Napoleón III de Francia

político francés (1808–1873)
(Redirección desde «Napoleón III»)

Carlos Lois Napoleón Bonaparte, nado en París o 20 de abril de 1808 e finado en Inglaterra o 9 de xaneiro de 1873, foi o único presidente da Segunda República Francesa en 1848 e logo o segundo emperador dos franceses en 1852, baixo o nome de Napoleón III, sendo o último monarca que reinou sobre este país.

Modelo:BiografíaA Súa Maxestade Imperial Editar o valor en Wikidata
Napoleón III de Francia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Napoléon III Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Charles Louis Napoléon Bonaparte Editar o valor en Wikidata
20 de abril de 1808 Editar o valor en Wikidata
París (Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xaneiro de 1873 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Chislehurst, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesepse Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSarcophagus of Emperor Napoleon III (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emperador dos franceses
2 de decembro de 1852 – 4 de setembro de 1870
Head of government of France (en) Traducir
26 de outubro de 1851 – 2 de xaneiro de 1870
← Léon FaucherÉmile Ollivier (pt) Traducir →
Presidente da República Francesa
20 de decembro de 1848 – 2 de decembro de 1852
← Louis-Eugène Cavaignac (pt) TraducirAdolphe Thiers →
22º Copríncipe francés de Andorra
20 de decembro de 1848 – 4 de setembro de 1870
← Lois Filipe I de FranciaAdolphe Thiers →
Grand Master of the Legion of Honour (en) Traducir
Deputado da Asemblea Nacional
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónWaffenplatz Thun (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, escritor Editar o valor en Wikidata
ProfesoresGuillaume-Henri Dufour (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militargeneral de exército (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador dos franceses Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Bonaparte Editar o valor en Wikidata
CónxuxeEugénie de Montijo (1853–1873), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
ParellaAlice Ozy
Eléonore Vergeot Editar o valor en Wikidata
FillosEugène Bure
 () Eléonore Vergeot
Alexandre Bure
 () Eléonore Vergeot
Napoleon Eugène
 () Eugénie de Montijo Editar o valor en Wikidata
PaisLois Bonaparte Editar o valor en Wikidata  e Hortensia de Beauharnais Editar o valor en Wikidata
IrmánsLuís II da Holanda
Napoleão Carlos Bonaparte
Charles de Morny Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
15 de agosto de 1858peregrinación (shrine of Sainte-Anne d'Auray (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Católica, (sec:Napoleon III)
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Наполеон III)
Enciclopedia soviética armenia Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1312716 IMSLP: Category:Napoléon_III WikiTree: Bonaparte-4 Find a Grave: 7414 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nado no seo da Dinastía Bonaparte, foi fillo de Lois Bonaparte, rei de Holanda e de Hortensia de Beauharnais, filla da emperatriz Xosefina. Sobriño de Napoleón I, convértese en herdeiro dos dereitos dinásticos despois das mortes sucesivas do seu irmán máis vello e de Napoleón II.

A súa filosofía política é unha mestura de romanticismo, de liberalismo autoritario, e de socialismo utópico, aínda que nos últimos anos foi insigne defensor do tradicionalismo e da civilización católica. Quixo significar unha reparación fronte ao anticlericalismo e o ateísmo da Revolución Francesa. Tivo unha política de expansión da civilización clásica que cría que Francia representaba, fronte ao xurdimento de Alemaña e Estados Unidos, potencias emerxentes de tipo protestante.

Primeiros anos

editar

Lois Napoleón Bonaparte naceu en París. A identidade do seu pai biolóxico segue sendo un tema de especulación, dada a infidelidade do matrimonio dos seus pais e mantendo a raíña Hortensia diversas relacións extramaritais.

O seu pai legal, con todo, si foi o marido de Hortensia: Lois Bonaparte, Rei de Holanda, irmán máis novo de Napoleón I, e a súa carreira política foi construída sobre o feito de que el era o sobriño de Napoleón I.

Despois da derrota final de Napoleón I e a súa deposición en 1815 e a restauración da monarquía dos Borbóns en Francia, por lei de 1 de xaneiro de 1816, todos os Bonaparte son desterrados do territorio francés. A raíña Hortensia exíliase en Suíza cos seus fillos e merca, en 1817, o castelo de Arenenberg (Suíza), que domina o lago Constanza.

O futuro emperador asiste ao Liceo de Augsburgo e adquire os seus primeiros coñecementos marciais dun antigo oficial de Napoleón I. En 1830, é voluntario no exército suízo, onde obtén o grao de capitán de artillaría en 1834.

O mozo Lois-Napoleón residiu ademais de en Suíza, en Alemaña e Italia. Sendo novo, en Italia, el e o seu irmán Napoleón Lois implicáronse nas protestas dos carbonarios, unha organización da resistencia que loitaba contra a dominación austríaca no norte de Italia.

