Muxiliformes
Os Muxiliformes (Mugiliformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii). Comprende distintas especies mariñas estendidas por todo o mundo, en augas costeiras tanto en mares temperados como tropicais, así como algunhas especies de estuarios e mesmo de auga doce. A especie típica é o muxe.
Características
editarPresentan dúas aletas dorsais (a primeira con catro raios espiñosos e a segunda separada, de raios brandos), unha aleta caudal en forma de forcada e unha aleta anal oposta á segunda dorsal. Liña lateral pouco visible, cando está presente. Teñen dentes pequenos e posúen vexiga natatoria pechada.
A lonxitude máxima rexistrada é de 90 cm.[1]
Aliméntanse de algas finas e detritos do sedimento.
Clasificación
editarComprende unha única familia:
- Familia Mugilidae
Os Muxiliformes consideráronse unha suborde dos Perciformes.
Notas
editarVéxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Muxiliformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Muxiliformes |