Draft da NBA
O Draft da NBA (en inglés: NBA Draft) corresponde ao procedemento polo cal, a finais do mes de xuño de cada ano, as franquías que forman parte desta liga de baloncesto estadounidense incorporan aos seus equipos xogadores menores de vinte e tres anos, procedentes das universidades norteamericanas ou das ligas doutros países.
Estrutura
editarO Draft consta de dúas roldas, a primeira e a segunda rolda. Cada un dos trinta equipos da liga dispón, en principio, dunha elección en cada unha delas. Un equipo pode traspasar futuras roldas do draft durante a competición (ata que finaliza o período de traspasos) e a off-season. A orde de elección establécese de acordo co seguinte procedemento:
- Nas posicións 16-30, sitúanse os equipos clasificados para os play-offs, en orde inverso á súa porcentaxe de vitorias na liga regular recentemente concluída (cantas máis vitorias obtén un equipo, máis baixa é a posición que ocupa).
- Nas catorce primeiras posicións distribúense os equipos non clasificados para play-off. A posición que ocupan establécese mediante un sorteo, no cal teñen máis posibilidades de ocupar as primeiras prazas os equipos que acumulen máis derrotas.
Todos os xogadores seleccionables teñen que declararse previamente "elixibles", salvo aqueles que cumpran os 4 anos de formación universitaria. Doutra banda, calquera xogador que desexe acceder á Liga, tería que xogar durante un ano na liga universitaria norteamericana.
Xogadores elixidos no primeiro lugar do Draft
editarNotas
editar1. Olajuwon nacionalizouse estadounidense en 1993.
2. Ewing naceu en Xamaica, pero nacionalizouse cando xogaba en Georgetown.
3. Robinson non xogou na NBA ata 1989 debido aos seus compromisos coa Armada dos Estados Unidos.
4. Duncan é cidadán estadounidense, coma tódolos nativos das Illas Virxes.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- TheDraftReview.com (en inglés)
- Lista de cada Draft (en inglés)
- Drafts desde 1950 Arquivado 24 de maio de 2007 en Wayback Machine. (en castelán)