Napoleón III conseguiu desenvolver unha política exterior afortunada, polo menos na primeira década do seu mandato. Se Lois Filipe de Orleáns se esforzou en manter a paz até o punto de que moitos franceses o consideraron un pusilánime, Napoleón III tivo que acougar a Europa e convencela de que outro Napoleón non significaba mergullar de novo o continente na guerra. Todo canto tiña que facer era atopar unha guerra pequena que satisfixese os sedentos de gloria na casa, pero sen inquietar a ninguén no estranxeiro. Así, uniuse a Gran Bretaña nunha guerra menor contra Rusia en 1854, e en 1859 empeñouse noutra contra Austria. En 1860 parecía que conducira ben os asuntos e achábase no cume da popularidade e o prestixio.

Sucesión do bonapartismo

editar
 
Os catro napoleóns emperadores

Segundo a lei da sucesión que Napoleón I establecera durante o Primeiro Imperio, a prelatura para o trono imperial era: a súa descendencia lexítima directa e logo os seus irmáns e a súa descendencia. O primeiro na orde sucesoria era o seu fillo Napoleón II, Rei de Roma. Seguíalle José Bonaparte, Rei de Nápoles e de España, e despois Lois Bonaparte, Rei de Holanda, e os seus fillos (Luciano Bonaparte, príncipe de Canino, e os seus descendentes estaban excluídos da sucesión imperial).

Como José non tiña ningún fillo home, ao igual que os seus irmáns Napoleón Carlos Bonaparte (1802-1807) e Napoleón Lois Bonaparte (1804-1831) e o seu curmán Napoleón II en 1832, precedéronlle, Lois-Napoleón converteuse o herdeiro de Bonaparte na xeración seguinte.

Loita polo poder

editar

Sendo xa o herdeiro do bonapartismo e residente no Reino Unido, volveu secretamente a Francia en outubro de 1836, por primeira vez desde a súa nenez, para tentar un golpe de estado en Estrasburgo. O golpe fallou, pero puido escapar. Novamente, tentou outro golpe en agosto de 1840, cruzando a Canle da Mancha cunha pequena nave con algúns soldados en Boulogne. Apresado, desta vez foi encarcerado en comodidade relativa na fortaleza da cidade de Ham. Durante os seus anos do encarceramento escribiu os ensaios que denotan a súa ideoloxía romántica, o seu liberalismo autoritario, e o seu mesmo socialismo utópico. Conseguiu escapar da prisión para Southport, Reino Unido, en maio de 1846, cambiando a roupa cun carpinteiro que traballaba na fortaleza de Ham.

Presidente da Segunda República

editar

Ascenso ao poder: Elección democrática

editar

Lois Napoleón viviu en Gran Bretaña ata a revolución de febreiro de 1848, que depuxo o rei Lois Filipe I e que estableceu a Segunda República Francesa. Libre de volver a Francia, o 4 de xuño de 1848, é elixido (en 4 departamentos) e ocupa un escano na Asemblea en setembro.

O 4 de novembro de 1848, promúlgase a constitución da II República, e preséntase como candidato na elección presidencial, a primeira ao sufraxio universal masculino en Francia. Lois Napoleón gañou por abafadora maioría, nas eleccións celebradas o 10 de decembro de 1848, con 5.454.000 votos (ao redor 75% de votos) contra os 1.448.000 votos de Lois Uxío Cavaignac, o seu rival máis próximo.

A súa abafadora vitoria foi debida á axuda das masas rurais, para as cales o nome de Bonaparte significou algo, contrariamente aos nomes dos outros competidores para a presidencia que eran descoñecidos ás masas. Representaba entón tamén a idea de rescatar a orde tradicional e a causa da relixión católica, ameazada polos liberais.

A plataforma de Lois Napoleón significaba para os electores a restauración da orde logo dos meses da axitación política, do goberno forte, da consolidación social e da grandeza nacional, aos cales el abrogou con todo o crédito do seu nome, especialmente coa memoria do seu tío Napoleón I, xa heroe nacional de Francia.

O príncipe-presidente

editar
 
O príncipe-presidente

A constitución da II República estableceu ríxidas normas ao exercicio da maxistratura presidencial limitándoa para un termo de só catro anos, sen posibilidade de reelección, a fin de evitar que un presidente abusase do seu poder para transformar a República nunha ditadura ou obtivese unha presidencia vitalicia.

En maio de 1849 celébranse eleccións á Asemblea nacional que gañan os monárquicos lexitimistas. A presidencia de Lois-Napoleón está así marcada pola súa oposición á política conservadora desta Asemblea nacional: envío a Roma das tropas para dominar unha rebelión contra o Papa; voto da lei Falloux, favorable para o ensino relixioso etc.

