O Allo, Zas
San Pedro do Allo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas. Segundo o Instituto Galego de Estatística,[2] en 2020 tiña 155 habitantes (78 homes e 77 mulleres), o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 148 habitantes.
O Allo | |
---|---|
Pazo das Torres do Allo xunto cos seus hórreos. | |
Concello | Zas[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°09′35″N 8°56′11″O / 43.15964, -8.93636 |
Poboación | 155 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO nome de Allo podería estar relacionado coa palabra aio, persoa ao servizo dun gran nobre, como o era a familia Rioboo, propietaria das Torres. Outros din que o topónimo podería vir da palabra latina angulus ao referirse a unha curva ou meandro que o Río Grande realiza nesta zona e delimita estas terras.
Patrimonio
editarO pazo das Torres do Allo é un dos máis antigos de Galiza. Foi erguido sobre os restos dunha fortaleza mandada destruír polos Reis Católicos, e foi unha antiga propiedade do clan dos Riobó. Na actualidade é un museo, propiedade da Deputación da Coruña, no que se reproduce a vida nos pazos galegos.
Foi mandada construír polo fidalgo Gómez de Rioboo Villardefrancos na primeira metade do século XVI. A súa familia era procedente da parroquia de Riobó (Cabana de Bergantiños), e tiñan como soar primitivo o Poste da Penela, en Silvarredonda.
O edificio é de estilo renacentista, e consta de dúas torres e un longo corpo central que as une. Unha cornixa, da que sobresaen varias gárgolas, percorre toda a parte alta do edificio. As fiestras da parte alta das torres están adornadas con elementos do gótico final, e as máis próximas ao corpo central están enmarcadas por un arco conopial, complementando o conxunto os escudos e os balcóns.
Nos escudos represéntanse os símbolos das familias dos Rioboo (torre envolta en silveiras), dos Caamaño (piñeiro e lanzas), Seixas (cinco pombas), Losada (dous lagartos baixo unha lousa) e Figueroa (cinco follas de figueira).
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes do Allo, Zas.
-
Torres do Allo.
-
Hórreos das Torres do Allo.
-
Escudo dos Rioboo.
Lugares e parroquias
editarLugares do Allo
editarLugares da parroquia do Allo no concello de Zas (A Coruña) | |
---|---|
O Allo | Casas Novas | A Cebola de Abaixo | A Cebola de Arriba | Os Muíños | Muriño | O Pombal | Regalados | Xerne |
Parroquias de Zas
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 26 de abril de 2021.