Monopolio
Un monopolio[1] (do grego monos -un-, polein -vender-) é unha situación de erro de mercado na que, para unha industria que posúe produto, un ben, un recurso ou un servizo determinado e diferenciado, existe un produtor (monopolista) oferente que posúe un grande poder de mercado e é o único da industria que o posúe.
Débese ter en conta que no mercado non existen produtos substitutivos, é dicir, non existe ningún outro ben polo cal se poida substituír sen ningún inconveniente e, polo tanto, este produto é a única alternativa que ten o consumidor para mercar. Adóitase definir tamén como "mercado no que só hai un vendedor", pero dita definición corresponderíase máis co concepto de monopolio puro.
O monopolista controla a cantidade de produción e o prezo. Pero iso non significa que poida cobrar o que queira se pretende maximizar os beneficios. Para iso o monopolista debe descubrir os seus custos e as características da demanda do mercado (elasticidade, preferencias etc.). Con esta información decide cal é a cantidade que vai producir e vender; e o seu prezo.
Desde un punto de vista económico pódese afirmar que o custo marxinal do monopolista -incremento do custo por unidade fabricada- representa a oferta total do mercado e o ingreso medio do monopolista -prezo por unidade vendida- non é máis que a curva de demanda do mercado. Para elixir o nivel de produción maximizador do beneficio, o monopolista ha de coñecer o seu ingreso marxinal (variación que experimenta o ingreso cando a oferta varía nunha unidade).
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para monopolio.
Véxase tamén
editarVexa a entrada do Galizionario acerca de monopolio |
Ligazóns externas
editar- El mito del monopolio natural por Thomas J. DiLorenzo.
- Mercado: Estruturas e erros de mercado.
- A Competencia Imperfecta Arquivado 01 de xullo de 2007 en Wayback Machine. por Bernard Guerrien.
- Monopolio por Mónica Cabrera.
- Historia: Monopolio capitalista por Borísov, Zhamin y Makárova.
- O duopolio e o oligopolio Arquivado 18 de agosto de 2011 en Wayback Machine. por Bernard Guerrien.
- Integración monopolista por Borísov, Zhamin y Makárova.
- Lección sobre Monopolio de Aulafácil.com.