O 31 de maio de 1850, a Asemblea vota unha lei electoral que abole o sufraxio universal masculino e retorna ao voto censitario, o que elimina a tres millóns de persoas do electorado, entre as que están artesáns e obreiros estacionais. Por outra banda, Lois Napoleón fai presión para aumentar a duración do seu mandato, mentres que a Asemblea nacional oponse a todo proxecto de reforma constitucional. E é tamén que a principios dos anos 1850, o 15 de agosto pasa a ser a festa nacional en Francia. Esta celebración vai permitir ao príncipe-presidente empezar a transición cara ao segundo Imperio, e vai impor con éxito un modelo de festa nacional popular que tamén será a benvida na República. O 15 de agosto pasará a ser pois por decreto do 15 de febreiro de 1852 a festa de san Napoleón.

Finalmente, o 2 de decembro de 1851, Lois Napoleón dá un golpe de estado, presentándose ante os franceses como defensor da democracia -sufraxio universal- fronte á Asemblea -censitaria-. A crise é superada mediante a celebración dun plebiscito popular que lle é favorable e que aumenta o seu autoritarismo, que exerce contra os republicanos extremistas e os monárquicos lexitimistas e orleanistas.

O 14 de xaneiro de 1852 promúlgase unha nova constitución que reforza os poderes do executivo -duración da presidencia 10 anos, reelixible- e diminúe o do lexislativo que divide en tres cámaras: Asemblea, Senado e Consello de Estado. Finalmente, mediante plebiscito celebrado en novembro, Francia devén un Imperio, que se proclama solemnemente o 2 de decembro de 1852.

O Segundo Imperio

editar
 
Napoleón III nun selo de 1853. Deseño: Jacques-Jean Barre.

O Segundo Imperio foi un réxime político que ao longo dos anos, evolucionou do autoritarismo á democracia:

O Imperio Autoritario (1852–1863)

editar

Ata 1860 Napoleón III goberna sen oposición, en parte, polo control policial e a censura de prensa, e en parte pola melloría económica de Francia. Así mesmo, os triunfos en política exterior reforzan a política do emperador.

A política exterior do Segundo Imperio

editar

Tres directrices marcan a política exterior do emperador: o fomento do colonialismo, o apoio á unidade italiana e o intervencionismo.

  • Colonialismo

Napoleón III impulsa o imperialismo francés, non só con fins económicos -buscando materias primas e mercados-, senón político, á imitación do Reino Unido. Máis que en África -onde continua a penetración iniciada no reinado de Lois Filipe I en Alxeria e o Senegal- , o emperador fixa a súa atención en Asia. Mediante o Tratado de Tien Tsin, en 1860, China queda obrigada a abrir os seus portos ao comercio francés. Pero é en Indochina onde o Segundo Imperio pon en marcha unha auténtica empresa colonizadora, co pretexto da expedición franco-española a Cochinchina -Vietnam e Laos-, o Imperio procederá á súa anexión entre 1862 e 1867 e á ocupación de Camboxa en 1863.

  • Unidade de Italia

O emperador é un decidido partidario da unidade de Italia. Para gañar o apoio de Francia, Cavour, primeiro ministro de Piemonte, non dubidara en participar á beira de Francia e o Reino Unido na Guerra de Crimea (1854-56). En 1858 na Entrevista de Plombières (Plombiéres-lles-Bains), Cavour, promete a entrega a Francia de Savoia e Niza, que leva a efecto en 1860. As tropas conxuntas de Francia e Piemonte conseguen grandes éxitos fronte a Austria nas batallas de Magenta e Solferino, pero o temor a que o conflito esténdase, fai que Napoleón III, firme por separado a paz de Villafranca en 1859. Os nacionalistas italianos senten traizoados por Napoleón III, sendo a «cuestión romana» a que crispe as relacións do goberno imperial cos católicos.

  • Intervencionismo

Guerra de Crimea

editar

Rusia pretendía o control dos restos do Imperio Turco -chamado «o enfermo de Europa»-: os Balcáns e o control do estreito dos Dardanelos. O Reino Unido, por interese comerciais, oponse e apoia a Turquía fronte aos rusos. Francia se alía co Reino Unido e intervén na Guerra de Crimea, que termina no Congreso de París en 1856, erixíndose Napoleón III como «o árbitro de Europa».

