Oceánides

(Redirección desde «Oceánide»)

Na mitoloxía grega (e na romana), as Oceánides (en grego Ὠκεανίδες Okeanídes, plural feminino de Ὠκεανίς Okeanís; en latín Oceanides) eran unhas ninfas fillas de Océano e Tetis.

As Oceánides de Gustave Doré (1860).

Eran irmás dos Oceánidas, deuses dos ríos, e cada unha delas estaba asociada a unha fonte, estanque, río, lago ou lagoa. Uníronse con deuses e homes mortais e tiveron innumerables fillos.

Hesíodo, na súa Teogonía, di claramente que as oceánides eran tres mil, porén só nomea as 41 máis antigas, entre as que destaca a Estixia, como a máis importante de todas.

Tamén enxendrou [Tetis, de Océano] unha sagrada estirpe de fillas que na terra, coa tutela do soberano Apolo e dos Ríos, educan ós meniños para que sexan homes, por haber recibido de Zeus esta misión. ... Estas son as maiores das fillas que naceron do Océano e Tetis, pero hai moitas outras, pois tres mil son as Oceánides de finos nocellos que, moi diseminadas, coidan da terra e das profundidades do mar por todas partes por igual, brillantes fillas de deusas".
(Hesíodo: Teogonía 346-367)

Pseudo-Apolodoro namais nomea a sete.

"Os descendentes dos Titáns foron: de Océano e Tetis, as Oceánides: Asia, Estixia, Electra, Doris, Eurínome, Anfítrite e Metis".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 2, 2)

O texto de Hixino está danado nalgunhas partes, o que fai que algúns nomes das Oceánides sexan incertos, como *Iaea, *Lyris, *Clintenneste, *Teschinoeno [1].

Relación de Oceánides

editar
  1. Acasta
  2. Admete
  3. Aetra
  4. Amaltea
  5. Anfiro
  6. Anfítrite – xeralmente considerada como unha Nereida en lugar dunha Oceánide.
  7. Anquiroe
  8. Antracia - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  9. Arxia
  10. Asia – ninfa da rexión de Asian, irmá de Europa
  11. Asterodia[2]
  12. Asterope - nai, con Zeus de Acragas, epónimo de varias antigas cidades coñecidas como Acragas, posibelmente incluíndo Acragas, Sicilia.[3]
  13. Beroe
  14. Bolbe
  15. Cleodora
  16. Calipso
  17. Calírroe
  18. Camarina [4]
  19. Cafeira[5]
  20. Cerceis
  21. Ceto
  22. Criseis
  23. Clio - non confundir coa musa Clio,
  24. Clímene - esposa de Iapeto
  25. Clitia
  26. Criseida
  27. Crócale - unha das seis Oceánides máis novas, que atenderon a Artemisa [6][7]
  28. Daira - nai de Eleusis, con Hermes [8]
  29. Dione
  30. Dodone
  31. Doris (ou Dóride) – esposa do deus do mar Nereo, nai das Nereidas.
  32. Eidiia ou Idiia - esposa de Eetes, nai de Medea.
  33. Electra - esposa de Taumas, nai de Iris, Arque e as Harpías; non confundir con outras personaxes co mesmo nome (véxase Electra).
  34. Efira
  35. Estixia
  36. Euagoreis
  37. Eudora
  38. Europa
  39. Eurínome
  40. Faino
  41. Fiale - unha das seis máis novas Oceánides, que coidaron a Artemisa.
  42. Filira - nai do centauro Quirón con Cronos.
  43. Frixa - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  44. Galaxaura
  45. Glauque - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  46. Hagno - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  47. Hesíone - esposa de Prometeo.
  48. Hiale - unha das seis Oceánides máis novas, que coidaron a Artemisa.
  49. Hipo
  50. Ianira
  51. Ianta – ninfa das nubes violeta de chuvia e das flores violeta.
  52. Iaque
  53. Itome - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  54. Leucipe
  55. Lisitea
  56. Melia
  57. Melibea
  58. Melite
  59. Melóbosis
  60. Menesto
  61. Merope
  62. Metis – deusa da sabedoría, primeira esposa de Zeus.
  63. Mopsopia - Atica crese que foi denominada antes Mopsopia.[9]
  64. Mirtoessa - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  65. Nede - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  66. Némese
  67. Néfele - unha das seis máis novas Oceánides, que coidaron a Artemisa; non confundir con Néfele, deusa das nubes.
  68. Ocírroe
  69. Oinoe - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  70. Ozomene - nunha fonte,[10] este nome está substituído por Electra.
  71. Pasitoe
  72. Peito
  73. Peribea
  74. Perseis ou Persea
  75. Petrea
  76. Pisítoa
  77. Pleione – nai das Pléiades, con Atlas
  78. Plexaura
  79. Pluto – nai de Tántalo, con Zeus
  80. Polidora
  81. Polife - nunha rara versión, nai de Atenea, con Poseidón [11][12]
  82. Polixo
  83. Pronoia
  84. Primmo
  85. Psecas - unha das seis Oceánides máis novas, que coidaron a Artemisa.
  86. Ranis - unha das seis Oceánides máis novas, que coidaron a Artemisa.
  87. Rodia
  88. Ródope
  89. Stilbo
  90. Stix – Oceánide do río Stix que fluía nove veces ao redor de Hades; unha excepcional deusa de río femia.
  91. Teisoa - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
  92. Telesto
  93. Tique
  94. Toa
  95. Urania - non confundir coa musa Urania.
  96. Xante
  97. Zeuxo
  1. Hixino: Fábulas, prólogo.
  2. Scholia en Apollonius Rhodius, Argonautica, 3. 242.
  3. Estevo de Bizancio, Akragantes.
  4. Píndaro, Odas Olímpicas, V.
  5. Diodoro Sículo, Libro de Historia, V. 55.
  6. Calímaco, Himno III a Artemis, 12.
  7. Ovidio, Metamorfosis III, 169.
  8. Pausanias, Descrición de Grecia, 1. 38. 7.
  9. Suidas, Euphorion.
  10. Hixino: Fábulas 14.
  11. Suidas, Hippeia Athena
  12. Theoi Project - Polife

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto].
  • HIXINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
  • OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].
  • PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Project 1
todo 1