O Hío, Cangas

parroquia civil do concello de Cangas

Santo André do Hío é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cangas. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 2.938 habitantes (1.478 homes e 1.460 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.885 habitantes.

O Hío
Igrexa parroquial.
ConcelloCangas[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°15′51″N 8°46′55″O / 42.264185, -8.78199203
Poboación2.938 hab. (2014)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar
 
Praia de Nerga.

A parroquia está situada ao oeste do concello. Varias das súas praias adoitan ter Bandeira Azul. Está cruzado por dous regatos. O rego de Donón nace en Donón, o seu leito e do Hío ata O Facho e desemboca en Barra. Ten a vertente na ría de Vigo cunha lonxitude de 2.025 m e remata en estuario. O Lagares nace en Vilanova e desemboca na praia de Areabrava. Ten a vertente na ría de Aldán, o seu réxime é regular cunha lonxitude de 2.100 m e acaba en estuario.


Historia

editar

O Hío comezou a estar habitado na Idade de Ferro, cando se poboou o Facho de Donón, onde logo se levantou o santuario galaico ao deus Berobreo. Na Idade Media pertenceu ao couto feudal da Casa de Soutomaior.

Desde 1821, momento en que se constituíron os actuais municipios, ata 1862 pertenceu a Bueu, de igual xeito que a veciña freguesía de Aldán.

No ano 1929 os emigrantes do Hío en Buenos Aires enviaron cartos para construír unha casa e traer un médico para a parroquia.

Patrimonio

editar
 
Cruceiro do Hío.

O cruceiro do Hío é obra de Xosé Cerviño, canteiro de Augasantas (Cerdedo-Cotobade). Foi feito en 1872, e está situado fronte ao adro e forma parte dun conxunto artístico-relixioso composto pola igrexa románica de Santo André de Hío e mais a casa reitoral.

É da gran valor cultural un santuario galaico-romano na aldea de Donón, situado na Costa da Vela, concretamente no Monte do Facho.

Festas

editar

Son afamados os seus festexos populares do entroido. Coñecido popularmente como Carnaval do Hío, é unha festa popular que se celebra 40 días antes da Semana Santa, na cal se vai de aldea en aldea bailando e cantando e bebendo viño tinto. Este evento dura 3 días que sempre coinciden en domingo, luns e martes.

Cada unha das sete aldeas do Hío contrata un cuarteto de gaiteiros, que son recibidos o domingo á tarde (con festa ata a madrugada na súa aldea). Durante luns e martes, todas as aldeas van visitando xuntas cada un dos núcleos de poboación: o luns van todos a Vilariño, O Igrexario, Pinténs e Vilanova; e o martes vaise a Liméns, Nerga e Donón. En cada aldea hai un rito de irmandamento, un breve concerto de cada cuarteto (co conseguinte prestixio ou desprestixio para as aldeas, segundo a calidade dos músicos e das súas pezas) e unha saída na que os membros da aldea anfitrioa fan un corro aos visitantes.

Cada noite, en cada aldea da parroquia, organízase un "baile" que dura ata que a xente aguante. Este baile é nun baixo calquera, que adoita cambiar cada ano.

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Cangas.

Lugares e parroquias

editar

Lugares do Hío

editar
Lugares da parroquia do Hío, no concello pontevedrés de Cangas

Donón | O Igrexario | Liméns | Nerga | Pinténs | Vilanova | Vilariño

Parroquias de Cangas

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cangas

Aldán (San Cibrán) | Cangas (Santiago e San Salvador) | Coiro (San Salvador) | Darbo (Santa María) | O Hío (Santo André)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 2