Guerra de México

editar
 
O fusilamento de Maximiliano I, por Edouard Manet

Dende a súa independencia en 1821, México sufrira unha guerra civil latente entre conservadores e liberais. Tras anos de guerra entre ambos os bandos , as finanzas de México atopábanse en crises polo que Benito Juárez toma a decisión de suspender o pago da débeda externa a Francia, España e o Reino Unido. Os conservadores solicitan a intervención exterior e ofrecen a coroa de México a Maximiliano de Habsburgo, Arquiduque de Austria. Francia, España e o Reino Unido envían unha forza para exercer presión para o pago da débeda. Realizadas as negociacións a través do ministro de relacións Exteriores Manuel Doblado, España e o Reino Unido retiraríanse, mentres que Francia permanecería, co obxectivo de que o novo emperador dese ás empresas francesas un trato preferente, establecendo así unha zona de influencia en México. Pero as súas ilusións imperialistas veríanse frustradas ao sufrir a súa primeira derrota militar en 50 anos, xa que o 5 de maio de 1862, en Puebla, o exército mexicano aséstalle unha derrota que non só sorprende ao mundo, senón que revitaliza o espírito nacionalista dos mexicanos. Aínda viva a ameaza estranxeira xa que as tropas de Napoleón III entraban no país co apoio dos conservadores. Os liberais mexicanos resistiron mediante a guerra de guerrillas. Ante as derrotas infrinxidas polas guerrillas mexicanas as tropas de Napoleón III retiraranse de México e Maximiliano I sería fusilado no Cerro de las Campanas, en Querétaro en 1867, ante a protesta de reis e xefes de estado. A repercusión desta derrota será importante para o Segundo Imperio.

A política interna do Segundo Imperio

editar

As forzas sobre as que se apoia o goberno de Napoleón III son: o exército, a burguesía e a Igrexa.

O Imperio Liberal (1863–1868)

editar
 
Napoleón III retratado nunha medalla por Hubert Ponscarme (1867).

Logo dun período de transición, ao fallarlle os apoios tradicionais (Igrexa e burguesía), o goberno vira cara á esquerda á busca de novos apoios.

Dentro desta política liberal está o dereito de iniciativa do Parlamento (1860) e o control dos orzamentos por parte das Cámaras (1861). En 1864 outórgase o dereito de asociación e folga.

A partir de 1867, o malestar pola política exterior -fracaso de México- e interior -crise económica- forzan as concesións do réxime. En 1867 concédese ao Corpo Lexislativo o dereito de interpelación e responsabilidade ministerial ante as Cámaras. Así mesmo, suavízanse as leis de prensa -supresión da censura previa- e reunión -anulación da autorización previa-.

O Imperio Parlamentario (1868–1870)

editar

Nas últimas eleccións de 1869 o avance da oposición é evidente, acentuándose as reformas desde o poder. Modifícase a Constitución, fortalecendo o parlamentarismo e recórtanse as facultades constitucionais da parella imperial.Todas esta reformas foron corroboradas polo pobo nun plebiscito celebrado en maio de 1870.-

Campañas militares

editar
 
Situación das costas do Mar Negro ao comezo da Guerra de Crimea.

A resposta de Napoleón á demanda de Rusia para influír no imperio Otomán levou a unha vitoriosa participación de Francia na Guerra de Crimea (marzo de 1854-marzo de 1856). Tamén aprobou lanzar unha expedición naval en 1858 para castigar os vietnamitas e forzar á súa corte real a aceptar unha presenza francesa no país. O 14 de xaneiro de 1858 Napoleón escapou a outra tentativa de asasinato.

En maio-xullo de 1859 a intervención francesa asegura a derrota de Austria en Italia. Pero a invasión francesa de México (xaneiro de 1862-marzo de 1867) terminou en derrota e na execución do emperador de México Maximiliano apoiado por Francia.

En outubro de 1865 en (Biarritz), o chanceler prusiano Otto von Bismarck obtivo de Napoleón III que Francia se mantivese á marxe dun previsible conflito austro-prusiano, mentres que Prusia comprometíase a apoiar o Reino de Italia para conseguir a anexión de Venecia, nas mans austríacas. Napoleón pensou que o conflito sería longo e brindaríalle a oportunidade de actuar de mediador e talvez conseguir vantaxes territoriais. O emperador comprometeuse a mediar ante os italianos, o que se conseguiu coa alianza ofensivo-defensiva contra Austria asinada en abril de 1866. Pero Prusia derrotou facilmente a Austria na Guerra das Sete Semanas.

 
Bismarck e Napoleón III trala Batalla de Sedán

Forzado pola diplomacia do chanceler alemán Otto von Bismarck, Napoleón declarou o inicio das hostilidades na Guerra franco-prusiana (1870) que resultou desastrosa para Francia e deu vía libre á conformación do Segundo Reich. O Emperador foi preso na Batalla de Sedán (2 de setembro) e deposto polas forzas da Terceira República en París dous días despois.

Matrimonio, fillo e familia

editar

Casado con Eugenia de Montijo (condesa de Teba), unha nobre española de ascendencia escocesa e española, Napoleón III tivo un fillo, Uxío Bonaparte (Napoleón Uxío Xoán Xosé, 1856-1879), quen á súa morte converteuse en xefe da familia e foi chamado polos seus partidarios Napoleón IV.

  NODES
dada 1
dada 1
Done 1
orte 13
Todos 1