Moeda de Terra Nova
A moeda de Terra Nova é a emitida para a súa circulación neste territorio norteamericano, inicialmente como colonia británica, ata 1907, e posteriormente como dominio británico, ata 1949, data en que Terra Nova e Labrador pasa a constituírse como provincia do Canadá.
Antecedentes
editarAs primeiras moedas utilizadas en Terra Nova, do mesmo xeito que no resto do Canadá, foron as levadas consigo polos primeiros colonos e polos comerciantes que se achegaban ás súas costas.[1]
En tanto que nos territorios de influencia francesa abundaban as moedas dese país, as moedas de uso común en Terra Nova naquela primeira época procedía maioritariamente de Gran Bretaña e tamén doutros países que tiñan actividade pesqueira na zona, como Portugal.[1]
Emisións privadas de comerciantes
editarNeste contexto, á medida que os intercambios comerciais ían xerando unha maior necesidade de moeda circulante, algúns comerciantes e entidades locais comezaron a cuñar as súas propias moedas, baixo o sistema monetario inglés, coñecidas na tradición anglosaxoa como tokens.[1][2]
Os irmáns Rutherford
editarAs primeiras destas moedas privadas en Terra Nova emitíronse en 1841 en San Xoán, co valor de medio penique, a cargo dos irmáns Robert e I. S. Rutherford, establecidos en 1840 como comerciantes nesa cidade.[1]
Nos seus anversos amosan o escudo familiar dos Rutherford e nos reversos unha ovella colgada, coa lenda R & I:S:RUTHERFORD * St JOHN'S NEWFOUNDLAND. Hai dúas variedades destes tokens, unha con data de 1841 baixo o escudo do anverso e outra sen ela, que podería estar cuñada ese mesmo ano ou no anterior.[4]
En 1846, logo de que un incendio destruíse o establecemento de San Xoán, outros dous irmáns dos Rutherford, chamados George e Andrew, abriron un novo comercio na vila de Harbour Grace e posteriormente fixeron unha nova emisión de tokens, tamén co valor de medio penique. A súa tipoloxía é moi semellante á da emisión anterior, coa diferenza das lendas do reverso: RUTHERFORD BROS. * HARBOUR GRACE NEWFOUNDLAND.[1][5]
O gravado destas moedas, tanto as de 1841 como as de 1846, atribúeselles a Boulton e Watt, e a cuñaxe realizouse en Birmingham, Inglaterra, ou ben na Ceca de Soho, ou ben na de Ralph Heaton & Sons, ou con subcontratacións entre ambas.[2]
Peter McAuslane
editarOutra das primeiras emisións privadas de moeda en Terra Nova foi a levada a cabo na década de 1840 (ca. 1844) por Peter McAuslane, un comerciante xeral de San Xoán.[1] A partir do mencionado incendio producido nesta cidade en 1846, McAuslane trasladou o seu establecemento á provincia do Alto Canadá, o actual Ontario.
No anverso desta moeda, con valor dun cuarto de penique (farthing), amósase a lenda PETER McAUSLANE ST. JOHN'S NEWFOUNDLAND, en tanto que no reverso, a lenda SELLS ALL SORTS OF SHOP & STORE GOODS rodea a imaxe dunha vide con flores.[6]
Emisións anónimas
editarOutras dúas emisións posteriores carecen de mención ao emisor e tamén á localización xeográfica. Coñécense senllas moedas de medio penique, unha primeira con data de 1858 e unha segunda con data de 1860:[1]
- O medio penique de 1858, do que se coñecen moi poucos exemplares, amosa no anverso un barco moi similar ao dos tokens da Illa do Píncipe Eduardo. O reverso está ocupado unicamente pola data: 1858. Os cuños desta moeda foron gravados por Ralph Heaton e a cuñaxe produciuse na ceca privada Ralph Heaton & Sons, en Birmingham.[7]
- O medio penique de 1860, tamén moi escaso, amosa a data na parte central do anverso, no interior dun círculo e rodeada pola lenda FISHING RIGHTS FOR NEWFOUNDLAND. A lenda do reverso, situada no centro, é: RESPONSIBLE GOVERNMENT AND FREE TRADE. Con estas inscricións faise unha declaración política acerca da promoción da industria pesqueira e a apelación á responsabilidade do Goberno, logo da sinatura dun tratado por parte dos principais estados con intereses pesqueiros.[8]
Moedas do dólar de Terra Nova (1865-1947)
editar- Véxase tamén: Dólar de Terra Nova
En 1865, Terra Nova adoptou o dólar como moeda do sistema decimal, do mesmo xeito que o fixeran o Canadá, Novo Brunswick e Nova Escocia.
