Mixófagos
Mixófagos Rango fósil: Carniense-Recente | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Delevea kurosawai (Torridincolidae) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Familias | |||||||||||
Hydroscaphidae |
A dos mixófagos (Myxophaga) é a segunda suborde máis pequena dos insectos coleópteros (escaravellos) despois de Archostemata, e consta dunha 65 especies de pequenos ou diminutos escaravellos, clasificados en catro familias. Os membros desta suborde son acuáticos ou semiacuáticos e aliméntanse de algas.
Descrición
editarAs características diagnósticas de Myxophaga son: as antenas son máis ou menos claramente de tipo maza e normalmente con menos de nove segmentos, as cavidades mesocoxais están abertas lateralmente e beireadas por un mesepímero e metanepisterno, as ás traseiras están enroladas apicalmente na posición de repouso. Internamente caracterízanse pola presenza de seis túbulos de Malpighio e os testículos son tubulares e enrolados.[1]
Os escaravellos desta suborde están adaptados a alimentarse de algas. As súas pezas bucais carecen de galeas e teñen un dente móbil na súa mandíbula esquerda.[2]
Taxonomía
editarNa suborde Myxophaga hai catro familias con representantes vivos divididas en dúas superfamilias,[3] que conteñen unhas 65 especies descritas,[4] e polo menos unha familia extinguida (simbolizado por †).
Superfamilia Lepiceroidea Hinton, 1936
- Familia Lepiceridae Hinton, 1936
- Lepicerus Hinton, 1936
- †Lepiceratus Jałoszyński et al. 2020
Superfamilia Sphaeriusoidea Erichson, 1845
- Familia Hydroscaphidae LeConte, 1874
- Hydroscapha LeConte, 1874
- Scaphydra Reichardt, 1973
- Yara Reichardt & Hinton, 1976
- Confossa Short, Joly, García & Maddison, 2015
- Familia Sphaeriusidae Erichson, 1845
- Sphaerius Waltl, 1838
- †Burmasporum Kirejtshuk 2009
- Familia Torridincolidae Steffan, 1964
- Claudiella Reichardt & Vanin, 1976
- Delevea Reichardt, 1976
- Iapir Py-Daniel, da Fonseca & Barbosa, 1993
- Incoltorrida Steffan, 1973
- Satonius Endrödy-Younga, 1997
- Torridincola Steffan, 1964
- Ytu Reichardt, 1973
Familia †Triamyxidae Qvarnström et al. 2021
- †Triamyxa Qvarnström et al. 2021
Non situadas en familias
- †Leehermania Chatzimanolis et al. 2012
Distribución
editarOs membros vivos de Lepiceridae están confinados no norte de Suramérica e América Central. Os Sphaeriusidae viven en todos os continentes excepto a Antártida, mentres que os Hydroscaphidae viven en todos os continentes menos Australia e Antártida. Os Torridincolidae poden atoparse en África, Asia e Suramérica.[5]
Rexistro fósil
editarSábese pouco do rexistro fósil dos Myxophaga. Os fósiles do inicio do Cretáceo tardío (Cenomaniano) atopados en ámbar birmano de Myanmar, foron asignados ao xénero hoxe existente Lepicerus e ao xénero extinguido Lepiceratus dentro de Lepiceridae,[6][7][8] así como Burmasporum, que pertencen a Sphaerusidae.[9] Non se describiron fósiles de impresión de escaravellos mixófagos ata 2012, probablemente debido ao seu pequeno tamaño corporal e hábitat especializado.[10] Un espécime fósil asignado ao xénero vivo Hydroscapha de Hydroscaphidae, foi descrito en 2012 procedente da formación Yixian na biota Jehol, e data do Cretáceo temperá (Aptiano).[10] En 2019, Leehermania do Triásico tardío (Noriano) da formación Cow Branch de Carolina do Norte, que fora interpretada previamente como o estafilínido máis antigo coñecido, foi reinterpretada como un parente que diverxiu temperanmente da familia Hydroscaphidae, o que a converte no mixófago máis antigo coñecido.[11] En 2021, describíronse numerosos espécimes dun novo mixófago procedentes dun coprólito atopado en sedimentos polacos do Triásico tardío (Carniano). O novo taxón Triamyxa, foi situado na súa propia familia monotípica, Triamyxidae, e resolveuse como o mixófago máis basal ou un taxon irmán de Hydroscaphidae.[12]
Galería
editar-
Espécime de Sphaerius minutus (Sphaeriusidae) en varias vistas
-
Espécimes de Hydroscapha natans (Hydroscaphidae)
-
Espécime de Lepicerus inaequalis (Lepiceridae)
Notas
editar- ↑ Beutel, R.; Leschen, R. (2005). "Morphology and Systematics (Archostemata, Adephaga, Myxophaga, Polyphaga partim)". Band 4 Part 38: Arthropoda, Hälfte: Insecta, Coleoptera, Beetles. Handbuch der Zoologie/Handbook of Zoology 1. Walter de Gruyter. ISBN 3-11-017130-9.
