Nacionalismo bretón

movemento que reivindica autonomía, ou incluso a independencia, da Bretaña

O nacionalismo bretón (en bretón: roadelouriezh brezhoneg) é un movemento nacionalista que defende o recoñecemento dos bretóns como unha nación e procura unha maior autonomía, ou mesmo a independencia da Bretaña. Existe un gran número de asociacións que defenden a cultura e a lingua bretoas sen adherirse ó nacionalismo bretón.

Bandeira da Bretaña.

Diferenzas con outros nacionalismos

editar

Todo indica que o "nacionalismo bretón", ou mellor nomeado "movemento político bretón", diferénciase tamén bastante claramente dos nacionalismos do País de Gales ou do País Vasco, por exemplo:

  • Divídese entre autonomistas, maioritarios (UDB, cualificado de partido "rexionalista" polos analistas electorais parisienses), e independentistas.
  • Ten poucos representantes elixidos, mentres que cargos electos nacionalistas gobernan en País Vasco, Cataluña, Escocia, ou tamén no País de Gales.
  • Ten un apoio electoral escaso que non pasa do 5% dos votos; UDB recolleu un 1,54% dos votos nas eleccións de 2002.
  • Non se define como nacionalista, agás cando é independentista.

Os autonomistas son sobre todo membros da UDB, o único partido que ten cargos electos na rexión, pero cómpre mencionar tamén a algúns grupos con menor apoio electoral, como o Partido Bretón, así como distintos grupos que decláranse federalistas, ou incluso círculos anarquistas, como Treger Disuj.

Actualidade do movemento e do nacionalismo bretón

editar

O « movemento político bretón» é bastante máis grande que o conxunto dos grupos nacionalistas. Está tamén representado polos grupos autonomistas, tales como a Unión Democrática Bretoa ou o Partido Bretón, así como diversos grupos que se proclaman federalistas, e os círculos anarquistas, como Treger Disuj, que forman parte da Coordination Bretagne Indépendante et Libertaire.

  • A Unión Democrática Bretoa é o partido rexionalista máis importante, con varios centenares de membros, mais só cun 5 % dos votos nas eleccións locais. Ten unha sesentena de cargos electos municipais en listas de unións da esquerda, cun alcalde, e sobre todo dende 2004, 3 conselleiros rexionais grazas a unha alianza cos Verdes.

Un partido nacionalista, demócrata e reformista, apareceu en 2002 e reuniu arredor de 250 persoas baixo o nome de Partido Bretón así como uns cincuenta deles e antigos cargos electos reuníronse na Askol.

  • Os partidos franceses ou membros individuais deles, manteñen posicións rexionalistas non nacionalistas como as do líder do Partido Socialista na Bretaña ou tamén Christian Troadec, alcalde de Carhaix (cidade principal do centro da Bretaña), co Appel de Carhaix.
  • Na estrema esquerda atópase Emgann, do cal algúns militantes estiveron implicados no suceso de Plévin.
  • Á estrema dereita, Adsav, creado en 2000, partido moi minoritario de Padrig Montauzier que reivindica defender o auténtico nacionalismo bretón.
  • Nos anos noventa, emerxeu o sindicato estudantil nacionalista Dazont, que se converteu a mediados da década o primeiro sindicato estudantil da Bretaña pero que se afundiu a finais da década. Creouse o sindicato nacionalista bretón Sindikad Labourerien Breizh que pretende ocupar o espazo do sindicato Dazont e que obtivo en xaneiro de 2006 tres membros electos na Universidade da Alta Bretaña Rennes II.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Sobre o FLB - ARB :

  NODES
iOS 2
multimedia 1
Note 1
OOP 3
os 65
text 1
todo 4