Municipio de Alūksne

concello de Letonia dende 2009

O municipio de Alūksne (en letón, Alūksnes novads) é un dos 36 municipios de Letonia. É un municipio da fronteira nordeste de Letonia establecido en 2009 no curso da reforma administrativa territorial. A cidade de Alūksne e 15 parroquias do antigo distrito de Alūksne están unidas no condado, agás as parroquias da cidade de Apes, Gaujienas, Trapenes e Virešu, que formaron o municipio de Apes (que máis tarde no 2021 pasou a formar parte do municipio de Smiltene). Do total da poboación, o 46,3% vive en Alūksne e o 53,7% nas parroquias. Limita co municipio de Smiltene ao oeste, co municipio de Gulbene e Balvu ao sur, co distrito ruso de Pskov ao leste e co distrito de Veru en Estonia ao norte.[1]

Modelo:Xeografía políticaMunicipio de Alūksne
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°24′N 27°06′L / 57.4, 27.1
EstadoLetonia Editar o valor en Wikidata
CapitalAlūksne (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación13.059 (2024) Editar o valor en Wikidata (7,69 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.697,58 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación2009 Editar o valor en Wikidata
PIB nominal114.553.000 € (2021) Editar o valor en Wikidata
PIB per cápita8.361 € (2021) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2LV-007 Editar o valor en Wikidata
Latvian toponymic names database ID (en) Traducir117031 Editar o valor en Wikidata

Sitio webaluksne.lv Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

O lago Alūksne é o undécimo lago máis grande de Letonia. Ningún río desemboca nel, pero é a fonte dun pequeno río: o Alūksnīte. Hai catro illas no lago. A calidade da auga do lago correspóndese coa categoría de auga dos salmónidos, aquí crían lagostinos e anguías.

Historia

editar

O Castelo de Alūksne (Marienburg) construíuse para protexerse dos ataques rusos desde Pskov. Tivo un total de oito familias propietarias diferentes, pero en 1702 as tropas rusas fixeron estoupar o castelo: unha das súas oito torres foi restaurada tan tarde como en 2020.

O único tren de vía estreita dos Bálticos que aínda ofrece tráfico regular de pasaxeiros, o Bānītis, vai desde a estación de Alūksne.

Alūksne é o lugar onde a Biblia se traduciu ao letón por primeira vez. En homenaxe á tradución, o pastor Ernst Glück plantou carballos no lugar da tradución no século XVII, carballos aínda visitables na actualidade.[2]

Bilingüismo

editar

No ano 2021 o proxecto ELDIA, estudo universitario sobre a diversidade lingüística en Europa, reportou ao redor de 300 falantes nativos de lingua võro en Alūksne, falantes dunha variante sureña da lingua con poucas diferenzas ao patrón xeral da lingua.[3]

  1. Pilsēta un pagasti. Dobeles novada pašvaldība (en letón) Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2010. Consultado o 11 de febreiro de 2022.
  2. "Tikai Alūksnē". visit aluksne (en letón). 2023-11-11. Consultado o 2024-22-06. 
  3. "THE VÕRO LANGUAGE IN ESTONIA" (en inglés). Consultado o 2024-22-06. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 1
todo 1