- ↑ Beutel & Leschen 2005, p. 43
- ↑ "Myxophaga". Tree of Life Web Project. 2007. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2019. Consultado o 2017-05-26.
- ↑ Mesaros, Gabor (2013). "Sphaeriusidae (Coleoptera, Myxophaga): A new beetle family to the fauna of Serbia". Bulletin of the Natural History Museum (6): 71–74. doi:10.5937/bnhmb1306071m.
- ↑ Sampaio, Brunno H.L.; Short, Andrew E.Z. (2018). Families Hydroscaphidae and Torridincolidae. Thorp and Covich's Freshwater Invertebrates (en inglés) (Elsevier). pp. 519–525. ISBN 978-0-12-804223-6. doi:10.1016/b978-0-12-804223-6.00022-6. Consultado o 2021-07-26.
- ↑ Kirejtshuk, A. G.; Poinar, G. (2006). "Haplochelidae, a new family of cretaceous beetles (Coleoptera: Myxophaga) from Burmese amber". Proceedings of the Entomological Society of Washington 108: 155–164.
- ↑ Ge, S. Q.; Friedrich, F.; Beutel, R. G. (2010). "On the systematic position and taxonomic rank of the extinct myxophagan dagger Haplochelus (Coleoptera)". Insect Systematics and Evolution 41 (4): 329–338. doi:10.1163/187631210X537385.
- ↑ Jałoszyński, Paweł; Luo, Xiao-Zhu; Hammel, Jörg U.; Yamamoto, Shûhei & Beutel, Rolf G. (2020). "The mid-Cretaceous †Lepiceratus gen. nov. and the evolution of the relict beetle family Lepiceridae (Insecta: Coleoptera: Myxophaga)". Journal of Systematic Palaeontology. 18 (13). doi 10.1080/14772019.2020.1747561
- ↑ Kirejtshuk, A. G. (2009). "A new genus and species of Sphaeriusidae (Coleoptera, Myxophaga) from Lower Cretaceous Burmese amber" (PDF). Denisia 26: 99–102.
- ↑ 10,0 10,1 Cai, C.; Short, A. E. Z.; Huang, D. (2012). "The First Skiff Beetle (Coleoptera: Myxophaga: Hydroscaphidae) from Early Cretaceous Jehol Biota". Journal of Paleontology 86 (1): 116–9. doi:10.1666/11-050.1.
- ↑ Fikáček, Martin; Beutel, Rolf G.; Cai, Chenyang; Lawrence, John F.; Newton, Alfred F.; Solodovnikov, Alexey; Ślipiński, Adam; Thayer, Margaret K.; Yamamoto, Shûhei (xaneiro de 2020). "Reliable placement of beetle fossils via phylogenetic analyses – Triassic Leehermania as a case study (Staphylinidae or Myxophaga?)". Systematic Entomology (en inglés) 45 (1): 175–187. ISSN 0307-6970. doi:10.1111/syen.12386.
- ↑ Qvarnström, Martin; Fikáček, Martin; Vikberg Wernström, Joel; Huld, Sigrid; Beutel, Rolf G.; Arriaga-Varela, Emmanuel; Ahlberg, Per E.; Niedźwiedzki, Grzegorz (xuño de 2021). "Exceptionally preserved beetles in a Triassic coprolite of putative dinosauriform origin". Current Biology (en inglés): S0960982221006746. doi:10.1016/j.cub.2021.05.015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Myxophaga". Atlas of Living Australia.