Moeda cuñada en Galicia
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Historia da moeda en Galicia" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
As primeiras moedas cuñadas en Galicia datan do ano 25 a.C., cando o emperador romano Augusto deu ordes de cuñar nunha ceca móbil establecida en Lucus Augusti moedas provinciais de bronce (ases, semis, dupondios e sestercios) coas que poder financiar as guerras que mantiña contra os cántabros e os ástures. E durante todo o Imperio Romano seguiu a ser Lucus Augusti a ceca predominante de Gallaecia. Coa chegada dos suevos e visigodos adquiren importancia tamén Tui e Valdeorras.
A Real Casa da Moeda da Coruña (1210/1230-1665/1700) e en menor medida a Ceca de Santiago de Compostela (1079-1379) e outras Tui e Ourense serán as principais emisoras durante a Idade Media. En 1107 Diego Xelmírez conseguiu do rei Afonso VI o privilexio de cuñar moeda. Xa na época moderna A Coruña é a única que continuou producindo moeda, ata que en 1696 finaliza a súa produción.
A última ceca que se estableceu en Galicia foi a Real Casa da Moeda de Xuvia, que emitiu moeda entre 1811 e 1868.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- BELLO PLATAS, Ana Isabel (2006). A ceca de Xuvia. A derradeira fábrica de moeda de Galicia. Edicións Embora, Ferrol. ISBN 84-95460-55-6.
- IGLESIAS ALMEIDA, Ernesto (2010). As moedas medievais galegas. Serie Trivium de Editorial Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-34-4.
- MURO CARVAJAL, José (1888). Casa Real de la moneda de La Coruña. Coruña.
- OROL PERNAS, Antonio (1980). "Numismática gallega". en Nvmisma, núm. 162-164. Madrid.
- PAZ BERNARDO, Jaime (1991). Las monedas acuñadas en Galicia. FILABO S.A. ISBN 84-4043158-9.
- PAZ BERNARDO, Jaime (2002). Moedas galegas. Do século IX a.C. ó século XXI d.C.
- PITA FERNÁNDEZ, Ricardo Luís (1999). Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela. ISBN 84-605-9958-2.
- PITA FERNÁNDEZ, Ricardo Luís (1996). A Real Casa da Moeda de Xubia: breve historia e catálogo das súas cuñacións. Andavira, Santiago de Compostela. ISBN 84-89641-37-4
Outros artigos
editar- Historia da moeda en Galicia
- Ceca de Lucus Augusti
- Ceca de Santiago de Compostela
- Real Casa da Moeda da Coruña
- Real Casa da Moeda de Xuvia
- Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda
- Moeda da Antiga Roma
- Moeda visigoda