Monte Santa Helena
O Monte St. Helens é un estratovolcán activo situado no condado de Skamania, Washington, na rexión do noroeste do Pacífico nos Estados Unidos. Está a 154 km ao sur de Seattle, Washington e a 80 km ao nordeste de Portland, Oregón.
(und) Loo-wit (und) Louwala-Clough (und) Lawetlat'la | ||||
Tipo | Estratovolcán montaña | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Alleyne Fitzherbert (pt) | |||
Localizado na área protexida | Mount St. Helens National Volcanic Monument (en) | |||
Localización | ||||
Continente | América do Norte | |||
División administrativa | Estado de Washington, Estados Unidos de América | |||
| ||||
Cordilleira | Cordilheira das Cascatas (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 2.549 m | |||
Prominencia topográfica | 1.404 m | |||
Material usado | dacita | |||
Lugar inscrito no Rexistro Nacional de Lugares Históricos | ||||
Tipo | NRHP site | |||
Data | 11 de setembro de 2013 | |||
Identificador | 13000748 | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
18 de maio de 1980 | Erupção do Monte Santa Helena de 1980 (pt) | |||
2004 eruption of Mount St. Helens (en) | ||||
Mount St. Helens toma o seu nome do diplomático británico Lord St Helens, un amigo do explorador George Vancouver que fixo un estudo da zona a finais do século XVIII. O volcán está situado na Cordilleira das Cascadas e forma parte do Arco Volcánico das Cascadas, un segmento do Anel de Lume do Pacífico que inclúe máis de 160 volcáns activos. Este volcán é coñecido polas súas explosións de cinzas e os seus fluxos piroclásticos.
O Monte St. Helens é máis notorio pola súa erupción catastrófica o 18 de maio de 1980, ás 8:32 am PDT, o suceso volcánico máis mortífero e máis destrutivo economicamente da historia dos Estados Unidos.[1] Cincuenta e sete persoas morreron; destruíronse 250 casas, 47 pontes, 24 km de ferrocarrís e 298 km de estradas. Unha avalancha masiva de cascallos provocada por un terremoto de 5,1 na escala de Richter, provocou unha erupción, reducindo a elevación da cúpula da montaña de 2950 m a 2549 m e substituíuna por un cráter en forma de ferradura de 1,6 km de ancho.[2] A avalancha de restos ascendeu ata 2.9 km3 en volume. O Monumento Volcánico Nacional de Mount St. Helens foi creado para preservar o volcán e permitir o estudo das súas secuelas cientificamente.
Notas
editar- ↑ "Mount St. Helens National Volcanic Monument". USDA Forest Service. Arquivado dende o orixinal o 23-11-2006.
- ↑ "May 18, 1980 Eruption of Mount St. Helens". USDA Forest Service. Arquivado dende o orixinal o 29-5-2009.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monte Santa Helena |
Bibliografía
editar- Harris, Stephen L. (1988). "Mount St. Helens: A Living Fire Mountain". Fire Mountains of the West: The Cascade and Mono Lake Volcanoes (1st ed.). Missoula, Montana: Mountain Press Publishing Company. pp. 201–228. ISBN 0-87842-220-X.
- Mullineaux, D. R.; Crandell, D.R. (1981). "The 1980 eruptions of Mount St. Helens, Washington". Professional Paper 1250. USGS. Consultado o 2006-10-28.
- Mullineaux, D. R. (1996). "Pre-1980 Tephra-Fall Deposits Erupted From Mount St. Helens". Professional Paper 1563. USGS. Consultado o 2006-10-28.
- Pringle, P. T. (1993). "Roadside Geology of Mount St. Helens National Volcanic Monument and Vicinity" (PDF). Circular 88. Washington State Department of Natural Resources, Division of Geology and Earth Resources Information.
- "Description: Mount St. Helens Volcano, Washington". Vancouver, Washington: USGS/Cascades Volcano Observatory. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2012. Consultado o 2006-10-28.
- "Eruption of Mount St. Helens". National Geographic 159 (1): 3–65. xaneiro de 1981. ISSN 0027-9358. OCLC 643483454.
Ligazóns externas
editar- "Deep Magma Chambers Seen Beneath Mount St. Helens" Arquivado 22 de novembro de 2015 en Wayback Machine. in Science 04 Nov 2015.
- Mount Saint Helens May Share Magma with an Entire Field of Volcanoes Arquivado 22 de agosto de 2016 en Wayback Machine.
- "Mount St. Helens National Volcanic Monument". US Forest Service.
- "St. Helens". Programa Global de Vulcanismo. Instituto Smithsoniano. Consultado o 2008-12-18.
- Mount St. Helens photographs and current conditions from the United States Geological Survey website
- Audio recording of the May 18, 1980 eruption Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Recorded 140 miles (225 km) southwest of the mountain. Believed to be the only audio recording of the eruption.
- The 1980 Mount St. Helens Eruption.