Resonancia magnética nuclear

(Redirección desde «NMR»)

A resonancia magnética nuclear (RMN) é a tecnoloxía baseada no fenómeno físico que emprega as propiedades mecánico-cuánticas dos núcleos atómicos.

Imaxe combinada RMN e PET dunha cabeza humana.

Todos os núcleos que posúen un número impar de protóns ou neutróns teñen un momento magnético e un momento angular intrínseco, noutras palabras, teñen un spin > 0. Os núcleos máis comunmente empregados en RMN son o do protio (1H, o isótopo máis sensíbel en RMN despois do inestábel tricio, 3H), o 13C e o 15N, aínda que os isótopos de núcleos de moitos outros elementos (2H, 10B, 11B, 15N, 17O, 19F, 23Na, 29Si, 31P, 35Cl, 113Cd, 195Pt) son tamén utilizados.

As frecuencias ás cales un núcleo atómico resoa (por exemplo, dentro dunha molécula) son directamente proporcionais á forza do campo magnético exercido, de acordo coa ecuación da frecuencia de precesión de Larmor. A literatura científica até 2008 inclúe espectros dun grande intervalo de campos magnéticos, desde 100 nT até 20 T. Os campos magnéticos maiores son a miúdo preferidos xa que a correlación co incremento da sensibilidade de sinal é maior. Existen moitos outros métodos para incrementar o sinal observado. O incremento de campo magnético tamén se traduce nunha maior resolución espectral, cuxos detalles son descritos polo desprazamento químico e o efecto Zeeman.

A RMN foi descrita por vez primeira por Herman Carr en 1952, cando produciu unha imaxe por resonancia magnética dunha soa dimensión na súa tese de doutoramento de Harvard.[1][2][3]

  1. Carr, Herman (1952). Free Precession Techniques in Nuclear Magnetic Resonance (PhD thesis). Cambridge, MA: Harvard University. OCLC 76980558. [cómpre nº de páxina]
  2. Carr, Herman Y. (xullo de 2004). "Field Gradients in Early MRI". Physics Today (American Institute of Physics) 57 (7): 83. Bibcode:2004PhT....57g..83C. doi:10.1063/1.1784322. 
  3. Encyclopedia of Nuclear Magnetic Resonance 1. Hoboken, NJ: Wiley and Sons. 1996. p. 253. [Ligazón morta]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
todo 3