O corpo aberto
filme de 2022 dirixido por Ángeles Huerta
O corpo aberto é un filme galego de 2022 dirixido por Ángeles Huerta.[2][3] Trátase dunha historia de ficción baseada no relato Lobosandaus,[4] que forma parte do libro de contos Arraianos, publicado por Xosé Luís Méndez Ferrín.
O corpo aberto | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | O corpo aberto |
Director | Ángeles Huerta |
Guión | Ángeles Huerta Daniel García |
Baseado en | Lobosandaus de Xosé Luís Méndez Ferrín |
Intérpretes | Tamar Novas Victória Guerra |
Música | Mercedes Peón |
Fotografía | Gina Ferrer |
Estudio | OlloVivo Producións Fasten Films Cinemate |
Distribuidora | Filmax |
Estrea | 2022 |
Duración | 91 minutos |
Orixe | Galicia Portugal |
Xénero | Drama e terror |
Recadación | 24.294,34 €[1] |
Na rede | |
Sinopse
editarNo ano 1909, un mestre mozo, Miguel, é enviado a unha pequena vila na fronteira entre Galicia e Portugal chamado Lobosandaus.
Personaxes
editar- Tamar Novas como Miguel
- Victória Guerra como Dorinda
- María Vázquez como Obdulia
- José Fidalgo como Mauro
- Elena Seijo como Aparecida
- Federico Pérez como Turelo
Recoñecementos
editarO filme obtivo 12 premios na edición de 2023 dos premios Mestre Mateo, entre eles o da mellor longametraxe, mellor dirección e mellor guión.[5]
Notas
editar- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de O corpo aberto". Consultado o 13 de xullo de 2024.
- ↑ RTVE, PRENSA (2021-11-11). "Comienza el rodaje de 'O corpo aberto', película participada por RTVE". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2021-11-11.
- ↑ "Rodaxe na fronteira portuguesa de 'O corpo aberto'". G24. Consultado o 2021-12-02.
- ↑ "A Cuarta Parede - Entrevista a Ángeles Huerta". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2019.
- ↑ Suárez, Ricardo (2023-03-12). "'O Corpo Aberto' consegue 12 premios na edición dos Mestre Mateo de 2023". Nós Diario. Consultado o 2023-03-12.