Mourulle, Taboada
San Vicente de Mourulle é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2021 tiña 13 habitantes (8 homes e 5 mulleres).
Mourulle | |
---|---|
Ponte Mourulle | |
Concello | Taboada[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°42′11″N 7°41′34″O / 42.702942349477, -7.6927970507059 |
Poboación | 13 hab. (2021) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarEn rigor, a parroquia non conta con ningún núcleo, posto que o seu único lugar, Mourulle, foi anegado polas augas do encoro de Belesar no Nadal de 1962. Moitos veciños instaláronse no lugar de Friamonde, na parroquia de San Xián de Insua, a escasos quilómetros.
Tamén a poucos quilómetros atopábase a Ponte Mourulle construída despois da guerra civil utilizando presos políticos como man de obra. Foi logo bautizada como Ponte Fortes, en homenaxe ao comerciante taboadés que máis impulso lle deu. Permitía cruzar o río na estrada entre Rubián e Palas, sendo a única ponte entre Portomarín e Chantada, e foi igualmente anegada co encoro. En 1967 construíuse a nova ponte, uns metros máis abaixo, coñecida como Ponte Mourulle ou, popularmente, Ponte dos Parafusos.[2]
Mourulle deu nome tamén á paraxe onde se construíu o club náutico municipal en 1999.
Demografía
editarGráfica de evolución demográfica de Mourulle entre 2000 e 2020 |
Datos segundo o IGE.[3] |
Galería de imaxes
editar-
Ponte Fortes.
-
Ponte Mourulle.
-
Ponte Mourulle.
-
Ponte Mourulle.
-
Ano 2011. Vista de Mourulle.
-
Igrexa nova de Friamonde
-
Mourulle na 1.ª edición do MTN a escala 1:50.000, 1952.
Lugares e parroquias
editarLugares de Mourulle
editarLugares da parroquia de Mourulle no concello de Taboada (Lugo) | |
---|---|
Parroquias de Taboada
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Díaz-Castroverde, J. L. (2019). "Comunicacións de Taboada coa Terra de Lemos, Miño en medio, ao longo dos séculos XVI e XX". Alicerces. Revista de estudos sobre o Miño medio (5): 73–108.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 12 de marzo de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mourulle, Taboada |