Nadiuska
Roswithka Bertasha Smid Honczar, coñecida artisticamente como Nadiuska, nada en Schierling, Alemaña o 19 de xaneiro de 1952, é unha actriz que desenvolveu a maior parte da súa carreira en España.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Roswithka Bertasha Smid Honczar 19 de xaneiro de 1952 (72 anos) Schierling (Alemaña do Oeste) |
Outros nomes | Nadiuska |
Residencia | España |
Altura | 180 cm |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema |
Período de actividade | 1972 - 1998 |
Traxectoria
editarDe nai polaca e de pai ruso, chegou a Barcelona en 1971 e comezou a traballar como modelo. O seu salto ó cinema chegou en 1972, debutando baixo o nome de "Nadiuska", moito máis fácil que o seu nome auténtico. En 1973, contraeu matrimonio con Fernando Montalbán Sánchez, chatarreiro, co fin de obter a nacionalidade española. Este matrimonio foi anulado polo Tribunal de la Rota o 14 de xullo de 1981. Participou en numerosos filmes de grande éxito, sobre todo na época do destape. A súa última interpretación sucedeu en 1998. En 1978 protagonizou co arxentino Alberto Olmedo o filme humorístico Mi mujer no es mi señora e 1982 tivo un curto papel especial en Conan o bárbaro, protagonizado por Arnold Schwarzenegger.
A finais dos 90 sufriu graves problemas económicos e comezou a padecer trastornos mentais, de xeito que en 1999 foi traslada da pensión na que residía ó hospital psiquiátrico Alonso Vega, onde lle diagnosticaron esquizofrenia. Unha vez cumprido o seu tratamento con melloría, en 2002 déronlle o alta. Sen poder recuperarse economicamente, comezou a vagabundear por diversas zonas de Madrid e no programa de TVE presentado por Concha Velasco "Tiempo al tiempo" relataron a súa historia sen lograr axudala.