O Mesón do Vento, Ardemil, Ordes

vila da parroquia de Ardemil, no concello de Ordes

O Mesón do Vento é unha vila da parroquia de Ardemil no concello coruñés de Ordes. Segundo o IGE[2] en 2018 tiña 298 habitantes (145 homes e 153 mulleres).

Mesón do Vento

Vista do lugar
ParroquiaArdemil
ConcelloOrdes
Coordenadas43°09′02″N 8°23′06″O / 43.150555555556, -8.385
Poboación298 hab. (2018)
editar datos en Wikidata ]
Capela de Santo André[1]

Situación

editar

A vila está situada a carón da estrada N-550 entre A Coruña e Santiago de Compostela, e nos empalmes desta coa AC-523 (cara a Cerceda) e a AC-542 (cara a Betanzos).

Cultura

editar

Toponimia

editar

Suxeriuse que o topónimo fai referencia a un lugar onde bate o vento.[3] Con todo, existe outra hipótese, non contrastada, que o explica como deturpación do antropónimo Bento, suposto dono do antigo mesón que daría nome ao lugar. A esta etimoloxía popular remítese o nome do equipo local Mesón do Bento Club de Fútbol.[Cómpre referencia] Canto ao primeiro elemento do topónimo, Cabeza Quiles receou da súa relación cunha casa de comidas ou pousada e vinculouno cun orónimo que fai referencia a un lugar chan e elevado. Isto cadra co perfil topográfico deste e dalgúns outros lugares galegos chamados Mesón[4].

Festas

editar

Desde 1999 celébrase en febreiro na vila a festa do lacón con grelos do Mesón do Vento, arredor do lacón con grelos.[5]

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Ardemil

editar
Lugares da parroquia de Ardemil no concello de Ordes (A Coruña)

Achán | Adina | Axáns | A Barcula | Cabeza de Lobo | O Canedo | A Carballeira | A Carreira | Os Carrucheiros | O Castro | A Filgueira | A Fraga | Froxil | A Hedra | As Mámoas | O Mesón do Vento | Morgade | Moscoso | Orellán | O Pazo | A Piolla | Porta do Nó | O Porto | As Raposeiras | A Reboira | A Salgueira | O Seixo | Xenarde

Parroquias de Ordes

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ordes

Ardemil (San Pedro) | Barbeiros (Santa María) | Beán (Santa María) | Buscás (San Paio) | Leira (Santa María) | Lesta (Santo André) | Mercurín (San Clemente) | Ordes (Santa María) | Parada (Santa Mariña) | Pereira (Santaia) | Poulo (San Xulián) | Santa Cruz de Montaos (Santa Cruz) | Vilamaior (Santiago)

  1. Capela de Santo André do Mesón do Vento na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – Ordes - Ardemil" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  3. Navaza Blanco, G.; Palacio Sánchez, A. (1999). "Toponimia de Ventosela". En Universidade de Santiago de Compostela. Cinguidos por unha arela común: homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero. Vol. I. R. Álvarez e D. Vilavedra (coords). pp. 767–774. 
  4. "Mesón do Bento? | CEIP Mesón do Vento". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2020-10-29. 
  5. "Esta fin de semana terá lugar no Mesón do Vento a XXI Festa do Lacón con Grelos". Concello de Ordes. 20 de febreiro de 2019. 
  NODES
todo 2