My Name Is Earl
My Name Is Earl (traducido coma Me llamo Earl en España), é unha comedia de situación gañadora dun Premio Emmy, creada por Greg Garcia e producida por Fox. Actualmente emítese a súa terceira temporada pola canle NBC.
My Name Is Earl | |
---|---|
Formato | Comedia |
Creado por | Greg Garcia |
Intérpretes | Jason Lee Ethan Suplee Jaime Pressley Eddie Steeples Nadine Velazquez |
País de orixe | Estados Unidos |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Bryan Singer |
Duración | 21 mins. aprox. |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | NBC |
Formato de imaxe | 480i (SDTV) 1080i (HDTV) |
Primeiro episodio | 20 de setembro do 2005 |
Derradeiro episodio | 14 de maio de 2009 |
Na rede | |
http://www.nbc.com/My_Name_Is_Earl/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sinopse
editarOs seus intérpretes principais son Jason Lee, Ethan Suplee, e Jaime Pressly. Lee interpreta a Earl J. Hickey, un delincuente de pouca monta sen respecto nin por nada nin por ninguén, que nada máis gañar $100.000 na lotería, perde o boleto ao ser atropelado por un coche. No tempo de repoñerse no hospital a súa muller faille firmar o divorcio, e é entón cando a través da televisión descobre o karma a raíz dun comentario de Carson Daly no seu programa. O descubrimento do karma, faille reformular a súa vida, á que decide darlle un xiro. Ese xiro materialízase nunha lista na que escribe toda as súas malas accións para intentar enmendalas. Despois dun par de boas accións recupera o seu boleto de lotería premiado. Earl interpreta isto como un sinal de que o karma funciona, así que decide aproveitar a tranquilidade que lle dá o diñeiro que acaba de gañar na lotería para dedicar o seu tempo a emendar as accións da lista, tachándoas unha vez liquidadas. Ao primeiro, a súa lista ten 259 malas accións (no primeiro capítulo xa tacha unha, a número 64), pero ao tempo que avanza a serie vai engadindo malas accións segundo as vai lembrando.
Ethan Suplee interpreta o irmán máis novo de Earl, Randy Hickey, un inxenuo que non foi agraciado con demasiada intelixencia. Pressly interpreta a ex muller de Earl, Joy Darville. Tamén aparecen dentro do elenco Eddie Steeples, que interpreta a Darnell Turner, o novo marido de Joy, amén do pai biolóxico do segundo fillo de Earl, máis coñecido como o Home Caranguexo, e Nadine Velazquez, Catalina Aruca, unha atractiva rapaza da limpeza latinoamericana con moi bo corazón que traballa no motel onde viven os irmáns Hickey.
Concepción
editarSegundo as entrevistas na primeira edición do DVD (versión estadounidense), a personaxe de Earl está parcialmente inspirada no padrasto do creador da serie, Greg Garcia, tamén chamado Earl. Ao igual que Earl Hickey, o Earl de verdade coñeceu e casou cunha muller que estaba embarazada dun fillo doutro home. Co tempo tamén tivo un segundo fillo cun afroamericano, como fixo Joy na serie. O Earl real estivo involucrado nalgunhas actividades cuestionábeis no pasado, pero finalmente cambiou, como fixo Earl.
García escribiu o episodio piloto mentres traballaba noutra comedia de situación, Yes, Dear. Ao primeiro contactou coa Fox, a cal aprobou a serie. Ao final foi a NBC a que aprobou a realización do piloto condicionado a que se poidese conseguir un elenco de garantías.
Jason Lee foi contactado para a personaxe principal, pero non estaba interesado en traballar para a televisión e rexeitou en dúas ocasións a personaxe, ata que ao final aceptou gravar o episodio piloto despois de le-lo guión. A pesar de que lle gustou o piloto, amosouse indeciso a comprometerse ata que se reuniu con García, o creador da serie.