Terra Nova foi o único territorio de soberanía británica en América do Norte cunha moeda propia de ouro —aínda que na ceca de Otava tamén se producían soberanos británicos—. Nun principio pensouse en producir neste metal moedas dun dólar, aínda que se pensou que os pescadores as poderían perder por mor do seu reducido tamaño; por este motivo decidiuse crear as moedas de dous dólares en ouro.[9][10]
Cecas
editarA combinación entre a data de cuñaxe e a presenza ou a ausencia dunha marca de ceca indica o lugar de produción destas moedas. As moedas canadenses emitidas entre 1858 e 1907 foron, todas elas, cuñadas en Inglaterra; se carecen de marca de ceca proceden da Royal Mint, en Londres, e se teñen a marca "H" foron cuñadas na ceca de Heaton, en Birmingham.[11] En 1908 a Royal Mint estableceu unha das súas sucursais en Otava, que daría lugar á posterior Casa da Moeda do Canadá; as moedas procedentes desta ceca amosan un "C" como marca de ceca.[1][12]
Moedas emitidas
editarEstes son os modelos e os valores das moedas de Terra Nova cuñadas oficialmente baixo o sistema do dólar, agrupados por reinados:[13]
Valor facial | Anverso e reverso | Período | Cecas | Outros datos | Deseño / Gravado |
---|---|---|---|---|---|
1865 a 1896 |
| ||||
1865 a 1896 |
|
|
|||
1865 a 1896 |
|
| |||
1865 a 1900 |
|
| |||
1870 a 1900 |
|
| |||
1865 a 1888 |
|
|
Valor facial | Anverso e reverso | Período | Cecas | Outros datos | Deseño / Gravado |
---|---|---|---|---|---|
1904 a 1909 |
|
| |||
1903 a 1908 |
|
|
|||
1903 e 1904 |
|
|
|||
1904 |
|
|
| ||
1904 a 1909 |
|
|
|
Valor facial | Anverso e reverso | Período | Cecas | Outros datos | Deseño / Gravado |
---|---|---|---|---|---|
1913 a 1936 |
|
| |||
1912 a 1929 |
|
|
|||
1912 a 1919 |
|
|
|||
1912 |
|
|
| ||
1917 e 1919 |
|
|
| ||
1911 a 1919 |
|
|
|
Valor facial | Anverso e reverso | Período | Cecas | Outros datos | Deseño / Gravado |
---|---|---|---|---|---|
1938 a 1947 |
|
| |||
1938 a 1947 |
|
|
| ||
1938 a 1947 |
|
|
|
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Willey, R. C. (2013). "Coins and Tokens". The Canadian Encyclopedia.
- ↑ 2,0 2,1 "19th Century Canada Genuine Trade Tokens". London Numismatic Club.
- ↑ "½ Penny - Rutherford "St John's"". Numista.com
- ↑ Variedades do token de 1841: "sen data" e "con data". Numista.com
- ↑ "½ Penny - Rutherford Harbour Grace". Numista.com
- ↑ "1 Farthing - Peter McAuslane". Numista.com
- ↑ "½ Penny - Sailing Ship design". Numista.com
- ↑ "½ Penny - Responsible Government and Free Trade". Numista.com
- ↑ Cross, W. K. (2005). Páxina 55.
- ↑ "Newfoundland, two dollars, 1870". Coinsandcanada.com. 29 de marzo de 2004.
- ↑ Berman, A. G. (2008). Páxina 137.
- ↑ Cuhaj, G. S. (ed.) (2012). Páxina 15.
- ↑ "Coins from Newfoundland". Numista.com
- ↑ "1 Cent. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com
- ↑ "5 cents. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com
- ↑ "10 cents. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com
- ↑ "20 Cents. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com
- ↑ "50 Cents. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com
- ↑ "2 Dollars. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com
- ↑ "1 Cent. Newfoundland. Edward VII". Colnect.com
- ↑ "5 cents. Newfoundland. Edward VII". Colnect.com
- ↑ "10 cents. Newfoundland. Edward VII". Colnect.com
- ↑ "20 Cents. Newfoundland. Edward VII". Colnect.com
- ↑ "50 Cents. Newfoundland. Edward VII". Colnect.com
- ↑ "1 Cent. Newfoundland. George V". Colnect.com
- ↑ "5 cents. Newfoundland. George V". Colnect.com
- ↑ "10 cents. Newfoundland. George V". Colnect.com
- ↑ "20 Cents. Newfoundland. George V". Colnect.com
- ↑ "25 Cents. Newfoundland. George V". Colnect.com
- ↑ "50 Cents. Newfoundland. George V". Colnect.com
- ↑ "1 Cent. Newfoundland. George VI". Colnect.com
- ↑ "5 cents. Newfoundland. George VI". Colnect.com
- ↑ "10 cents. Newfoundland. George VI". Colnect.com
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moeda de Terra Nova |
Bibliografía
editar- Berman, A. G. (2008). Warman's Coins And Paper Money: Identification and Price Guide (4 ed.). Krause Publications. ISBN 978-0-89689-683-3
- Cross, W. K. (2005). Charlton Standard Catalogue. Canadian Coins (59ª ed.). Charton Press. ISBN 978-0889682887
- Cuhaj, G. S. (ed.) (2012). Canadian Coin Digest (2ª ed.). Krause Publications. ISBN 978-1-4402-2985-5
- Haxby, J. A.; Willey, R. C. (1998). Coins of Canada (16ª ed.). The Unitrade Press. ISBN 978-1895909616
- Leughton, E. (2020). The trade tokens of Newfoundland and Labrador & Prince Edward Island. Lighton. ISBN 9780978353339