O nome da rosa
O nome da rosa (no orixinal en italiano: Il nome della Rosa) é unha novela de Umberto Eco publicada en 1980. En 1986, foi levada ó cine polo director Jean-Jacques Annaud, baixo o título O nome da rosa. O personaxe principal foi interpretado por Sean Connery.
O nome da rosa Nova edición cos apuntamentos e ilustracións orixinais do autor. | |
---|---|
Título orixinal | Il nome della Rosa |
Autor/a | Umberto Eco |
Orixe | Italia |
Lingua | italiano |
Xénero(s) | Novela policíaca, Novela histórica |
Editorial | Bompiani (La nave di Teseo[1]) Aira Editorial |
Data de pub. | 1980 (2020) novembro de 2021 |
Formato | tapa dura |
Páxinas | 728 |
ISBN | ISBN 978-84-124512-0-7 |
Premios | |
Primeira edición galega | |
Tradución | Maite Jiménez Pérez |
Editorial | Aira editorial novembro 2021 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducida ao galego por Maite Jiménez Pérez e publicada por Aira Editorial en 2021.[2]
Sinopse
editarNo inverno de 1327, baixo o papado de Xoán XXII, Adso de Melk e o seu mestre Guillerme de Baskerville chegan a unha abadía, famosa pola súa impresionante biblioteca con estritas normas de acceso, situada nos Alpes italianos para organizar unha reunión entre os delegados do Papa e o emperador e poder discutir sobre a suposta herexía dunha rama dos franciscanos: os espirituais.
Porén, esta reunión vese ameazada por unha serie de asasinatos que aparentemente seguen a pauta dunha pasaxe da Apocalipse. Guillerme e Adso, saltándose en moitos momentos as normas da abadía, intentan resolver os asasinatos ata chegar ó trepidante final.
A historia é contada en primeira persoa polo xa ancián Adso, que desexa deixar un rexistro do que presenciou sendo mozo na abadía. O empeño posto en lograr unha ambientación adecuada implica que o autor use en repetidas ocasións citas en latín, especialmente nas conversacións eruditas entre os monxes. Tamén se reconstrúe con detalle a vida cotiá no mosteiro e a ríxida división horaria.
O significado do nome da rosa
editarO nome da rosa pode resultar un título moi confuso que causa a atención durante todo o traxecto da película, e unha intriga inquietante de saber que significa “a rosa”. Nunha entrevista Umberto Eco afirma que o título non foi posto ó rematar a obra, senón que o puxo despois de que a editorial rexeitara o de “Adso”. Eco quixo desviar a atención do lector para que quedase ó seu criterio. Realmente non existe un fundamento forte nin estable mediante o que se poida confirmar a orixe do título. Porén, unha interpretación plausible provén da última frase do libro: "Stat rosa pristina nomine, nomina nuda tenemus" (da rosa non resta senón o nome), que pode aludir a que, tralo incendio, de todo o acervo cultural e riqueza espiritual contidos na biblioteca da abadía quedou só o recordo.
Referencias a outras persoas e textos
editarA novela ten múltiples referencias máis ou menos explícitas. Adso é un tributo a Simplicio, un personaxe do Diálogo sobre os principais sistemas do mundo de Galileo Galilei (Ad simplicio, "para Simplicio") e ó Dr. J. H. Watson, compañeiro de Sherlock Holmes. Guillerme de Baskerville, alude polo seu nome, e en ocasións pola súa actuación, a Guillerme de Ockham e a Sherlock Holmes (protagonista do libro Hound of the Baskervilles). Tamén existen varias referencias a Jorge Luis Borges: Jorge de Burgos (o bibliotecario cego), a disposición da biblioteca-labirinto (segundo o modelo da "biblioteca de Babel" do libro Ficciones)...
Tamén se alude ó libro II da Poética de Aristóteles, sobre a comedia e a poesía iámbica, que se perdeu, aparentemente durante a Idade Media, e da que nada se coñece. É o libro que na novela causa a morte de varios monxes.
Realízase unha exposición do método científico e o razoamento dedutivo usado habilmente por Guillerme.
Repercusión
editarO éxito acadado pola primeira novela de Umberto Eco foi similar ó que obtivo a adaptación cinematográfica de Jean-Jacques Annaud en 1986. Na película Sean Connery interpreta o monxe franciscano e antigo inquisidor, e Christian Slater a Adso.
Tamén inspirou un videoxogo a finais dos 1980 chamado La abadía del crimen, así como un xogo de mesa aparecido en 1996, El misterio de la Abadía, e un xogo conversacional denominado En el nombre del señor.[3]
Notas
editar- ↑ Edición aumentada con apuntamentos e deseños do autor
- ↑ airaeditorial.gal (ed.). "O nome da rosa". airaeditorial.gal. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2021. Consultado o 27 de novembro de 2021.
- ↑ [1].
Véxase tamén
editarA Galicitas posúe citas sobre: El nombre de la rosa |
Bibliografía
editar- Eco, Umberto, El nombre de la rosa, y Apostillas a El nombre de la rosa, Editorial Lumen: Barcelona, 2005. ISBN 978-84-264-1437-3