Nominativo

caso gramatical

O nominativo é o nome dun caso que nas linguas flexivas de raíz indoeuropea é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de suxeito, aínda que pode aparecer tamén noutras como a de Atributo.

Proceden dun nominativo latino os vocábulos DĚUS > Deus, RES > res, magĬster> mestre, IESUS > Xesús, SARTOR > prov. sastre> xastre, CURCŬLIO> gorgollo, CAROLUS > Carlos, JUDEX> xuíz, e voces cultas como cráter, prefacio, crise, tórax,...

  NODES
todo 1