Ela mesma | Episodio do 11 de outubro de 1962, Episodio do 13 de decembro de 1962 |
1962 | Hallmark Hall of Fame | Lotus-Blossom | "The Teahouse of the August Moon" |
1962 | Sam Benedict | Sumiko Matsui | "Tears for a Nobody Doll" |
1963 | Rawhide | Nami | "Incident of the Geisha" |
1963 | Dr. Kildare | Hana Shigera | "One Clear Bright Thursday Morning" |
1964 | Burke's Law | Mary 'Lotus Bud' Ling | "Who Killed the Paper Dragon?" |
1964 | O Virxiniano | Kim Ho | "Smile of a Dragon" |
1964 | Mister Ed | Ako Tenaka | "Ed in the Peace Corps" |
1964 | The Celebrity Game | Ela mesma | Episodio do 19 de abril de 1964 |
1969 | The Queen and I | Japanese Bride | "The Trousseau" |
1969–72 | The Courtship of Eddie's Father | Mrs. Livingston | 66 episodios |
1971 | This Is Your Life | Ela mesma | Dedicado a Bill Bixby |
1971 | The Pet Set | Ela mesma | Episodio do 30 de xuño de 1971 |
1971 | The Merv Griffin Show | Ela mesma | Episodio do 29 de marzo de 1971 |
1972 | Salute to Oscar Hammerstein II | Ela mesma |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Bernstein, Adam. "Actress Miyoshi Umeki, 78, Dies of Cancer". The Washington Post. 5 de setembro 2007.
- ↑ 2,0 2,1 "Oscar winner Miyoshi Umeki dies at 78". USA Today. 5 de setembro de 2007.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Lavietes, Stuart. "Miyoshi Umeki, Oscar-winning actress, dies at 78" Arquivado 09 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.. International Herald Tribune. 6 de setembro de 2007.
- ↑ Miyoshi Umeki, 78, Actress Who Won an Oscar in ’57, Dies
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miyoshi Umeki |
Ligazóns externas
editar- Miyoshi Umeki na IMDb (en inglés).