O Ermo, Ortigueira
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
San Xulián do Ermo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ortigueira na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 143 habitantes (76 homes e 67 mulleres) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.
O Ermo | |
---|---|
Igrexa de San Xulián do Ermo | |
Concello | Ortigueira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°36′49″N 7°52′53″O / 43.61352861, -7.8812811 |
Área | 9,30 km² |
Poboación | 143 hab. (2013) |
Densidade | 15,38 hab./km² |
Entidades de poboación | 33[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarO Ermo está situada na beira dereita do curso alto do río Mera, nas abas do pico de Taboada. Linda polo nordeste coa parroquia de Devesos no regato do Chao do Carril até a súa unión co Gaiba, e coa parroquia de Senra até a desembocadura destes dous regatos no río Maior. Polo norte limita coa parroquia de San Claudio, separada polo mesmo río Maior e o rego de Cartelle até o alto de Casanova. Polo noroeste limita coa parroquia de Mera de Arriba. Polo suroeste o linde é coa parroquia dos Casás no concello de Cerdido separada polo río Mera, e coa parroquia de Insua, separada polo Pulgueira, afluente do Mera. Finalmente polo leste, os regatos Pulgueira e o de Chao dos Carrís sepárana da parroquia das Neves.
Esta parroquia está atravesada pola estrada que vai dende o lugar de Nogueirido en Senra na AC-862 até Insua, cruza polos lugares de Carelle, Sanguiñedo, O Mallo, Os Loureiros, O Igrexario, Escalo e Aldar.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial é de construción moderna, ten planta de cruz latina e está situada ao pé da estrada no lugar do Igrexario. Ten o cemiterio á dereita separado por un camiño. No lugar do Pereiro construíuse a comezos do século XX unha escola costeada por emigrados en Cuba, hoxe transformada en local social da parroquia.
Galería de imaxes
editar-
Local social do Ermo no antigo escolar de indianos.
-
Igrexa de San Xulián do Ermo.
-
Estrada a Mera de Arriba.
Lugares e parroquias
editarLugares do Ermo
editarLugares da parroquia do Ermo no concello coruñés de Ortigueira | |
---|---|
Aldar | A Armada | A Bidueira | A Cadela | Cancelo | Carelle | O Carreiro do Golpe | A Casanova | A Casavella | Chao do Carril | O Chao | A Cruz | Escalo de Abaixo | Escalo de Arriba | A Fieiteira | O Foxo Cativo | A Fraga | O Gandarón | O Igrexario | Os Loureiros | O Mallo | Mangoeiros | O Padornelo | As Pereiras | O Pereiro | Quintá | O Ramallal | Ramil | Sanguiñedo | Suarriba | O Supenido | A Veiga | Vilarnovo |